Veña, adxetivos por (ou para como queirades) unha copa de licorcafé. -Riquiño. Un,dous, tres responda outra vez...-
Riquiño...
If the doors of perception were cleansed everything would appear to man as it is, infinite. —William Blake-
Quen me coñece sabe que máis da metade da música que escoito ven sendo rock'n'roll dende o máis duro áspero e bestial ata as máis melódicas variantes, mais tamén posuo unha debilidade por certas músicas algo menos estandarizadas, isto a parte dos meus pais sofreno moitos outros. Cando recentemente escoito que PJ Harvey, un dos meus descubrimentos capitolinos, prepara un disco acompañada sómentes de piano, dubido se me paga a pena mercalo, baixalo ou sequera escoitalo. Hoxe co Cd soando aquí xunto a mín, arrastro comigo melodías, arpexios sutís e eses berros cativos en falsete que non son tal. Repaso as páxinas do libreto, na portada unha artista de branco impoluto Polly Jean Harvey. Non hai máis: Xiz branca .