27 dezembro 2007

Que noxo de mundo...¿¿¿Bo nadal???

"RAWALPINDI, Pakistan (CNN) -- Pakistan former Prime Minister Benazir Bhutto has died after a suicide bombing that killed at least 14 of her supporters, ex-government spokesman Tariq Azim Khan and Pakistan's primary television networks said..."

Vía CNN

Que noxo de mundo...

22 dezembro 2007

There Will be blood


Botábaselle en falta, dende Punch-Drunk-Love non chegaba un filme seu en condicións. Febreiro do 2008 parece ser a data de estrea.

Vexo no cast moito irlandés coñecido: Daniel Day-Lewis un grandísimo actor que hoxe en día lamentábelmente traballa pouco e quen foi un fantástico César en Roma o sempre cheo de elegancia Ciarán Hinds. Un auténtico must-see para o 2008.

Vía Variety

19 dezembro 2007

Electricidade estática

Facer as compras de Nadal. Escasísimas este ano no que a doces se refire. Só dous vicios: mercar un "porro folar" porque agora, case sempre teño frío e estes días non melloraron nada a sensación. Cando tento quitarmo, á escuras na habitación despois de probalo, algo apégaseme nas costas coma unha man que me acariña a caluga... a ciencia chámalle electricidade estática... eu chámolle "motivo trivial para escribir un post Nº1"...

...Coma segundo vicio merquei tamén un par de novas gazelle negras e brancas coma as que adornan o principio deste post -alguén empregou ao animal que lles da nome, para describir metafóricamente o meu xeito de afrontar certas cousas- hoxe apuntan cara diante con gañas de cobrar todos os pasos cara atrais.

Esta semana houbo ledicias, decisións, sorpresas cumpreanos e casualidades dabondo coma para non reflexionar un chisco sobre elas. Aínda quedan outras por vir...

Un terceiro vicio: Chegoume de Madrid, e ten un gusto que non sei como calificar...a veces las circunstancias nos hacen insuperables... a veces los cielos nublados no pueden seguir siendolo... a veces, un gracias por hacerme menos Cándido o como tu dices más valiente, es todo lo que se me ocurre decir.
----------------
Now playing: The Gathering - My electricity

11 dezembro 2007

So I guess I'll remain the same



"...Mientras esperaba su turno para cantar, Otis se alojó en un barco-vivienda, en la bahía de San Francisco. Se dedicó a analizar Sgt. Pepper's, precisamente el elepé que los Beatles elaboraban cuando dejaron Abbey Road para rendir pleitesía a los visitantes sureños. Para un soulman, aquello era música de otro planeta. Sin embargo, Otis conectó. Inspirado, esbozó una melancólica pieza sobre alguien que, sentado en un muelle, reflexiona sobre su vida.

(Sittin' on) the dock of the bay no se parecía a nada de lo que había hecho antes. Cuando Otis atacaba una balada, entraba con intensidad y subía el ritmo hasta exprimir la última gota de emoción. En tres minutos, incendiaba la canción y dejaba al oyente conmocionado. Por el contrario (Sittin' on) the dock of the bay retrataba la amargura resignada de alguien que ha vivido mucho más que los 26 años que Otis tenía cuando comenzó a componerla..."

-"El fuego eterno del sureño Otis Redding"-

Tería 10 anos ou cando menos; así o lembra meu pai, cando lle preguntei: -¿Quién es ese hombre que canta?- él respostou. A pregunta que seguíu foi moito máis intencionada: - ¿Y qué le pasa?- o meu sempre lacónico proxenitor cos seus escasos coñecementos de inglés limitouse a dicir : -La canción se llama sentado en el muelle de la bahía... y supongo que estará triste-. Dende entón cada vez que meu pai me levaba de paseo ao peirao ou ó castelo de San Antón a ver os "esquéletos" que tanto me arrepiaban, sempre dicía que quería ser coma Otis e sentar unha miguiña mirando ao mar. O da tristeza veu co tempo.

A arte proba o adagio que di "As chamas que arden por pouco tempo fano con moita máis forza", Jeff, Bird, Manuel Antonio (algo máis preto) ou o propio Otis son bos exemplos. Fálase moito estes días da señorita Amy Winehouse e de que pode seguir o camiño do malditismo doutras antes que ela. Eu pola miña parte sempre me limitarei a escoitar e non a xulgar, como alguen me dixo non hai moito "a Crise é parte do proceso".

A visión do episodio 9 da 4ª tempada de House M.D pode botar algo de luz sobre os motivos destes pensamentos. E para rematar este post que xa non sei como etiquetar, desfrutade da paixón do grandullón:

08 dezembro 2007

No tendreis una ocasión mejor de que os invite un catalán...

"Sería bello
ir por las calles con un cuchillo verde
y dando gritos hasta morir de frío..."