27 abril 2006

Tarde

“...Tarde se aprende lo sencillo
tarde se encuentra la hermosura.
No aquella de los ojos mortales,la del mundo”
José Hierro“mis hijos me traen flores de plástico”,Libro de las alucinaciones(1964)


Tarde
(Sábado,7 de outubro de 2000)

Tarde,
e xa estou canso
de que sempre sexa tarde para min,
cheguei a beira dun mar murcho de chuvias
e xa era tarde,
véxome no espello,tarde,clamando á noite:
-“Tu pudica,tu proba perambulis astra sidus aureum”-
marchan cara a miña porta,
pouco tempo despois,
a fiestra móvese có vento,
e berro,
a tódolos que non me oen,
berro
dende máis alá do esquencemento,
facendo as cordas da miña voz
fracos fíos de enleadas estrelas,
recollo a coroa
permitíndome unha derradeira oportunidade,
acugulados xiróns
de pensamentos que se foron...

Tarde,
é tarde,
chego tarde,
cae a tarde en min,
e falolle ó tempo,
coa voz de todos,
se nunca fose tarde
se vivísemos cando empezamos a morrer,
“¡Ne mortis timueritis!”
á fin
nos liberi essemus.


-Gracias por correxir os meus "latinajos" profesores hai moitos, mestres moi poucos...








If you're going to read this, don't bother...








...Para cultivar o ego...





















...Para colonizalo... (Gracias Sú... meu anti-3libras)




















...Para destruilo... e recomezar

25 abril 2006

Erase and rewind...

Pensamentos sobrantes da fin de semana andanme a bulir entre as tempas acugúlanse ata confirmaren unha migraña máis.

"...A limusina deténse fronte ao clube Silencio... na noite non hai banda... There is no band. It is all an illusion... saio, camiño polo paseo ...¿só?, Cecais Rita e Betty camiñen detrais (apenas celuloide)... esquecín o que buscaba...

"A man's attitude... a man's attitude goes some ways.The way his life will be"... dou un paso cara a liña que separa o solpor do mencer e todo queda claro. Nada ás miñas costas, nada ante os meus ollos. A dor diminúe pingandose sobor das miñas mans, non sei cando comezou...a chave azul nunha man... 'cause you're deserted what's good, you hurt it and it kills you it keeps you alive...e a caixa azul,agora aberta, na outra, nada será o que foi...suspiran mis zapatos por dejar el pavimento...just To get rid of this God awful feeling.

"No, it's not that i don't know / i just don't want it to grow
/ it's not that i don't know / i've changed my mind / i take it back"

19 abril 2006

April is the cruellest month

"Noblesse oblige" como dirían os pedantes, aquí de novo sen moita gaña de escribir pero "plantando un post" por imperativo salmoneríl. Imos resumir esta nefasta semana nuns cantos puntos no que chamaremos :A semana dos C2's á edquedda.

1/Só quedan dous

2/"V" de véndete

3/Hai mulleres que choran porque non poden ir a Betanzos...

4/Pedimos perdón ao compañeiro repelente por darlle o coñazo cunha merda de peli as 5 da mañá

5/Aos tipos que me roubaron: "Espero que non malgastárades os 15 céntimos"

6/ E por ultimo e non menos importante extrapolo a dúbida que me espuxo Alba Lavigne no finde, a todos os repelentes (e aos que non o queren ser):

M. ou Mi coco ?

PD:Xa que estamos coa diarrea encefálica:

Frase machista da semana:
"As mulleres son como as moscas, ou se posan no azucre ou na merda"

06 abril 2006

The constant Gardener


"...Justin,I was determined should be a man who almost accidentally married his conscience..."

...Isto dí John Le Carré nos extras da película sobre o seu personaxe central...Mais na película hai varios personaxes centrais: Amor e Morte-Vida.

Para mín unha película fundamental neste ano, Sigo namorado do puro encanto de Rachel Weisz, Ralph Fiennes (Oneguin, The English patient) o actor é un iceberg... Fernando Meirelles ... a cidade de Deus na terra é un documental sobre a vida humana. Realmente arrepíntome de non a ver directamente no cine... "pero poderoso cabaleiro é don dinero"...

E poderoso o é tamén ao longo de todo o film. ¿Canto vale unha vida?...¿Ten prezo realmente?...estas son preguntas que eu levo facéndome dende que son eu e que se reproducen continuamente no meu camiño. Cando alguen "pide" xustificacións ao meu vexetarianismo tan particular, tento de explicar que entendo que o ser humano ten que sobrevivir tomando outas vidas, a natureza fai verdadeiro este axioma día tras día. Pero por outra banda comparo a esencia de ese acto, co espírito primixenio do que provén:

-O guerreiro masai unxindo as súas pernas coa suor da presa e amosando respecto, amor e un certo pesar ante a morte dun animal...Os estabulos do primeiro mundo onde os animais carecen de vida...

...Unha tribu de inuits cazando unha balea, realmente desagradábel para os estómagos febles, para despois agradecer ao espírito do animal que os alimente durante o frío ano que lles agarda; somentes unha cumprelles para moito tempo... Os barcos baleeiros matando a decenas e desprezando a carne para quedárense só coa graxa para cosméticos...

Extraordinaria película... se pestanexas a vida pásache por diante... (sei dun que cando a vexa quedará prendado tamén)

02 abril 2006

Guest starring

There's the moon asking to stay

"Cando Eisenstein morreu, pronosticou que a súa xenialidade se reencarnaría en tres directores futuros a partes iguais... polo dagora Jean-Luc Godard, Tarantino... so quedo eu."

Lembrome dicíndo esta frase que me resulta hoxe irrisoria. A pedantería fai o número un billón na miña lista de defectos. Agora cheo de ideas que non me levan a ningures teño atravesados varios guións e fallanme as gañas de traballar neles.

Non levo ao papel algo cando menos remotamente interesante dende hai máis dun ano (a non ser algun que outro derrame de serrín encefálico neste lugar) así o feito de que en breve o meu proxenitor teña pensado adquirir unha camara de video, serveme para relembrar unhas verbas alentadoras do rebelde Godard :

"El consejo que daría hoy a cualquiera que desee ser director es bastante sencillo:haz una película. En los sesenta, no era tan fácil, porque ni siquiera existía el Super 8. Si querías rodar algo tenías que alquilar una cámara de 16 mm y muchas veces lo hacías mudo. Sin embargo, en la actualidad, no hay nada más fácil que comprar o alquilar una pequeña cámara de vídeo. Tienes imagen, tienes sonido y puedes proyectar la película en cualquier televisor. De modo que cuando un aspirante a director viene a pedirme consejo, la respuesta que doy es siempre la misma: "Coge una cámara, filma algo y enséñaselo a alguien,a cualquiera; puede ser un amigo, el vecino de al lado o el tendero de la esquina, no importa. Enseña a tu público lo que has filmado y observa su reacción. Si parece que les interesa, filma algo más[...]Pero pregúntate por qué, pregúntate siempre por qué."


Señor Jean-Luc gracias por existir...