Recuperando o tempo perdido a pasos axigantados, semana sabática tralo exame da escola de idiomas aproveitada para adiantar pelis pendentes na miña lista:
Hierro 3-Kim-ki-duk
Unha imaxe vale máis que mil palabras. Non me gusta comentar nada sobre o argumento así que me limitarei a falar das sensacións que evoca.
Poética, sutíl e pura expresión visual. O director sorprendérame xa con Seom (a Illa) e con
Bom yeoreum gaeul gyeoul geurigo bom(Primavera,verano,outono,inverno e...primavera) dúas grandes películas que abondaban en temas de moito interese para mín, reencarnación, culpa e transición do espírito. Case estudios teolóxicos expresados de xeito sinxelo e visual.
Samaritan Girl-Kim-ki-duk
Rodada no mesmo ano que Hierro 3. Ou non a entendín ou foi un fiasco do director. Limitadísima de guión cuns personaxes incomprensíbeis e falta de mensaxe; se a isto lle sumamos que a edición non permite vela en versión orixinal o resultado é bastante pobre.
Code 46-Michael Winterbottom
Interesante e sobrecolledora fábula sobre a forza dos sentimentos e o valor das lembranzas, nunha sociedade antiutópica na senda de Blade Runner. Fantásticos Tim Robbins (ese 1.96 resulta espectacular nese mundo de espacios pequenos e sintéticos) e Samantha Morton.Un futuro recreado con poucos medios e moitísima elegancia por parte dun Winterbottom inclasificábel e anarka coma sempre ó cal lle sobra talento como para perder o tempo en experimentos tales coma 9 Songs.
Primeira peli da semana con Coldplay na banda sonora.
Garden State(Algo en común)-Zach Braff
Moitos críticos comparan a Braff con Woody Allen, (xudeus, actores, guionistas e directores das súas películas) pero o humor deste resúlta máis ácedo e vital incluso que o do primeiro Allen ( Take the Money and Run...etc). Filme máis que recomendábel, non sería xusto que me puxese a babexar sobre Natalie Portman (We all know), pero confírmome na opinión de que lle favorecen os papeis desequilibrados que xogan a favor da fraxilidade que proxecta.
Segunda película con Coldplay na banda sonora, ademáis dun descubrimento agradábel: Frou Frou .
Wilbur Wants to Kill Himself (Wilbur se quiere suicidar)-Lone Scherfig
Con título espanta-público (seino por experiencia).É o segundo film da directora da aclamada comedia Dögma, Italiano para principiantes. Rodada en "escocés" falanos de personaxes pequenos nun mundo pequeno, das súas frustracións e loitas para sobrelevar o feito de estar vivo cunha mensaxe vitalista. Inesquecíbel a imaxe de Wilbur fronte a tres lemmings disecados nunha vitrina.
Northfork -Michael Polish
Terceiro film dos irmáns Polish tras Jackpot e Twin Falls Idaho. Se xuntáramos o estilo de Wim Wenders e o dos Irmáns Coen o resultado sería Northfork. Un casting de luxo para unha película atípica que ata podería resultar moña para algúns, pero que fai gala dun realismo máxico que faría pensar a Gabo nos irmáns Polish para adaptar dunha vez "Cien años de soledad".
Revisitadas ademais Blow-up, Corazón Salvaxe e Bowling for Columbine puxen o perfecto corolario á finalización da lectura de Haunted.
Agora non sei se agardar por alguén para sufrir Manderlay dobrada ou voltar aos meus tempos de habitante solitario das salas de cine...xa verei.
PD: GRACIAS AO GRAN PAVLO SEÑOR DO AVID, CONDIS DO MPEG-2, E DOS MILES DE XEITOS DE EXPORTACIÓN DE ARQUIVOS por conseguir pasar a DVD certo corto Perpetrado, sentido e sufrido por Iván,Tony,Chamo, Adolfo e un servidor. GRACIAS MIL.
Para os que estades de exames non veñen mal unhas risas:
GOMAESPUMINGLIS 1
GOMAESPUMINGLIS 2

Sem comentários:
Enviar um comentário