07 outubro 2006

Entre a dor e a nada escollo a dor

Xa anunciaba a traves dalgunha porta pasada que confiaba na recuperación da voz que compón tres cuartos da banda sonora pouco orixinal da miña vida. E non cumplido nin sequera un ano, volve en boa compaña, e como se de dous alquimistas con sendas metades de pedra filosofal sonora se tratase, liman defectos e amplifican virtudes de xeito recíproco conxugando talentos neste círculo elemental composto de dous CD's.

Para algúns presuntuosidade para mín coraxe, a aposta de bunbury por facer o que realmente lle peta comeza a consolidarse como algo máis que unha apostura, expandendo a sua lenda moito máis aló do que dura un compás de Entre dos tierras.

"...Yo no quiero tener esa lucha conmigo mismo; no quiero ser juvenil ni atractivo con 56 años. A esa edad no tienes que ser juvenil. Entonces tengo otra serie de idolos que creo que han envejecido más segun mis criterios y pienso en Van Morrison, que es gordo, calvo y viejo ." Comezo a velo recluído nun mosterio con maestro Zen, ou nun encerro en Isla Negra e traendo cada catro anos dende o silencio, obra maestra tras obra maestra coma un Prometeo iluminando a escuridade musical que campa nesta sociedade de masas...

...Entre a dor e a nada escollo a Bunbury... e a Vegas

2 comentários:

Anónimo disse...

verdadeiramente recomendable.
se o primeiro verso reflicte o meu primeiro pensamento d cada mañá, nn kero pensar o k pode pasar cando escoite o albúm enteiro.
excelente escolla dun e doutro

Alfredinho disse...

Entre a dor e a nada prefiro quedar no "jardín de la duermevela"