Sec 1. Comisaría de policía da Coruña.Int.Día
Vemos chegar a un XOVEN, Zamarra negra gafas de sol, aurículares colgando, cara de poucos amigos. Destesta o lugar no que se atopa.
Dende a primeira porta que atopa á dereita da entrada pode ver a ringleiras infindas de xente, é a segunda vez que ven, nada cambiou.
Xoven
¡Como animais nun matadoiro...!
¡Como animais nun matadoiro...!
Tras un suspiro, comeza a camiñar en dirección á ringleira con menos "Clientela", Tras dela un home duns 40 anos,aparentemente moreno, os escasos pelos sobor da calva semellan un código de barras, o naríz pontiagudo parece ameazar a calquer interlocutor mentres cun cuño prefabricado dubida eternamente cal dos dous impresos que ten sobor do mostrador cuñar...o xoven pide permiso con voz miuda e pregunta algo ao funcionario.
Xoven
¿Desculpe poderíame dar un impreso para renovar o DNI?
¿Desculpe poderíame dar un impreso para renovar o DNI?
Funcionario
¡Tres euros!
Xoven
¡Eu pensaba que se se pedía aquí era de balde!
Funcionario
¡Pois non! e póñase na ringleira que hai máis xente diante de vostede
Xoven
¡En realidade non teño cartos porque perdín a carteira e o DNI xunto con ela e viña poñer a denuncia... o impreso é para a miña nai...
Funcionario
¡Para denuncias na primeira ringleira, renovacións de carnets nesta, pero agarde o seu turno!

O xoven queda mudo coma unha estatua cun xesto de abraiamento,torce a boca pecha un puño e afúndeo no nariz pontiagudo do funcionario que comeza a sangrar copiosamente sobor dos impresos e o cuño prefabricado ... Volvemos ver ao xoven co xesto de abraiamento, o nariz do funcionario segue intacto, deixa caer os brazos e volver preguntar: