O proxecto do señor Cooperlynch en vivo, a ver se nunha escapada a Madrid podemos velos en directo, polo dagora xa contan cun fan. Se queredes sumarvos:
Visitade
DejaVoo en directo, sala Arena/Heineken.
Tema Renacer
27 maio 2007
Dejavoo
23 maio 2007
Now it's the hour
"Personalmente llevo toda la vida buscando magia. Sigo haciéndolo. Esa es exactamente la razón por la que estoy aqui en la autopista 93. Tengo que irme de Pocatello porque todo lo que conozco- mi casa, mi familia, mis amigos- se ha quedado sin magia como a quien se le acaba la gasolina. Todo lo que me resta por hacer es levantar el pulgar y echar a andar..."
Sempre pensei que son os libros os que o escollen a un e non viceversa.
18 maio 2007
Y aunque todo ha terminado...
Cando baixei do bus en Méndez Álvaro, dubidei á hora de pousar o pé no chan, neses dous segundos o aire condensou máis de dous anos de lembranzas a me encher os pulmóns (eu lembro polo olfacto, xa o saberedes). Cando finalmente conseguín pousarme, rexuvenecera ese mesmo tempo. Limpada a humidade dos osos, a sensación de lixereza e todo a dar voltas ao meu redor confirmáronme que volvera a Madrid.
Enfilei as escaleiras mecánicas e sen dubidar refixen completamente de memoria un percorrido familiar; 2 anos duran o mesmo que un día; e de súpeto estaba no meu destino.
Cun par de horas para comer e ducharme (a calor xa apretaba), recibin a primeira chamada dunha serie longuísima ao longo de toda a semana, e recén duchado partín cara Novos Ministerios onde o Señor Lobo agardaba por mín, resumimos os malditos dous anos nunha aperta e pronto collemos un coche que nos levaría con rumbo Guadalaxara-Guadalix-Buendía. No medio posta ao día de moitas cousas, conversas frikis (xa non lembraba falar con xente que ama os comics tanto coma mín), perdidos entre Spiderman os clons e o simbionte nas Secret Wars e o debuxo expresionista de Sal Buscema non fomos quen de atopar a estrada 320 que nos levaría ao noso destino. Chegamos sobre as 20 penso, xa de noite. Logo unha cea seguida de cervexas multinacionais e de moitos Pros, Eye toys, Wii Sports, Encende e apaga a luz, ¡¡¡Laguna non vas durmir!!! ¡¡¡Gallego apaga la luz!!!. Alguén a quén lle quedaba unha semana de solteiro custoulle moito durmir esa noite.
Erguerse de mañá e atoparte con Son Goku non ten prezo. Desaiunar pan tumaca novamente tampouco, e agaduñar unha parede de non sei cantos metros con paróns e trampas, ¡¡¡Tendo vértixe!! tampouco. Alguén a quén lle quedaba menos dunha semana de solteiro chegou mollado ao hostal.
Unha noite relaxada de pros e todo o mundo morto do cansazo preparounos para a guerra. O paintball é un gran invento, sen dúbida, aínda coas marcas é algo catártico. Alguén a quen lle quedaba menos aínda de solteiro acostouse amoratado.
De volta a Madrid, eu baixeime en Avda de América, a miña casa, deambulei caseque que media tarde coma un drogadicto na busca da súa droga e alí estaban: os olores, intactos, iguais que os lembraba. Dous anos enteiros da miña vida en rastros no ar.
Durante a semana seguiron os encontros, as chamadas, (máis nunha semana que en dous anos), o meu movil de seguro que non o cría...
O xoves compras (Como che vai Elena Anaya??), Cine en V.O e de volta á O'Neills na compaña de Cooperlynch pechaba o 2º Acto da semana e funcionaba coma punto de xiro para á resolución que comezaba ao día seguinte.
Vénres, avecinábase noite de festa, con cousas por facer, diríxome a Fnac (¡¡Meu reino por unha Fnac!!!) a facer as derradeiras compras, a saber: Disco de Travis, As Verbas do Maestro e o disco dos Gift unha das grandes ostias que un se leva vendo videoclips na tele. Cal sería a miña sorpresa porque cando baixo a mesma banda estaba de promoción na sala de concertos, por suposto quedei...Un dos mellores concertos da miña vida...logo rogos, preguntas, firmas e fotos. Teñen a súa propia discográfica, fan unha música que lles gusta a eles antes que a ninguén e son xente do máis cercano. "Encantadores" e unha palabra que se queda curta, desempolvar o meu portugues rudimentario e facerme unha foto con Sónia Tavares facía que pagara a pena erguerse para ese día.
Pero houbo máis,moito máis como 5 pintas de Guinnes (servidas en mesa) moitas risas (Danke Pati & Peter), namentres a 600 kilometros o Seiñas acompañaba a outros, xente por coñecer e xente xa coñecida que nos levou ata as mil para coller un buho que me levaba a miña casa (outra máis).
O sabado, traxeado e feito un tiarrón (era así Sú?) e co comando CES ao completo diríximonos ao palacio do Negralejo. Alguén casaba con 23 anos, mais cando un atopa o que quere supoño que todo ten que ser máis sinxelo, e o demais é perder o tempo. Ledos por estar xuntos de novo, as cousas voltaron ser como naqueles marabillosos anos, os vodka limón e os red bull con whisky, voando , os zapatos no chan e a sinfonola humana na que me convirto en canto o alcohol comeza a cantar por mín.
Pensando seriamente en voltar... remato cunha cita do meu diario do 2005 :
"... Viernes 16 de septiembre de 2005
Me he pasado todo el viaje en el autobús sin pestañear, al menos dos veces he sentido ganas de llorar, casi como arcadas pero de lágrimas, pero hace siglos que soy capaz de refrenarlo.Estoy en casa aunque ya no sé si es mi casa"

INESQUECÍBEL
Durante a semana Alguén aconselloume que tiña que deixar de ser eu mesmo as 24 horas ao día porque non é sano. Fun soamente "El Gallego" toda a semana. E aínda hoxe In this kingdom by the sea...by the side of the sounding sea escoito: "Neither the Angels in Heaven above/Nor The demons down under the sea/Can ever dissever my soul from the soul/Of the beautiful Annabel Lee."
Pensando seriamente en voltar... remato cunha cita do meu diario do 2005 :
"... Viernes 16 de septiembre de 2005
Me he pasado todo el viaje en el autobús sin pestañear, al menos dos veces he sentido ganas de llorar, casi como arcadas pero de lágrimas, pero hace siglos que soy capaz de refrenarlo.Estoy en casa aunque ya no sé si es mi casa"
Subscrever:
Mensagens (Atom)