30 novembro 2006

26 novembro 2006

Wem der grosse Wurf gelungen,Eines Freundes Freund zu sein...

Doenme ás costas e a cabeza a non poder máis...que pracer sentirse vivo...


ALEGRÍA

Llegué por el dolor a la alegría/Supe por el dolor que el alma existe./Por el dolor, allá en mi reino triste,/un misterioso sol amanecía. //Era alegría la mañana fría/y el viento loco y cálido que embiste./( Alma que verdes primaveras viste/maravillosamente se rompía. ) //Así la siento más. Al cielo apunto/y me responde cuando le pregunto/con dolor tras dolor para mi herida. //Y mientras se ilumina mi cabeza/ruego por el que he sido en la tristeza/
a las divinidades de la vida.

José Hierro De "Alegría" 1947

25 novembro 2006

Perfume: The Story of a Murderer



"En el siglo XVIII vivió en Francia uno de los hombres más geniales y abominables en una época en la que no escasearon los hombres geniales y abominables. ..."

Lembro aquela noite de conversa na Cova na que o señor Bender e un servidor nos vimos sumerxidos haberá máis dun ano, comezando polos olores en xeral, seguindo polo singular do meu desenrolado olfacto e rematando na recomendación que me fixeron de ler o libro.

Un best seller, non foi nunca unha opción coa que encher o meu tempo e menos aínda se falamos do libro máis recurrido nas entrevistas por modelos e actrices estúpidas que un atopa en todo tipo de revistas. Pero lembro tamén como me relataron a experiencia que podería supor lelo; sobre todo como recorría o autor a arrecendos e cheiros para describir todo nun cúmulo de sensacións; para alguén que é quen de lembrar olores de hai máis de 10 anos de xeito vívido coma mín.

Así foi, comezar a leer a primeira páxina no tren que saía da Coruña a mediodía e rematalo volvendo de vigo pola noite, 4 horas apaixonantes (Vielen Danke Gael). Penso que non dixen verba ata meterme na cama ese día, síntome profundamente conectado con Grenouille, o meu olfacto dista de ser o seu pero é a única porta da percepción da que endexamais podería prescindir, e sentímos a mesma "curiosidade" pola esencia das cousas e das persoas...

Sobre a película dicir que é un fantástico exercicio de estilo, un manual para calquer aprendiz de guionista (especialmente os hespanhois) emociona sen diálogo. Tom Tykwer do que só coñecía Lola rennt, manexa habilmente o tono e o ritmo do filme cun certo toque visual DelToresco (Toma neoloxísmo gafapastíl) e amósase fiel a esencia do mesmo e do libro, dispón dun Ben Whishaw que axusta o seu personaxe ata un punto case infantíl amosando moito valor co doádo que sería tinguir de moralina á súa interpretación, e permitíndose o luxo de ter a Dustin Hoffman e a Alan Rickman coma secundarios e brindarnos a oportunidade de soñar co prohibido (Bender non se atén ás leis humanas)presentando a Rachel Hurd-Wood que con esos 16 anos fai gala dunha beleza única é perfecta; como diría Panorámix sobre Cleopatra ¡Que belo nariz!.

Por se queredes baixar a banda sonora, composta tamén polo director e interpretada pola filarmónica de Berlín :

Pando Package

23 novembro 2006

El viento a favor



"...otra vez perdiste tu oportunidad/siempre efrentandote y al final/vencido por el miedo/caes al suelo y te dejas pisar.... /Si ya no puede ir peor/haz un último esfuerzo/espera que sople el viento, a favor/ya sólo puede ir mejor/y está cerca el momento/espera que sople el viento, a favor..."

O aburrimento do finde, a falta de tempo para un mesmo, a falta de alento, a dor de pes, o Ich Weiβ nicht ou Ich Verstehe nicht, Null ventas e estupideces, leute hassen, a miña avóa chegando a "...hundirse en el torbellino del sueño... si es que la eternidad no es un sueño también" parte dun futuro espello no que xa me vexo, and they don´t see me at all, o can coa cunca do ollo baleira... son a derradeira traxedia predicida por Fertility Hollis, weak and powerless over life... now all that you can do is to go straight up...

...Salvado por unha canción... esos violíns... fanme despegar do chan...7 anos despois... o mésmo que a primeira vez...

17 novembro 2006

O primeiro día do resto da túa vida

-¿Como te ves de maior?-Preguntou o vento

-Camiñando so por unha rúa a escuras, contigo a sopraresme frío na face e escoitando Coldplay- respostou.

-...Hoxe, é o primeiro día do resto da túa vida...-

15 novembro 2006

Bestiario

Ultimamente os corvos fítanme coma se fose un deles, nin sequera teño que apartarme do seu camiño como adoito facer, soberbios e altivos parecen facer certa a frase epígramática coa que me despide a miña nai ultimamente.

Ando canso e case coma unha pantasma camiño dun lugar a outro da cidade cun nó no esófago que non ten nada que ver cos excesos do finde anterior; caseque coma un medo non verbalizado, coma un coelliño branco ou negro nado para o meu desasosego. Descoñezo se poderei ceibalo cedo, polo dagora sobrevivo coas lembranzas namentres o outono chama á porta co meu sono en brazos coma un invitado incerto.


"...tal vez ni se fijen en ellos, atareados con el otro cuerpo que conviene llevarse pronto, antes de que pasen los primeros colegiales."

02 novembro 2006

El perro del hortelano

Hai cousas que mudan sen que teñamos ningún control sobre elas. É unha lei universal... somos máis de 6000 millons de persoas no mundo e descoñezo a cantidade delas coas que terei oportunidade de compartir algo máis que unha mirada de esguello pero comezo a pensar que os que quedan trala peneira do tempo nunca chegan a superar a ducia...se cadra demasiado pobre a estatística, mais para un radical libre coma mín comeza a resultar demasiado complexo buscar a reacción con átomos humanos de calquer tipo... o peor é que comenzo a pensar que xa non paga a pena...


TEODORO: No sé, Tristán; pierdo el seso
de ver que me está adorando,
y que me aborrece luego.
No quiere que sea suyo
ni de Marcela; y si dejo
de mirarla, luego busca
por hablarme algún enredo.
No dudes: naturalmente
es del hortelano el perro.
Ni come ni comer deja,
ni está fuera ni está dentro.

01 novembro 2006

Extrema pobreza