17 agosto 2010

Día mundial dos blogues mortos

Pantallazo-1

21 de decembro de 2009 : á volta de praga. 23 de maio de 2010: a piques de facer os 27...salto temporal co que todo apunta ó peche.

Nesta supervivencia en Ubuntu Live nun ordenador que; cheo de virus, non quere cargar Windows, atopei hoxe a metáfora que xa me plantexara hai un tempo e vólvese recurrente hoxe. Se cadra falo de mi mesmo, desempregadísimo, con 13 kilos de máis, desconfiado de todo e todos, namorado pero impar, sen gañas mais que do burato na terra, a pedra de riba e un silencio que me deixe pensar.

Revisito o escrito dende o 2005, e atopo as mesmas augas nas que me afundo hoxe, e algunha novas, esperanzas postas onde non pagaba a pena, preocupacións por quen non as merece, e ideas que hoxe non se teñen en pé. Madurar ten que ser a capacidade de aceptar que hai algunhas cousas que tes obrigatoriamente que cambiar e outras que non poderás mudar endexamáis.

Chega xa de agardar que o mundo se poña a xirar do revés, de agardar que sexas quen de aturar a alguén máis de 48 horas seguidas, de agardar que che mude a voz, de agardar polo pequeno refuxio onde te agochar dos que non entenden nada por moi preto que anden, desa vida futura que te agarda trala porta que non queres abrir, por medo, a perder os cadáveres dos soños que xa apodrecidos arrolas ignorante...

Outros caeron polo camiño e xa non postean nada, eu agardo polo inverno, pola mesma historia, nostálxico, preguntándolle ó po en qué lugar lonxano naceron estes átomos tristes que me compoñen...

Non penso publicar nada máis ata que isto non cambie, nunca antes me sentira así: O único que quero é marchar, estourar ben lonxe daquí e comezar de novo sen mirar ó que foi... sexa o que sexa Ata sempre.
----------------
Now playing: Zahara- Pregúntale al polvo
via FoxyTunes

23 maio 2010

Tiemblan mis cimientos rotos tras el terremoto está todo hecho trizas



"De haberlo sabido habría sido distinto, lo dudo./ Quizás esto no tiene remedio,/ ha empezado el funeral."

Poucas veces sentín tanto noxo de ser como son... Cando nin sequera o eco ten tempo de escoitar, acostumas a falar só. Cando dou, ninguén quere, cando non das todo o mundo pide e queixase. Ti estás preto, ti lonxe, ti nin sequera estás, como cando escollíamos os equipos no colexio, deixando ós peores xogadores para o final. Somentes pensar en ter que facelo dame ganas de vomitar.

"Ahora que sé como hacerlo tú no quieres escuchar."

A culpa tamén é miña. Das ausencias que son a miña sinatura xa estou facendo propósito de emenda. Se cadra non é máis que unha perrencha de cativo con antollos. Se cadra os pequenos egoísmos dos demais saénlles igual de caros a eles que a ti. Se cadra a empatía da que sempre presumo comece a se atrofiar en canto se afasta do que me convén.

A felicidade é para outros, a mín chegame con non sentirme baleiro. Falas, consultas, preguntas ós que saben, ós que por xenética se lles vai algo no asunto, e están no mesmo sitio. O mellor coma naquela canción dos piratas é reiniciar. Polo de pronto emigrar da responsabilidade e atopar unha propia, facerlle caso ó covarde que me dí: ...

"Con la sensación de haber hecho demasiado/ y sin embargo, sentir que todo en vano."

...quero marchar de aquí...

21 dezembro 2009

Change is hard I should know...

IMGP3551

"4 días en Praga non amañan un ano e medio na parra..."


----------------
Now playing: She & Him- Change is hard

08 novembro 2009

Blame it all upon a rush of blood to the head...

Romola garai in Emma

"..."El hombre en la opulencia no comprende, se asemeja a las bestias mudas", así lo considera David: un monstruo debido a una maravillosa metamorfosis, un zorro, un perro, un cerdo, ¿y que no? ¡ Cuan distinto de lo que era antes! Antes era bienaventurado y feliz; ahora, miserable y maldito."

Robert Burton- Anatomía de la melancolía-

A medio camiño entre posts doutros e os máis de 1800 días sen summer, neither autumn nor winter nor spring, un descarrila...

Logo de aborrecer a propia indiferencia, logo de insomnios, ataques de ansiedade, corazóns xeados a bater a ritmo de medo, médicos que recetan gañas e esforzo, voltámos o principio de ningunha parte, coma un gato no medio da rúa...

...Non hai nada peor que un cínico ex-romántico que xa non sabe como se sinte...
----------------
Now playing: Coldplay - A Rush of Blood to the Head
via FoxyTunes

06 outubro 2009

...Como huir cuando no quedan islas para naufragar???...

rivera-flores-1925-oleo

E a mín non me gusta especialmente Sabina...nin a canción da moza esa de cara redonda que soaba nos anuncios da volta ciclista...

Hai dúas versións da mesma canción...pero supoño que sempre me fixo gracia pensar en Sabina escribindo con voz de muller... a primeira vez que a escoitei foi na voz de Ana Belén moi de opereta, a segunda xa na voz dun Don Joaquín post-marichalazo que fai o que pode coa voz medio morta que lle quedou... quédome coa terceira... agora sei que son os dous de Úbeda...

Penso neses "peces de ciudad", penso nas "agallas" perdídas, e penso que non merezo nadar. Penso en Macondo e non sei por que en Frida Kahlo e Rivera.

Bágoas con tortilla e ensalada de tomate en papel de cociña... canto custa algo tan sinxelo como respirar...Hoxe se me morreron dúas cousas...Unha xa me doe menos...a outra ten moito que apodrecer.
----------------
Now playing: Zahara - Peces de ciudad
via FoxyTunes

04 setembro 2009

O soño dunha noite de final de verán

Corvo

"Onte soñei unha vez máis...

Hai insectos a comerense pouco a pouco os mobles da habitación onde paso as noites nas que non durmo, cheas dos prodixios dos irmáns Lumière, a escuras, e a 25 fotogramas por segundo.

...No chan da cociña hai un corvo (cheo de medo) batendo lenemente as ás . Tento recollelo do chan cas mans (cun segredo medo) a que me manque, pero vexo cando miro os seus ollos, e sei que él tamén o ve cando olla os meus (o medo), e entón acouga...

Esta semana queimeime as mans varias veces. As queimaduras son as feridas máis curiosas, doen moito ó comezo e buscamos alivio a esa dor con desasosego e urxencia, (xeo e auga fría din os que saben). Logo a dor esváese e só cando tocamos a ferida nos lembramos dela. A marca física fica formando pústulas sobor da pel bermella. Creo que lembro o día en que decidín deixalas estar...

...Co corvo nas mans, abro a fiestra da cociña, fora unha branca gaivota repousa sobor do alféizar, nos seus ollos violencia, fereza e animadversión, dalgún xeito sei que ceibar o corvo suporá un dano terríbel para el, e non podo facelo...

...Nun Entroido cando era ben cativo, o fume de pólvora dun petardo queimoume a man. Pasei toda a noite chorando e queixándome sen parar, nin o pano con xeo, cheo de cores, puido aliviarme. E apertando o pulso ata deixarme sen circulación pasei a noite enteira sen durmir. O día seguinte só quedaba a marca, a dor desaparecera.

...Vexo unha vez máis o medo afundido na negrura dos seus ollos, e sinto como pasa a través de mín, fora as gaivotas estouran en berros que arrepían...

Entón esperto e decátome de que estaba a durmir.

"...Nobody said it was easy,/No one ever said it would be so hard./I'm goin' back to the start..."
----------------
Now playing: Coldplay - The Scientist
via FoxyTunes

17 agosto 2009

Onirismo II

Antonio Lopez-Madrid desde torres blancas

"Onte soñei con Madrid... e que era libre de novo"

----------------
Now playing: A Perfect Circle - The Package
via FoxyTunes