30 março 2007

E máis deste




Un dos mellores videoclips que vin na miña vida...Outra volta agardada.

26 março 2007

Boas novas


7 de maio é a data. Non é este o segundo link de video sobre un supermercado que poño no blog?. Algo terán de especial...haberá que preguntarllo a alguén.

21 março 2007

Ah, L'amour

Alguen que habitualmente visita esta blog, ou eso dí (ainda que non comentes...¡¡¡Vou ter que comezar a rastrear IPS Falsari@s!!!) comentoume recentemente que estou feito "Un pesimista de carallo",e ante a miña resposta de que estou rexeitando as continuas solicitudes por parte da Administración U.S.A para traballar no telefono da esperanza iraquí, desafiouseme a falar dalgo positivo nesta blog o tema escollido foi : O Amor.

Unha vez houben vomitado a miña ración de verduras diaria, repúxenme e comecei a trebellar no maxín algun xeito de non ser vulgar, moña ou cansino falando do tema. O magnífico post cheo de fartura que posteou o gran Fre no día de hoxe confírmame que aínda hai cousas que dicir:

Fai falla máis amor deste


E sobra deste

15 março 2007

High and surrendering to the gravity and the unknown


Non hai moito desexei facerme invísibel, máis todavía ... pero non achei de certo a definición exacta da necesidade; non falaba eu de deixar de ser perceptíbel ao ollo humano senón de deixar de percibirse a un mesmo, ceibarse do peso corporal coma eses aneis de fume que flotan expelidos dende os dous sillóns gravidade cero que hai no C.S.O'Baixo.

"Fue entonces cuando vi el Péndulo.La esfera, móvil en el extremo de un largo hilo sujeto de la bóveda del coro, describía sus amplias oscilaciones con isócroma majestad..."

Remato cada día coma se cada hora fose unha tonelada no meu corpo...

"...Mínima alma mía, tierna y flotante huésped y compañera de mi cuerpo, descenderás a esos parajes pálidos, rígidos y desnudos, donde habrás de renunciar a los juegos de antaño. Todavía un instante miremos juntos las riberas familiares, los objetos que sin duda no volveremos a ver...Tratemos de entrar en la muerte con los ojos abiertos..."

Pode que teña que ceibar certos lastres aos que me asín coma un inconsciente, deixar de dicir "certas cousas", pode que teña que despedirme destes xoguetes feitos pó que coma un neno choroso non quixen deixar.

"...Pero un ligero fumiugium color ratón se está difundiendo en la cima de la escalinata. Ya vela la entrada. Siento una ráfaga de frío,levanto los ojos. ¿Por qué el sol se está poniendo negro?"

Deixarán as cousas de darme igual e mudarei este calzado de cemento por unhas sandalias herméticas... Comezou o proceso e continúa á día de hoxe, nestas mañás nas que xunto cos desaiunos vomito alguns anacos grandes de chumbo con datas atrasadas cinceladas neles, maio presentase como un mes cheo de sobredoses de alento, lembranzas, momentos, retornos e quizais... ilusións.

"...Vai frío no scriptorium, doeme o polgar. Deixo este texto, non sei para quén, este texto, que xa non sei de qué fala: Stat rosa pristina nomine, nomina nuda tenemus"

...Suspiran mis zapatos por dejar el pavimento...

07 março 2007

Inland Empire

"Nikki: Wake up and find out what the hell yesterday was about. I'm not too keen on tommorow, and today's slipping by. "

Complexa, sen argumento, unha tortura, deslucida, repulsiva, incongruente, perturbadora, inintelixíbel... Levo todo un día coa cabeza chea de imaxes: A agulla dun tocadiscos, os ollos da rapaza polaca que chora vendo o que era,é e será. Three rabbits in the living-room: it's 9:45, light a cigarette and made a hole in the silk...Alice trough the looking glass e Laura Dern a morrer vomitando sangue sen morrer de todo:"You're just dying, That's all"...sublime.

E á fín...Cara

Con él esperto e xa en habitación... eu recuperei alento e corazón.