12 fevereiro 2007

Cruz e Cruz...




Do Onirismo á cruda realidade...Da cabeceira da miña cama a outra no Juan Canalejo. Coas orellas apegadas á almofada non se oen os latidos nin o alento. Quedáronme na UCI escoitando un e alentando outro, ambos vixiando para que non se durma...


"Jetzt stehst du da an der Laterne/
hast Tränen im Gesicht/
das Abendlicht verjagt die Schatten/
die Zeit steht still und es wird Herbst/

Komm in mein Boot/
die Sehnsucht wird/
der Steuermann"/




...E logo voltaremos un domingo máis a "pasar" ao estadio, o albariño e o arroz con lubrigante prometo pagalo eu,ata entón non vou dicir nada máis.

09 fevereiro 2007

White Knight Story




Un dos motivos polos que non podo deixar de mercar a Play 3 . Dos creadores do grandioso Dragon Quest VII ; un novo Rpg cheo de fantasía diversión é uns gráficos cercanos á imaxe real (versión en HD) , xunto co Assasin's Creed serán case seguro as miñas primeiras adquisicións...

Marzo e un novo C.S O'Baixo dixital, en alta definición e con són en 5.1 están á volta da esquina.

P.D: Fedellando atopo un proxecto de xogo de Hellboy...mmmm
P.D 2: E fedellando un pouco máis atopo isto ..moi Blade Runner...

05 fevereiro 2007

Onirismo



Será que ver e rever Twin Peaks non é sano. Será que dou demasiada importancia ao que dí a xente, ou que a miña memoria sempre me xoga malas pasadas.

Posta a semente ao longo da semana, cando alguén dixo no medio dunha conversa allea -"Pareces un Dorian Gray"-, de supeto a miña mente comezou a vagar cara un lugar e un tempo que agora pareceme moi lonxano. Alguén dixome tanta veces esa frase nese lugar e nese tempo que sentín sorpresa e tristura polo rápido que pasa o tempo e de como tamén eu esquezo.

Pasei de certo toda a semana-atopeime varias veces escoitando "Tears and rain"- a barrenar coa xente que se está a ir e coa que se foi, os borrados na maxia do tempo e os esvaecídos do libro da vida, e con iso no maxín quedei durmido.


"Autoestrada a ningures,
Lost Highway, ocupo no coche familiar o asento traseiro (cousa que endexamáis fago), non son quen de distingir aos pasaxeiros con concreción pero penso que conduce meu pai (cousa que endexamáis fai) e a miña nai esta sentada a carón. Arrodeados de néboa semellamos cruzar a lágoa Estixia, imaxino a imaxe dende fora -plano xeral travelling sobre vías- do automobil flotando sobor da lene masa branca -e penso que Marinetti tiña razón: "Un automobil posúe máis beleza que a Victoria de Samotracia" ou foi Xosé Hierro quen o pensou primeiro??-. Afasto a ollada da fiestra e de súpeto comezan a aparecer coches dun lado e doutro, á mesma velocidade achéganse e afástanse lentamente coma un vals -a cámara lenta- dentro deles distingo rostros coñecidos, vívidos algúns, cubertos de tempo outros, semellan agora fixados coma se non pasara nin un só ano por eles.

Golpeo con forza a fiestra, unha vez, outra. Nas suas faces un sorriso cómplice, pero nin rastro de resposta, volvo golpear a fiestra, xírome cara a parte dianteira do coche e xa non hai ninguén, sinto un medo que non podo poñer en palabras. Entón decátome: non sei,non quero, non me interesou, non podo... conducir. Volvo a cara á Fiestra, Annabel Lee e o Mellor Dos Amigos saudan dicíndo adeus mentres os seus transportes se esvaen na brétema, golpeo a fiestra e berro pero non emito nin un fío de son, quero reventala, quero estourar, síntome prisioneiro e un pouso de derrota aséntaseme no corazón"

Érgome con el, e coa dor de costas encargada de me lembrar cada día, dende hai uns cantos anos todo o vivo que estou. Relembro o soño apoiado na beira da cama e gardoo toda a semana comigo. Conteillo a Fre de xeito rápido no momento "badaladas", mais non lle dixen a ninguén que tiven medo de voltar soñar...

Hoxe a media tarde namentres daba os derradeiros repasos ao Deutsch e despois de máis dun ano de silencio, o Mellor Dos Amigos chamou...


Escoitando-Berliner Philharmoniker-Streets of Paris
(B.S.O Das Parfum)

04 fevereiro 2007

Save me