05 fevereiro 2007

Onirismo



Será que ver e rever Twin Peaks non é sano. Será que dou demasiada importancia ao que dí a xente, ou que a miña memoria sempre me xoga malas pasadas.

Posta a semente ao longo da semana, cando alguén dixo no medio dunha conversa allea -"Pareces un Dorian Gray"-, de supeto a miña mente comezou a vagar cara un lugar e un tempo que agora pareceme moi lonxano. Alguén dixome tanta veces esa frase nese lugar e nese tempo que sentín sorpresa e tristura polo rápido que pasa o tempo e de como tamén eu esquezo.

Pasei de certo toda a semana-atopeime varias veces escoitando "Tears and rain"- a barrenar coa xente que se está a ir e coa que se foi, os borrados na maxia do tempo e os esvaecídos do libro da vida, e con iso no maxín quedei durmido.


"Autoestrada a ningures,
Lost Highway, ocupo no coche familiar o asento traseiro (cousa que endexamáis fago), non son quen de distingir aos pasaxeiros con concreción pero penso que conduce meu pai (cousa que endexamáis fai) e a miña nai esta sentada a carón. Arrodeados de néboa semellamos cruzar a lágoa Estixia, imaxino a imaxe dende fora -plano xeral travelling sobre vías- do automobil flotando sobor da lene masa branca -e penso que Marinetti tiña razón: "Un automobil posúe máis beleza que a Victoria de Samotracia" ou foi Xosé Hierro quen o pensou primeiro??-. Afasto a ollada da fiestra e de súpeto comezan a aparecer coches dun lado e doutro, á mesma velocidade achéganse e afástanse lentamente coma un vals -a cámara lenta- dentro deles distingo rostros coñecidos, vívidos algúns, cubertos de tempo outros, semellan agora fixados coma se non pasara nin un só ano por eles.

Golpeo con forza a fiestra, unha vez, outra. Nas suas faces un sorriso cómplice, pero nin rastro de resposta, volvo golpear a fiestra, xírome cara a parte dianteira do coche e xa non hai ninguén, sinto un medo que non podo poñer en palabras. Entón decátome: non sei,non quero, non me interesou, non podo... conducir. Volvo a cara á Fiestra, Annabel Lee e o Mellor Dos Amigos saudan dicíndo adeus mentres os seus transportes se esvaen na brétema, golpeo a fiestra e berro pero non emito nin un fío de son, quero reventala, quero estourar, síntome prisioneiro e un pouso de derrota aséntaseme no corazón"

Érgome con el, e coa dor de costas encargada de me lembrar cada día, dende hai uns cantos anos todo o vivo que estou. Relembro o soño apoiado na beira da cama e gardoo toda a semana comigo. Conteillo a Fre de xeito rápido no momento "badaladas", mais non lle dixen a ninguén que tiven medo de voltar soñar...

Hoxe a media tarde namentres daba os derradeiros repasos ao Deutsch e despois de máis dun ano de silencio, o Mellor Dos Amigos chamou...


Escoitando-Berliner Philharmoniker-Streets of Paris
(B.S.O Das Parfum)

04 fevereiro 2007

Save me

28 janeiro 2007

Péchase o círculo

Todas as cousas, todas as persoas, todos os lugares... teñen o seu final.


"Y ahora yo sé lo que tengo que hacer, conseguirme otro par de zapatos..."

27 janeiro 2007

Agora máis que nunca

25 janeiro 2007

Cashback





Envexa, moita envexa, sana pero moita envexa.

22 janeiro 2007

Non ás series mutiladas

"A xente de zonadvd.com emprendeu unha campaña para recoller firmas en contra da política actual de Universal Hespanha á hora de editar as suas series en DVD.


Na web indican que algunhas series que foron editadas por Universal, saen ao mercado con formato de imaxe recurtado (4:3 Pan & Scan) a pesares de seren filmadas e editadas noutros países en formato panorámico (16:9). Pero non só iso, a ausencia de extras, pistas de audio nun simple stereo, falla de subtítulos en inglés, presentación do producto pouco elaborada, menús só en inglés, etc, son problemas que tamén preocupan aos afeccionados ás series.

Todo isto faise máis evidente sabendo que o resto de países a nivel mundial desfrutan de edicións en formato panorámico e en moitos casos con mellor son e extras.

Se queres facer ver a Universal Hespanha que debe corrixir a súa política actual á hora de editar as series en Hespanha, fai click no banner da campaña, firma cos teus datos (nome e poboación) e zonadvd.com fará chegar á distribuidora a vosa disconformidade. "
Sufrido pola miña parte con House e penso que tamén hai chanchullos raros na edición especial de Twin Peaks cuios dereitos penso están repartidos entre a cbs e a paramount e cada tempada ten uns menús e contidos distintos.

Ao respecto da Universal o desprecio penso que llo fan á xente coa que traballan (productores, directores) e non ao público somentes. Para un exemplo botádelle unha ollada aos multiples e interesantes contidos que trae a edición de 21 gramos (0 extras) . E non poder desfrutar de filmes como American Beauty ou O'Brother en V.O subtitulada en castelán paréceme de moi pouco respecto polos creadores.

08 janeiro 2007

Lo siento...yo no practico el arrepentimiento



Aquí tedes o seu anterior disco:
Pando Package