05 outubro 2012

He perdido el norte, ahora viajo al sur...

axelfridell 

Recomezar (unha vez máis), afirmarse (unha vez máis) e formular un decálogo para non esquecer, 

1/Do meu xa me encargo eu non quero a túa opinión, grazas, 2/ Non ás persoas tóxicas e non a comulgar co seu fel, 3/ Tanto me das tanto terás, quédame moi pouco como para malgastalo, 4/ Postos a amañar algo, mellor comezar por un mesmo, 5/ Loita só polo teu réndete so co dos máis, 7/ Quen ri dunha paixón allea non ten paixón propia, 8/ Perder sen intentalo sequera, vale aínda menos que gañar, 9/Probar a quedarse no medio sempre que sexa posíbel, 10/Escoitar máis que falar.

----------------
Now playing

16 maio 2012

Gostaba de desaparecerse

judithslayingholofernes2
Gostaba de desaparecerse
da vida doutros
Gostaba de mirar ó norte
e non mirar cara atráis.

Paseniño botaba cálculos,
medía as distancias,
púñalle etiquetas os xeitos
en que lle eran postas.

Comezaba entón o baile
púxiles descoñecidos
que loitan
espoleados ó ring 
pola asiduidade.

O masoquismo era natural
unha regra inamovíbel
que definía a ecuación
e precisaba do comezo
como un adicto.

Postas confianza, esforzo, intelixencia e empatía
enriba da mesa, estrictamente nas cantidades posuídas.

Agardaba

Á fin coma todo alquimista,
coidaba de escarabellar na fonda
veta da dor
ata atopar ouro.

Entón gostaba de seguir a brúxula, cara ese lugar 
onde endexamais
voltaría escoitar o seu propio nome.
----------------
Now playing

05 março 2012

Quixera collerme a testa cas mans ...


laurence6-44391

Quixera collerme a testa cas mans
e arrolala coma un recén nacido.

Acougar o tempo e sentir
ca pel dos dedos o medo no seu interior.

Sobrevoar cas palmas núas,
o lugar onde quedou pechado
inmutábel xa
por sempre
(este xeito de pensar).

12 fevereiro 2012

Atópome ás veces preguntándome o porque desta furia...

blueletter

Non sei de onde apareceu isto, pero alégrome de que o fixese:

Atópome ás veces preguntándome o porque desta furia...

As verdades que desexabamos convertir en mentiras como adolescentes, veñen de visita como o mal presaxio que a nosa xuventude quixo isolar, facer incerto, inconcluso.

Mais o arquetipo, tantas veces anticipado toma forma.

Quedaron no camiño os ideais, as gañas, a ilusión e un bo anaco de toda a forza de vontade da que dispoñemos para o período que comprende un ciclo vital.

Non nos atopa a madurez, nostálxicos, nin mirando albumes de fotos en cor anos 80 e 90, con esa lene néboa que facía máis claro o noso ollar.

Resignados, vencidos, ca pel queimada, polas agora tépedas pingas de cerume que noutrora foron ás. Termos caído cando non o agardabamos, dificulta erguerse de novo. O labirinto segue sendo o mesmo, a certeza de que nalgún intre este noso minotauro será o vencedor agora é absoluta.

----------------
Now playing

Mad Season-River of deceit