29 março 2009

Y sólo tengo miedo de mi propia vida...

Dr Manhattan Mars
"8-3-09 /8:32

Comezo a coñecer a composición do monstro... non sei se aprenderei ou serei quen de voltar a comezar... pero si sei das súas franquezas... así é máis doado gañar unha discusión... Non é Annabel, mais é algo que comeza a empregar os mesmos mecanismos..."

Na superficie de Marte, Jon Osterman deixa caer unha fotografía...Eu pernocto orbitando cos ollos abertos tubularmente a través do Trópico de Cáncer... a luz dun sentimento chega agora a terra... anos luz despois da súa morte...

La Motta cae á lona despois do primeiro golpe e desta vez non quere erguerse de novo... un segundo despois Alexander Supertramp morre. Unha vez a dor se esvae é Cris o que morre...Mateo Blanco, digo Harry Caine, digo Lluís acariña na pantalla a imaxe de Lena, digo Penélope... eu esnaquizo unha parada de autobús para quedarme co cartel... digo, eu miro unha parada de autobús pensando no cartel...

Canto máis se achega a queimadura, da que só vexo asomando, os espellos azuis, por entre o medio dos estúpidos cadáveres, máis se alonxa a chama... un segundo despois e por cuarta vez, somos xa completos descoñecidos... anos luz despois da súa morte...a luz dun sentimento chega agora a terra... o que foi un planeta xa non existe... o Dr Manhattan marchou hai tempo...

"28-03-09/ 7:43

"Trato de encontrar una salida/Pero no recuerdo ni por dónde hemos entrado aquí/y contemplo junto a mí el cadaver del que fui,según tú, en una ocasión..."

Voltar a ser Calci-Fer de novo... non dar a ninguén máis do que mereza... porque se alguén pensa que hai algo máis, é aínda máis estupido do que son eu mesmo..."

----------------
Now playing: Nacho Vegas - El ángel Simón
Now playing: Nacho Vegas - Ocho y medio
via FoxyTunes

27 fevereiro 2009

Tell you my love, where to find me again...

img-art-pupas

...And if it's going to be my destiny
I don't want to wait till it comes to me

Remexer nunha carpeta e atoparme a través do que escribín ...dixéronme de todo sobre o meu disfrace, ata que non o tiña, ninguén se decatou do que ía... ¿Onde andaba eu? naqueles dourados 96, 97, 98, de seguro mentindo nos veráns para quedarme cos bicos e rexeitar os xuramentos, vestido con outro nome como aprendín de Neruda... soaban Marilyn Manson, Dover, Alice in Chains, Sepultura... todos os poemas que levo escrito....polo medio algún que me predixo destinado a grandes cousas, entre verso e verso algunhas que ainda as agardarán a día de hoxe...

O arrecendo da tinta da Olivetti do meu pai e os golpes das teclas naqueles folios carne dos 50, nos que escribín coma un estúpido beat, algún relato putativamente inspirado en Blade Runner e Conan Doyle. Apuntes crueis de Miguel Strogoff, Nietzsche, a leña para o ego "A orixe da traxedia", "O Anticristo", as mesmas noites de hoxe que xa insomniaban con Kierkegaard, e un retrato de José Hierro por Alberto Schommer. As "Obras completas" de Dylan e Cohen en DIN A4 glosadas por mín, algunha canción de Eminem, unha foto de Laetitia Casta vestida de flores (que nunca fun quen de soñar), algún autógrafo de sabe deus quen...

O feito é que levo un tempo disfrazado de quinceañeiro... fáltanme, melena ó vento, acné, esperanza e algo útil que facer con todo este desacougo e mala ostia... continuo mentindo nos veráns.... mesmo nos invernos... agora rexeito bicos, xuramentos e calquer cousa que semelle de verdade no espazo do meu particular metro cadrado, tentando alimentar desacougo, mala ostia e se cadra a esperanza...

I will work so hard my hands will hurt

I will pay my sins, if so in hell...

...polo menos continuo a escribir.
----------------
Now playing: Dover - Loli Jackson
Now playing: Dover - Serenade
via FoxyTunes

10 fevereiro 2009

What shall Cordelia do? Love, and be silent....

Abbey_-_Cordelia's_Farewell

Pasei toda a semana mudando a Jack de pelexo, semella que á fin a cousa funcionou e atopei unha pelaxe sen destinguir que lle valese, agora xa podo postear de novo.

Penso en mudar as escamas eu tamén, ou buscar unha metamorfose que me permita voar, deixar de camiñar o mesmo corredor unha e outra vez co mesmo humor, seguido de preto pola besta.

O temporal e a chuvia estánseme facendo moi duros de levar.... Sé que el invierno está aquí. Sé que si ahora saliese fuera/lo hallaría todo muerto,/luchando por renacer./Sé que si busco una rama/no la encontraré./Sé que si busco una mano/que me salve del olvido/no la encontraré./Sé que si busco al que fui/no lo encontraré. A través da dor chegamos a ledicia, ou iso dicía Schiller, e a alguns xa nos vai chegando. Recoñezo que todavía non hai forzas, (hai días nos que temo ata o son do teléfono) nin decisións, e por suposto non hai paz. Queda todo en confiar en que sexan as frouxas intencións as que me salven desta vez.

Se dou a volta hai dor e enfermidade alá de onde veño, e por diante unha piscina baleira ben grande na que deixar os dentes, agardando baixo os meus pés co seu cemento duro e pouco acolledor. Tamén eu me vou facendo de cemento, compacto e sen buracos, pouco máis hai que perder xa...


...Pero toco la alegría,
porque aunque todo esté muerto
yo aún estoy vivo y lo sé."*


"KING LEAR But goes thy heart with this?
CORDELIA Ay, good my lord.
KING LEAR So young, and so untender?
CORDELIA So young, my lord, and true."**
_____________

Os meus mellores compañeiros nas longas noites toledanas *José Hierro- "Fé de vida"-Alegría (1947)/**William Shakespeare- King Lear
----------------

26 janeiro 2009

Was it impossible to float for a while?

Mera

Todos os parados temos madeira de filósofos...

Onte entre volta e volta enriba desa almofada que está farta da miña cabeza...volvín a Mera, cando aínda tiña seixos no canto de area... voltei ao xelado de mora, fresa e chocolate que non volvín tomar... voltei ás 6 horas baixo da auga, as mans enrugadas coma as da miña avoa... voltei chegar ás boias e sentar na corda frouxa sobor do horizonte, a pechar a praia, a bañarme só...emerxer e non ver a ninguén máis aló da marxe do mar, voltei....

O peor da doce levedade de estar colocado é que sempre hai un día despois para deixar de estalo, e un pasa de Verdeescuroacasenegro.

A semana deixoume por primeira vez sen ningun culpábel ó que sinalar, se cadra de cando en vez cumpre admitir unha derrota no canto de fuxir maquillando cadáveres.

Volven as náuseas, a dor, volvemos ó mesmo punto, a ter 14 anos, léxico coñecido: pensar menos, distimia, comeduras de coco, xenético, litio e todo á merda...

Dixeronme hai pouco que pode levar ata seis anos atopar o que un quere... Canto nos leva atopar as gañas de querer algo?.

----------------
Now playing: The Gathering - Amity
via FoxyTunes

15 janeiro 2009

Der Vorleser

El Lector

"Während der wochenlangen Gerichtsverhandlung fühlte ich nichts, war mein Gefühl wie betäubt. Ich provozierte es gelegentlich, stellte mir Hanna bei dem, was ihr vorgeworfen wurde, so deutlich vor, wie ich nur konnte, und auch bei dem, was mir das Haar auf ihrem Nacken und das Muttermal auf ihrer Schulter in Erinnerung riefen. Es war, wie wenn die Hand den Arm kneift, der von der Spritze taub ist. Der Arm weiß nicht, daß er von der Hand gekniffen wird, die Hand weiß, daß sie den Arm kneift, und das Gehirn hält beides im ersten Moment nicht auseinander. Aber im zweiten unterscheidet es wieder genau. Vielleicht hat die Hand so fest gekniffen, daß diese Stelle eine Weile lang blaß ist. Dann kehrt das Blut zurück, und die Stelle kriegt wieder Farbe. Aber das Gefühl kehrt darum noch nicht zurück."

A voz humana é o instrumento con maior capacidade de evocar os sentimentos fondos e radicais, dende a nana máis lene e agarimosa ao berro máis arrepiante. A experiencia que alguns libros supoñen mellora e aumenta o seu ton cando é alguén máis quen chos le.

O insomino post-2008 substituíume o REM polo INEM e os ollos se me apegan de día tanto como se me abren de noite. Así déitome escoitando unha nana de capítulo final en alemán e érgome cun saudo a xeito de prólogo na mesma língua. Onte namentres o facía acougado polo silencio e porque non dicilo: abraiado. Ollaba coma nova a queimadura de finais de decembro, e cavilaba en que o maís fermoso do lume e dalo por morto cando se cadra non o está.

----------------
Now playing: Mark Lanegan - Carry Home
via FoxyTunes

02 janeiro 2009

"...Ultimamente no tengo corazón..."

A_LOS_ QUE_AMAN

E como veu, o fillo de puta marchou. O que se leva consigo endexamais voltará, aquél que fun, tampouco. Unha vez houben rematado o plan intensivo chamado "tira con todo": un biscoito, 2 meses e medio de xira atlántica, momentos musicais: dous discos e un "...mírame soy feliz tu juego me ha dejado así...", flores podres, despedidas, despedidas, despedidas, ¿¿familia??, conquistas inutiles, algún que outro falso bico, e unha pracenteira queimadura por compaixón a piques de rematar decembro, son todo o que me levo do peor ano da miña vida.

Desta vez non hai plan..."Dejarse llevar suena demasiado bien".
----------------

11 dezembro 2008

If it's not forever, if it's just tonight



Sair á rúa, lonxe da indiferencia contínua, lonxe dos silencios perturbadores. Sentir a noite fluindo nas veas suplantándote pode ser as veces o máis pobre dos consolos ou o máis delicioso de todos eles...
----------------
Now playing: Kings of Leon - Sex On Fire
via FoxyTunes