25 abril 2007

Máis musica





15 e 17 de maio respectivamente aproveitarei o meu cumpleanos para asaltar ¿¿¿a nova Fnac????... Music non stop. Duas cousas máis: Sony mandoume xa o meu Blu-Ray de Casino Royale e unha lembranza para Kurt Vonnegut.

18 abril 2007

Every living creature on this earth dies alone...


Donnie: [to his mother] How's it feel to have a wacko for a son?
Rose Darko: It feels wonderful.

...Gardo cada plano na memoria coma se fose un tesouro...

Antonte soñei que o anel do meu chaveiro crebaba. Cando espertei voltei sentir un pouso de derrota...hoxe vendo como bailaba colgado da porta cando entrei na casa, decateime de que levo toda unha vida co mesmo.

O peor dunha resaca, é que cando se vai rematas por botala en falta e sinteste baleiro.

Gretchen: ...what if you could go back in time, and take all those hours of pain and darkness and replace them with something better?

13 abril 2007

Tanatornitoloxías, Aurens e novos sons

Péga rumbo ao Tártaro

Foto sacada por Fenicia, A.K.A Mrs. Masa ovalada de carnes mesturadas, A.K.A Alba Lavigne, outra máis para a miña colección de paxaros mortos... se consegues un fénix morto comprométome a revivir a Freddie mediante nigromancia ou intercambios mefistofélicos de almas...

Agora son un parado máis a foder as estatísticas do INEM sempre o fun de feito, agora estou inscrito. Eu nacín para ser Borbón. Quen sabe se nun tempo camiñaremos de Esmorga por Aurens?...

E música para rematar o telegrama:

Ah, L'amour II


Eu: ¡Ains!....¡Ishh!...¡Ains!
Miña nai: Moito suspiras, non andarás namorado?...
Eu: Non, só estou cheo de mocos...