29 junho 2009

Tengo el viejo trono de un rey y ahora sólo soy bufón...

Victoria de Samotracia

É sinxelo esquecer o propósito polo cal comezamos algunhas cousas...

"...Hai por aí unha historia que conta que Miguel Anxo foi cuestionado nunha ocasión pola cualidade que facía dunha escultura algo único... el respostou que se arroxáramos dita escultura monte abaixo, ó chegar abaixo só as partes que quedaran intáctas serían importantes..."

É sinxelo tamén; quizais de máis, vivir dacordo a tres (á postre mesquiñas, estupidas e autoimpostas) regras, baixo as que se refuxiar sen molestarse en escoitar nada ou a ninguén máis.

"...Teño un amigo que recentemente comparte esa preocupación de espírito miña tan recurrente, que divide a un entre irse ou permanecer nun sitio despois dunha "Gran Ostia"... ás oito da mañá e atravesando xunglas, un pode atopar verdades onde todo o demais apunta a unha conversa "bizantina"...

...Pascal dicía que o corazón ten razóns que a razón non coñece... A razón é como a gravidade e as máis das veces cae polo seu propio peso, as razóns do corazón pola contra implican un esforzo por escoitar. E veleiquí que as tres putas regras aparecen coma un traxe de indiferencia e comodidade; que como calquera advirte, non che senta nada ben...

...As cousas importantes son unha mestura entre reciprocidade e reflexividade que a miudo se perden de vista entre copa e copa."

O propósito ou razón que so o corazón coñece; polo cal comezamos algunhas cousas, agocha a pesares da distancia o feito de que non podemos vivir sen elas...

Monte abaixo, arrodeado de ruinas inservíbeis. O realmente complicado é comezar a subir de novo a ese cumio onde che agarda un enorme e arrepiante bloque de mármore vírxe onde comezar unha vez máis, dende o principio a esculpir...a escribir... a vivir.
----------------
Now playing: Vetusta Morla - Autocrítica
via FoxyTunes