25 junho 2007

As ratas do doutor Rechtsschaffen



Nunca fun persoa de dar consellos pero se facedes o favor aceptádeme este:

Non é aconsellábel mesturar substancias psicotrópicas cunha vixilia prolongada


Namentres que escribo isto cumpro 24 horas sen durmir. Que porqué?...Lembrades o insomnio estival?. Quizais Eu funciono ao revés que os osos, eles durmen todo o día en inverno e eu estou esperto todo o día no veran.

Non acostumo a contar certas cousas, (cando menos a xente que non coñezo mínimo de hai ...un minuto) pero sei da risa que me vai dar cando volte ler isto. Pois ben, xuro que hoxe: estando no baixo a escuras, completa e absolutamente só, escoitei e vin a dúas persoas que por suposto non estaban alí. Por diante dos sofás e fitándome cuns xestos o suficiente reais para facerme abanear a cabeza e preocuparme, vin as siluetas coma se fosen un encadenado a medio rematar... Teño un formigueo estraño nos pés dende mediodía, non teño ollos, teño coles de Bruxelas, e parafraseando a Tyler os meus músculos arden e as miñas veas bombean ácido de batería. Por riba penso que voltei escarallar a man dereita (vou acabar sendo manicho).

Polo demais un San Xoan menos ou máis ( un saudo para a peña do vaso medio cheo), pasado na mellor compaña que alguén coma min poida merecer. Todo o mundo bota en falta a alguén.Moito licor café, moitos vodkaslimón, moitísima area, un diastema e microdoncia, moita responsabilidade por dar caladas asasinas e algun que outro chascarrillo, sobre todo o chiste anual que lle fodín ao meu pai. E reproduzo:

Entra meu pai pola porta:

Meu pai:-¡Coño, erguéuse Lazaro...!-
Servidor:...Menos hebreos mortos que hoxe durmiches ti máis ca mín.-

E para animar un pouco a diseminacion da culturilla de Cosmopolitan que tanto se leva nestos días, agora vos contan porque lle puxeron ese título tan raro ao post...

"En animales de laboratorio se ha visto que la falta de sueño tiene consecuencias nefastas. Las ratas mueren al cabo de dos o tres semanas si se les impide dormir. Durante estos experimentos -llevados a cabo por el doctor Allan Rechtsschaffen, del Sleep Research Laboratory de la Universidad de Chicago, en EEUU- se monitorizaron los cambios fisiológicos de los animales: la temperatura se eleva al principio y desciende más tarde, pero el ritmo cardiaco, el tono muscular y la actividad eléctrica del cerebro permanecen prácticamente constantes hasta el día previo a la muerte. Esto hizo concluir a los autores que el cuerpo no descansa con el sueño y que las causas de la muerte por falta de sueño son todo un misterio. La privación de sueño es un estado experimental que poco tiene que ver son el insomnio, pero ambos pueden tener consecuencias igual de desatrosas. Cuando una persona no puede conciliar el sueño y esta situación se repite noche tras noche durante más de un mes se considera que el insomnio es crónico.Dormir poco y mal se traduce, a la larga, en un deterioro de las capacidades y una pérdida de la concentración. A medida que la falta de sueño aumenta, el comportamiento se desorganiza y la persona se vuelve cada vez mas irritable e incoherente. Si este estado continuase, los síntomas llegarían a ser: alucinaciones, psicosis y, finalmente, como las ratas del doctor Rechtsschaffen, la muerte. De manera que la necesidad biológica del sueño es incuestionable.


E non podo deixar de pensar...

Escoitando The Cardigans-03:45: No Sleep

14 junho 2007

Woe to him who sets out to please rather than appall...


Se conto o que ultimamente ocupa as miñas tardes poderiaseme calificar de enfermo, e probabelmente estarian no certo. Nunha semana e media estou a acometer unha sobredose de celuloide como cura para o insomnio.

Entre todos os films que visionei /revisionei reservei un par debedas pendentes. Alguen me dixo un dia que todos os directores cedo ou tarde teñen un periodo de decadencia, lembrome enton negando indignado a frase e falando cos ollos a punto de me sair da orbita do postumo The Dead de John Houston esa marabilla dirixida nunha cadeira de rodas; no fondo o que negaba era a infalibilidade de certas verdades que para min son inmutabeis; agora penso que comparto parte desa amargura, a de alguen que viu abondo, moito ou todo.

Quen non quixera morrer coma Moliere facendo o que un mais ama?

A debeda era cas duas ultimas obras mestras do pequeno "Marty". Escribo agora -as 5:17 da madrugada- con esa inercia que me arrastra cando parte do que acabo de ver me acompaña, cando non podo agardar ao dia seguinte para tranformar esa cinetica nalgo: Contaminar a quen me rodea sen exito, asulagarme en todo o relacionado ca orixe ou ben escribilo nese recen mercado caderno negro do que falarei un dia.

Agora sei que Scorsese non decaera nunca, Decepcions co publico? -un sorriso-. Oscars roubados?-un sorriso-, sempre sorri. Marty non pode morrer, xa o fixo; seguramente no medio dos seus anos de excesos, ou da ulcera sangrante que remataria na decision de rodar Raging Bull.

Mirando a mesa chea mais que nunca de caixas e mais caixas de DVD en completo desorde non podo deixar de pensar, non podo deixar de pensar... non podo deixar de pensar.

Escoitando Laura's Theme (Reprise) -Akira Yamaoka

10 junho 2007

Todo lo mejor en tres minutos como un trailer...


Cando as luces se apagaron, durante o tempo que ningun reloxo se atreveu a medir, aguantou de pe no corredor, a escuridade derredor apertandoo. Cecais ninguen poida percibilo agora. Os ollos pechados non eran os mesmos que estiveran abertos, non semellaba igual o alento que tomaba do que exhalou antes e por suposto esa humidade a se condensar arredor das xemas dos dedos inseriase agora na carne. Pois Él xa non era o mesmo.

"Hai tanto que escoitar no silencio!"

05 junho 2007

Por favor poñedea na miña cremacion



P.D: Como se di menudo grelo en aleman?...

04 junho 2007

Schlaftlosigkeit

O veran xa está de volta... para outras persoas o que marca o seu comezo son as vacacions, a fin dos exames, o sol... a praia. Para min todo comeza cunha chea de Insomnio.

A pasada semana aprendin un par de cousas: Que me queda un ano menos...e que as pantasmas xa non son o que eran.

Alguen me preguntou como se di destino en aleman: Pois ben se falamos del como Fado a verba que se emprega e Schicksal, pero a min gustame mais esta outra:


Ihm war ein schweres Los beschieden...