24 setembro 2007

Una herida mortal, por cada momento de gloria...



Despedimos o verán, Despedimos voces, ollos e verbas, Despedimos a Bender, Despedimos familia e un milleiro de cousas máis...

Din por aí que unha dinamo debe de xirar a 1.500 r.p.m para xerar unha corrente de 230 voltios. A miña cabeza ao longo do día xira máis dun trillón de veces e segue sen xerar demasiada enerxía. Hai quen dí que este foi un verán sen pés nin cabeza. Eu prefiro pensar que este foi un verán ao que non lle aplicamos pés e moito menos cabeza.

Despois da volta do meu suntory time, trouxen unhas cantas intencións e algunha que outra foto coma a que adorna este post. Paso a paso e a ritmo de flamingos (decadente pero con elegancia) vou soterrando Lady Blues amarrado a un mastil de espiño con tapóns de cera nos oídos, digo máis a miudo que , Non me fío xa de ninguén que se ofreza coma un bastón para o corazón, e conto One,two,Three antes de comenzar a plantexarme a idea de comezar a comezar a pensar en atoparnos Entre San Cosme e San Damián.

No medio quedanme moitas parvadas, estupideces, saídas de tono e momentos de ego saturado, que agardo que a xente que comparte o seu tempo comigo seña quen de aturar. Rogo un perdón adiantado e invito a non ter medo a darme unha ostia ben dada no momento oportuno desas que sempre me gustou recibir, porque son mellores que todolos libros de Jorge Bucay xuntos.

Vou rematar con dúas citas:

"Otra ráfaga de viento de Idaho, esta vez fuera del coche.//El viento que entra por las ventanillas es un suspiro. Profundo y rápido. El modo en que se te corta la respiración. Antes de que ocurra algo. No puedes hacer nada para deternerlo.//Al exhalar me arrellano en el asiento//Amé tanto a Dios en ese momento."

...
e un guiño ao señor Bender máis C.T que nunca:

"I thought what I'd do was, I'd pretend I was one of those deaf-mutes. That way I wouldn´t have to have any goddam stupid useless convesations with anybody..."

7 comentários:

Alfredinho disse...

Despois de dicirche que eu preciso ler os teus post 3 ou 4 veces, agora heiche de confesar que, en gran parte, estaba mentindo.

3, 4, 5 ou as que fagan falla con tal de captar todo o que cada post leva dentro. Pero sobre todo os leo tantas veces porque sempre aprendo algo.

Danke!

Alfredinho disse...

E hoxe podería dicir que me conformaría con ser quen de ler a metade do que ti les...

Alfredinho disse...

Por certo, finiquitei "Los hijos de Húrin", pero digamos que preciso algo con máis chicha.

Urizen disse...

Xa me dirás que che apetece..

Fenicia disse...

En 2º, nunha das primeiras clases de "Introdución ó pensamento clásico" o profesor preguntounos co seu perfecto castelán leonés se tiñamos leído a Ilíada, nós respondímoslle que non, que AÍNDA non, el, mírandonos cos seus ollos brillantes e cun sorriso de orella a orella dixo:
-Que sorte tedes.

Así que xa sabes, aí queda a miña suxerencia.

iNo disse...

Ás portas estamos!

Bender disse...

Amén, hermano. Amén. Próximamente en sus pantallas: Jorge dando señales de vida. No se la pierdan, trepidante, delirante, con momentos realmente agresivos, excitantes, excesivos y otros adjetivos que desconozco.