05 fevereiro 2007

Onirismo



Será que ver e rever Twin Peaks non é sano. Será que dou demasiada importancia ao que dí a xente, ou que a miña memoria sempre me xoga malas pasadas.

Posta a semente ao longo da semana, cando alguén dixo no medio dunha conversa allea -"Pareces un Dorian Gray"-, de supeto a miña mente comezou a vagar cara un lugar e un tempo que agora pareceme moi lonxano. Alguén dixome tanta veces esa frase nese lugar e nese tempo que sentín sorpresa e tristura polo rápido que pasa o tempo e de como tamén eu esquezo.

Pasei de certo toda a semana-atopeime varias veces escoitando "Tears and rain"- a barrenar coa xente que se está a ir e coa que se foi, os borrados na maxia do tempo e os esvaecídos do libro da vida, e con iso no maxín quedei durmido.


"Autoestrada a ningures,
Lost Highway, ocupo no coche familiar o asento traseiro (cousa que endexamáis fago), non son quen de distingir aos pasaxeiros con concreción pero penso que conduce meu pai (cousa que endexamáis fai) e a miña nai esta sentada a carón. Arrodeados de néboa semellamos cruzar a lágoa Estixia, imaxino a imaxe dende fora -plano xeral travelling sobre vías- do automobil flotando sobor da lene masa branca -e penso que Marinetti tiña razón: "Un automobil posúe máis beleza que a Victoria de Samotracia" ou foi Xosé Hierro quen o pensou primeiro??-. Afasto a ollada da fiestra e de súpeto comezan a aparecer coches dun lado e doutro, á mesma velocidade achéganse e afástanse lentamente coma un vals -a cámara lenta- dentro deles distingo rostros coñecidos, vívidos algúns, cubertos de tempo outros, semellan agora fixados coma se non pasara nin un só ano por eles.

Golpeo con forza a fiestra, unha vez, outra. Nas suas faces un sorriso cómplice, pero nin rastro de resposta, volvo golpear a fiestra, xírome cara a parte dianteira do coche e xa non hai ninguén, sinto un medo que non podo poñer en palabras. Entón decátome: non sei,non quero, non me interesou, non podo... conducir. Volvo a cara á Fiestra, Annabel Lee e o Mellor Dos Amigos saudan dicíndo adeus mentres os seus transportes se esvaen na brétema, golpeo a fiestra e berro pero non emito nin un fío de son, quero reventala, quero estourar, síntome prisioneiro e un pouso de derrota aséntaseme no corazón"

Érgome con el, e coa dor de costas encargada de me lembrar cada día, dende hai uns cantos anos todo o vivo que estou. Relembro o soño apoiado na beira da cama e gardoo toda a semana comigo. Conteillo a Fre de xeito rápido no momento "badaladas", mais non lle dixen a ninguén que tiven medo de voltar soñar...

Hoxe a media tarde namentres daba os derradeiros repasos ao Deutsch e despois de máis dun ano de silencio, o Mellor Dos Amigos chamou...


Escoitando-Berliner Philharmoniker-Streets of Paris
(B.S.O Das Parfum)

4 comentários:

cooperlynch disse...

fernandooooo a ver si un dia nos escribes por aqui algo en castellano! jeje que hay cosas que cuesta algo pillar :p
pdata : tu blog me resulta un tanto "auf der mauresco" chachi!

Urizen disse...

Muy "Auf der Mauresco"si , eso lo reconozco pero es la única plantilla que me llamó la atención y con ella hasta el fin del mundo.

P.D: Cuando vengas de gira con tu grupo y seas famoso... agradecerás las lecciones de gallego forzadas...es un idioma más en el que puedes hasta ligar "o galego serve para todo".

Alfredinho disse...

"Ten cuidado con tus sueños: son la sirena de las almas. Ella canta. Nos llama. La seguimos y jamás retornamos" - Gustave Flaubert

Penso que pode ser un bo comentario pra un post que tería que ler moitas veces pra tentar buscarlle unha vía de escape dese veículo. Supoño que me dirás que non, pero sacar o carné podería amainar algo ese soño. Non ten nada que ver, xa o sei, pero ás veces un feito real pode facer esquecer certos pesadelos que, aínda que pareza que non, sempre levan a algún sitio.

A dor de costas probablemente non chegue a desaparecer de todo, nin sequera o doutor House sería quén de quitarcha de todo, pero o que está claro é que sempre é positivo que algo che lembre de que aínda segues vivo, e un sábado pola noite algúns teñamos a oportunidade de compartir un licorca contigo... ¡Que xa non é capote!

E pra rematar, e pra facerlle un guiño de ollo a esa persoa que atopamos o sábado de noite, agradecerlle que polo menos siga mantendo esa decencia que sempre o caracterizou, non coma outros dos que non quero nin volverei falar, salvo causa super-xustificada, que de merecer merecerían un esbirro na súa faciana.

Saúdos Mister Urizen!

P.D.: Agardo non telo raiado demasiado con este comment

Urizen disse...

Con comentarios así da gusto postear... pero sigo sen querer sacar o carnet...