Recuperando o tempo perdido a pasos axigantados, semana sabática tralo exame da escola de idiomas aproveitada para adiantar pelis pendentes na miña lista:
Hierro 3-
Kim-ki-duk Unha imaxe vale máis que mil palabras. Non me gusta comentar nada sobre o argumento así que me limitarei a falar das sensacións que evoca.
Poética, sutíl e pura expresión visual. O director sorprendérame xa con
Seom (a Illa) e con
Bom yeoreum gaeul gyeoul geurigo bom(Primavera,verano,outono,inverno e...primavera) dúas grandes películas que abondaban en temas de moito interese para mín, reencarnación, culpa e transición do espírito. Case estudios teolóxicos expresados de xeito sinxelo e visual.
Samaritan Girl-
Kim-ki-dukRodada no mesmo ano que Hierro 3. Ou non a entendín ou foi un fiasco do director. Limitadísima de guión cuns personaxes incomprensíbeis e falta de mensaxe; se a isto lle sumamos que a edición non permite vela en versión orixinal o resultado é bastante pobre.
Code 46-
Michael WinterbottomInteresante e sobrecolledora fábula sobre a forza dos sentimentos e o valor das lembranzas, nunha sociedade antiutópica na senda de Blade Runner. Fantásticos
Tim Robbins (ese 1.96 resulta espectacular nese mundo de espacios pequenos e sintéticos) e
Samantha Morton.Un futuro recreado con poucos medios e moitísima elegancia por parte dun Winterbottom inclasificábel e anarka coma sempre ó cal lle sobra talento como para perder o tempo en experimentos tales coma
9 Songs.Primeira peli da semana con Coldplay na banda sonora.
Garden State(Algo en común)-
Zach BraffMoitos críticos comparan a Braff con Woody Allen, (xudeus, actores, guionistas e directores das súas películas) pero o humor deste resúlta máis ácedo e vital incluso que o do primeiro Allen (
Take the Money and Run...etc). Filme máis que recomendábel, non sería xusto que me puxese a babexar sobre
Natalie Portman (We all know), pero confírmome na opinión de que lle favorecen os papeis desequilibrados que xogan a favor da fraxilidade que proxecta.
Segunda película con Coldplay na banda sonora, ademáis dun descubrimento agradábel:
Frou Frou .
Wilbur Wants to Kill Himself (Wilbur se quiere suicidar)-
Lone ScherfigCon título espanta-público (seino por experiencia).É o segundo film da directora da aclamada comedia
Dögma,
Italiano para principiantes. Rodada en "escocés" falanos de personaxes pequenos nun mundo pequeno, das súas frustracións e loitas para sobrelevar o feito de estar vivo cunha mensaxe vitalista. Inesquecíbel a imaxe de Wilbur fronte a tres lemmings disecados nunha vitrina.
Northfork -
Michael PolishTerceiro film dos irmáns Polish tras
Jackpot e
Twin Falls Idaho. Se xuntáramos o estilo de
Wim Wenders e o dos
Irmáns Coen o resultado sería Northfork. Un casting de luxo para unha película atípica que ata podería resultar moña para algúns, pero que fai gala dun realismo máxico que faría pensar a
Gabo nos irmáns Polish para adaptar dunha vez "Cien años de soledad".
Revisitadas ademais
Blow-up,
Corazón Salvaxe e
Bowling for Columbine puxen o perfecto corolario á finalización
da lectura de Haunted.
Agora non sei se agardar por
alguén para sufrir
Manderlay dobrada ou voltar aos meus tempos de habitante solitario das salas de cine...xa verei.
PD: GRACIAS AO GRAN PAVLO SEÑOR DO AVID, CONDIS DO MPEG-2, E DOS MILES DE XEITOS DE EXPORTACIÓN DE ARQUIVOS por conseguir pasar a DVD certo corto Perpetrado, sentido e sufrido por Iván,Tony,Chamo, Adolfo e un servidor. GRACIAS MIL.
Para os que estades de exames non veñen mal unhas risas:
GOMAESPUMINGLIS 1GOMAESPUMINGLIS 2