30 julho 2007

Jigsaw


Seica Fre aborrece a miña falta de ideas tanto ou máis que ao novo habitante do meu pulso, mais cando un non é quen de ver nada interesante no día a día pode comezar a afimar que o seu día a día non ten nada interesante. Falta unha peza no crebacabezas, e anda a me perseguir a pregunta máis importante que me vou facer na miña vida: Podo atopala aquí?...

Comezan a estreitárense moitos espazos que cría infindos e cheos de aire e nos que agora caseque non podo tomar alento. Quizais co vindeiro cambio de estación non quede nada do que un día foi e a migración se convirta en perpétua. As sereas non acougan os cantos lonxanos que nunca antes atopei tan doces. Ideas, pensamentos que quedan mellor aquí que incordiando no medio da cabeza


...It was me on that road/Still you couldn't see me? /And then flashlights and explosions ...


Escoitando: moitas cousas

1 comentário:

Alfredinho disse...

Aborrezo máis cousas no mundo que o que levas posto agora, ó fin e ó cabo, aforraches pra el.

Sen embargo penso que certos caprichos que precisan unha suma tan grande de diñeiro poderían evitarse, e gardar os cartos pra cando realmente se poidan necesitar.

E o das ideas... si... realmente abúrrome moito cando non escribes nada interesante (claro que o mesmo se pode dicir de min).