09 janeiro 2006

Stilleben

|DAS| Stilleben Substantiv: Bodegón

Lembro esta verba, referida a pintura de Vermeer, dalgunha que outra clase de arte. Nos case 5 meses pasados dende a miña volta de Madrid todo parece ser parte dun bodegón, incluído eu mesmo, sempre rodeado de naturezas mortas.

Escoito a Jeff Buckley cantando un Hallelujah dende o fondo do Missisipi, e a Joyce invitándome a dar un paseo por Dublín, mais nada muda a falta de movemento; un trasatlántico no mar de Aral, unha balea en Long Island: /...Los niños han abandonado carruseles, montañas rusas, nubes de azúcar,blanca o rosa, palomitas de maíz y suspendidos de sus cometas de colores han llegado a la orilla... "Hasta mañana". Fue el último mensaje. Y ya no habrá mañana.../.

Na tarde baixo da auga hai silencio, como o hai na vista de Delft.


"Vivo nun polígono dodecaedro

que da voltas sen parar

que non toca nada

e nada ve pasar

e non ten cor"



3 comentários:

Alfredinho disse...

O teu blog está a coller unha cor.... oscura! jejeje!
Paréceme que como non poñamos comentarios un ó outro... eiquí non entra nin dios, meu.
Un saúdo.

Urizen disse...

A cor escura é algo que vai ligado a mín JEJE. Non é nada deliberado.

"A la minoría siempre" dixo un pintamonas un día, ALJO É ALJO.

Colacao mecajuendios...

disse...

Essa 'vedutta' de Deft de Vermeer precediendo a los movimientos impresionistas! Muy bien Fer! Ahi, promocionando arte y artistas!
Vagi be!