26 janeiro 2009

Was it impossible to float for a while?

Mera

Todos os parados temos madeira de filósofos...

Onte entre volta e volta enriba desa almofada que está farta da miña cabeza...volvín a Mera, cando aínda tiña seixos no canto de area... voltei ao xelado de mora, fresa e chocolate que non volvín tomar... voltei ás 6 horas baixo da auga, as mans enrugadas coma as da miña avoa... voltei chegar ás boias e sentar na corda frouxa sobor do horizonte, a pechar a praia, a bañarme só...emerxer e non ver a ninguén máis aló da marxe do mar, voltei....

O peor da doce levedade de estar colocado é que sempre hai un día despois para deixar de estalo, e un pasa de Verdeescuroacasenegro.

A semana deixoume por primeira vez sen ningun culpábel ó que sinalar, se cadra de cando en vez cumpre admitir unha derrota no canto de fuxir maquillando cadáveres.

Volven as náuseas, a dor, volvemos ó mesmo punto, a ter 14 anos, léxico coñecido: pensar menos, distimia, comeduras de coco, xenético, litio e todo á merda...

Dixeronme hai pouco que pode levar ata seis anos atopar o que un quere... Canto nos leva atopar as gañas de querer algo?.

----------------
Now playing: The Gathering - Amity
via FoxyTunes

15 janeiro 2009

Der Vorleser

El Lector

"Während der wochenlangen Gerichtsverhandlung fühlte ich nichts, war mein Gefühl wie betäubt. Ich provozierte es gelegentlich, stellte mir Hanna bei dem, was ihr vorgeworfen wurde, so deutlich vor, wie ich nur konnte, und auch bei dem, was mir das Haar auf ihrem Nacken und das Muttermal auf ihrer Schulter in Erinnerung riefen. Es war, wie wenn die Hand den Arm kneift, der von der Spritze taub ist. Der Arm weiß nicht, daß er von der Hand gekniffen wird, die Hand weiß, daß sie den Arm kneift, und das Gehirn hält beides im ersten Moment nicht auseinander. Aber im zweiten unterscheidet es wieder genau. Vielleicht hat die Hand so fest gekniffen, daß diese Stelle eine Weile lang blaß ist. Dann kehrt das Blut zurück, und die Stelle kriegt wieder Farbe. Aber das Gefühl kehrt darum noch nicht zurück."

A voz humana é o instrumento con maior capacidade de evocar os sentimentos fondos e radicais, dende a nana máis lene e agarimosa ao berro máis arrepiante. A experiencia que alguns libros supoñen mellora e aumenta o seu ton cando é alguén máis quen chos le.

O insomino post-2008 substituíume o REM polo INEM e os ollos se me apegan de día tanto como se me abren de noite. Así déitome escoitando unha nana de capítulo final en alemán e érgome cun saudo a xeito de prólogo na mesma língua. Onte namentres o facía acougado polo silencio e porque non dicilo: abraiado. Ollaba coma nova a queimadura de finais de decembro, e cavilaba en que o maís fermoso do lume e dalo por morto cando se cadra non o está.

----------------
Now playing: Mark Lanegan - Carry Home
via FoxyTunes

02 janeiro 2009

"...Ultimamente no tengo corazón..."

A_LOS_ QUE_AMAN

E como veu, o fillo de puta marchou. O que se leva consigo endexamais voltará, aquél que fun, tampouco. Unha vez houben rematado o plan intensivo chamado "tira con todo": un biscoito, 2 meses e medio de xira atlántica, momentos musicais: dous discos e un "...mírame soy feliz tu juego me ha dejado así...", flores podres, despedidas, despedidas, despedidas, ¿¿familia??, conquistas inutiles, algún que outro falso bico, e unha pracenteira queimadura por compaixón a piques de rematar decembro, son todo o que me levo do peor ano da miña vida.

Desta vez non hai plan..."Dejarse llevar suena demasiado bien".
----------------