22 janeiro 2007

Non ás series mutiladas

"A xente de zonadvd.com emprendeu unha campaña para recoller firmas en contra da política actual de Universal Hespanha á hora de editar as suas series en DVD.


Na web indican que algunhas series que foron editadas por Universal, saen ao mercado con formato de imaxe recurtado (4:3 Pan & Scan) a pesares de seren filmadas e editadas noutros países en formato panorámico (16:9). Pero non só iso, a ausencia de extras, pistas de audio nun simple stereo, falla de subtítulos en inglés, presentación do producto pouco elaborada, menús só en inglés, etc, son problemas que tamén preocupan aos afeccionados ás series.

Todo isto faise máis evidente sabendo que o resto de países a nivel mundial desfrutan de edicións en formato panorámico e en moitos casos con mellor son e extras.

Se queres facer ver a Universal Hespanha que debe corrixir a súa política actual á hora de editar as series en Hespanha, fai click no banner da campaña, firma cos teus datos (nome e poboación) e zonadvd.com fará chegar á distribuidora a vosa disconformidade. "
Sufrido pola miña parte con House e penso que tamén hai chanchullos raros na edición especial de Twin Peaks cuios dereitos penso están repartidos entre a cbs e a paramount e cada tempada ten uns menús e contidos distintos.

Ao respecto da Universal o desprecio penso que llo fan á xente coa que traballan (productores, directores) e non ao público somentes. Para un exemplo botádelle unha ollada aos multiples e interesantes contidos que trae a edición de 21 gramos (0 extras) . E non poder desfrutar de filmes como American Beauty ou O'Brother en V.O subtitulada en castelán paréceme de moi pouco respecto polos creadores.

4 comentários:

Anónimo disse...

Hablando de FNAC e historias, me comenta un amigo que tendremos FNAC pa'Abril de este año.


¡Di que me amas pichurrín! (si es cierto claro :/ )

Urizen disse...

Xa o sabía pero bueno... cun pouco de sorte ten dúas plantas... en fín menos da un croio

Alfredinho disse...

Cando lín o teu comentario pensei que ó final puxeras "menos da un criollo".
Pra que despois digades que só penso en comer.

Se montan a FNAC terei que comezar a aforrar xa agora.

Urizen disse...

A todo isto deixemos de facer
publicidade, se imos facer publicidade(para iso era o post)é para que a puta Universal poña os DVD's como deu manda,e non esas edicións cutres que paso de mercar.

En fín molame o de menos da un criollo/crioulo. gran descubrimento Fre.

Esto...revisade os discos da Sección Escoita se cadra atopades algo interesante...Se non podo, subir os capitulos de Prison Break ac ac ac ac