23 março 2006

Eu, eu mesmo... e eu mesmo


Parasiempre


No me tienes que impresionar
Ni que seguir la corriente
Voy a apearme aquí
En la orilla del presente
Donde el hombre se asfixia
Escribe un testamento en chile negro
El suplicio es estar contigo
Eres la alquimia de mi veneno
La derrota no es una opción y no hay excusas

Parasiempre me parece mucho tiempo
Parasiempre, no hay nada parasiempre...
Parasiempre, no hay nada parasiempre...

La influencia de la ira
Y los impulsos de la lengua
No tengo toda la vida
Aún hay cajas con sorpresa

Parasiempre me parece mucho tiempo
Vendré con la boca amarga
Y el corazón bien jodido

Parasiempre, no hay nada parasiempre...
Parasiempre, no hay nada parasiempre...
Parasiempre, no hay nada parasiempre...
Parasiempre, no hay nada parasiempre



"...There are no more barriers to cross. All I have in common with the uncontrollable and the insane, the vicious and the evil, all the mayhem I have caused and my utter indifference toward it I have now surpassed. My pain is constant and sharp and I do not hope for a better world for anyone, in fact I want my pain to be inflicted on others. I want no one to escape, but even after admitting this there is no catharsis, my punishment continues to elude me and I gain no deeper knowledge of myself; no new knowledge can be extracted from my telling. This confession has meant nothing..."

Respostas as idioteces varias escoitadas nas derradeiras semanas tipo:

*Te vas a quedar solo...
*Acabarás cayendo...

*Has encontrado a alguien ya...?




"Sólo soy yo cuando estoy solo"

Miguel Hernández




19 março 2006

San Patricio, estrellas e eu sen gorro

O conflito continúa...

Enésimo San Patricio sen agasallo de Guinness... (o meu reino por unha camiseta, un pano, fucking whatever ...).
Odio o IPC, as súbas de improviso e os camareiros inframentais.

Valen infindas veces 3,30 €:
*A boa compaña
*As pintas a 4.30 con promesas que se perderán nesas 4 paredes...
*Fre, Hugh (Follow him...) LLorch and consorte...





"Don't wanna weep for you, don't wanna know

I'm blind and tortured, the white horses flow

The memories fire, the rhythms fall slow

Black beauty I love you so..."

E que cada un pense o que queira...


16 março 2006

02 março 2006

Wear the grudge like a crown of negativity.Calculate what we will or will not tolerate.

...Poñendo en práctica o que onte nos descubríu David Trueba :

O conflito é a base de toda historia.

Sec 1. Comisaría de policía da Coruña.Int.Día

Vemos chegar a un XOVEN, Zamarra negra gafas de sol, aurículares colgando, cara de poucos amigos. Destesta o lugar no que se atopa.

Dende a primeira porta que atopa á dereita da entrada pode ver a ringleiras infindas de xente, é a segunda vez que ven, nada cambiou.

Xoven
¡Como animais nun matadoiro...!


Tras un suspiro, comeza a camiñar en dirección á ringleira con menos "Clientela", Tras dela un home duns 40 anos,aparentemente moreno, os escasos pelos sobor da calva semellan un código de barras, o naríz pontiagudo parece ameazar a calquer interlocutor mentres cun cuño prefabricado dubida eternamente cal dos dous impresos que ten sobor do mostrador cuñar...o xoven pide permiso con voz miuda e pregunta algo ao funcionario.


Xoven
¿Desculpe poderíame dar un impreso para renovar o DNI?



Funcionario
¡Tres euros!

Xoven
¡Eu pensaba que se se pedía aquí era de balde!

Funcionario
¡Pois non! e póñase na ringleira que hai máis xente diante de vostede

Xoven
¡En realidade non teño cartos porque perdín a carteira e o DNI xunto con ela e viña poñer a denuncia... o impreso é para a miña nai...

Funcionario
¡Para denuncias na primeira ringleira, renovacións de carnets nesta, pero agarde o seu turno!

O xoven queda mudo coma unha estatua cun xesto de abraiamento,torce a boca pecha un puño e afúndeo no nariz pontiagudo do funcionario que comeza a sangrar copiosamente sobor dos impresos e o cuño prefabricado ... Volvemos ver ao xoven co xesto de abraiamento, o nariz do funcionario segue intacto, deixa caer os brazos e volver preguntar:


Xoven
¡Eu necesito facer as dúas cousas!

Funcionario
¡Iso non é problema meu!

Vemos a mirada do xoven baixar ata as mans do funcionario, éste segue sen chegar a cuñar ningún dos impresos, mentres a xente segue na cola impávida e sen dar chío, como animais nun matadoiro...


Xoven
¡Podo tardar horas!


A primeira persoa situada na ringleira da un paso adiante como asumindo o seu turno, o funcionario estende o brazo coa palma da man aberta a xeito de sinal de "Stop" e éste dá un paso atrais. O cuño segue sen cuñar ningún impreso...


Xoven

¡Non podo perder tanto tempo, teño presa, ¿non me podería deixar o impreso e xa o pagarei cando volva?


Funcionario
¡
Eu tamén teño moito que facer...


Continua dubindando qué impreso cuñar.


Funcionario

...Estoulle atarefado de máis coma para atender a calquera que me pida un favor.



A boca do xoven volve torcerse, golpea cun puño no mostrador...

(Comenza a música a subir pouco a pouco de volume , Tool-The Grudge a partir do minuto 6:30)

...Da súa mán comeza a saír unha luz azul que se estende ante o asombro dos presentes, faise grande ata convertirse nunha bola, o rapáz abre a palma da mán e pona diante do funcinario. Entón, estoura.

O corpo do funcionario comeza a se derretir ata chegar ao esqueleto, o cuño cae no mostrador que se comeza a desintegrar. A luz enche tódalas estancias e unha por unha remata con todas as persoas que alí se atopan, unha vez enchidas, as fiestras comezan a descargar a presión rompendo e lanzando os cristais cara fora, vemos como os ollos do xoven se abren entón o edificio por completo desfaise en anacos...


Sobre o terreo areoso e ennegrecido so vemos a figura do xoven, a comisaría enteira foi barrida da faz da terra, pouco a pouco achegámonos para ver de novo os ollos do xoven que comezan lentamente a abrírense...

... Novamente na comisaría...

... O cuño indeciso, as ringleiras, o naríz pontiagudo, a desesperación...

O rapáz da media volta e sae cara a porta, en canto abandona o recinto o funcionario esboza un sorriso e botase a mán á cabeza e recolle os impresos sen cuñar, vaise do mostrador

... a indefensión , a falta de liberdade, o determinismo...o rancor.