Deshazte los nudos/Que te sujetan..."
Porque volve con Heroes, porque carece de valor e fuxe cando as cousas o sobrepasan e porque lle sobra cando recoñece os seus erros que son sempre seus e de ninguén máis, porque sempre ten un consello en forma de canción que serve para toda a vida...
"...Rompamos barreras/Cortad ataduras
/Que tanto te alejan/De aquello que buscas...
/Que tanto te alejan/De aquello que buscas...
Porque miña nai sempre quere ver a un borracho e a un prepotente onde eu vexo alguén honesto e humilde, porque cada momento que lembrei, lembro e lembrarei pódese formular nun olor, nunha cor e nun disco de Bunbury...
"...Si vas convencido/A la celda que quieras
/Esa es tu apuesta/Y ahí mismo te quedas..."
/Esa es tu apuesta/Y ahí mismo te quedas..."
Porque fixo que nos coñeceramos, porque nos acompañou ao longo do camiño, emocionouse no comezo, dubidou cando o barco apuntaba ao iceberg deuche un novo nome e porque voltei rescatalo ....al final, al bailar este vals... que agora estou bailando só....
"...Ignora fronteras/No hay ni una de ellas
/Que merezca de veras/La pena..."
/Que merezca de veras/La pena..."
-Porque sen esta voz a míña vida non sería a mesma-
"...Repasaste el manual?/Preparada la combustión
/Enciendo la mecha/La cosa esta hecha...
...-BIG-BANG-...
7 comentários:
Aínda me quedará moito que aprender, moito que escoitar...
A túa vida non sería igual sen a súa voz, e a miña non sería o que foi e sigue sendo sen a súa Lady Blue. Unha mostra máis que che pode axudar a tacharme unha vez máis de "home de cancións".
Quizais non son o máis indicado pra escribirche neste post, pero sen embargo:
Que pueda contar contigo
como sabes que conmigo siempre
que no cuente la suerte, no
sólo el destino que nos presentó
No meu parón literario estou aprendendo moito a base de ler moitos blogs por aí adiante. Se ultimamente escoito bastante a música que me pasas, penso que chegou a hora de facer a miña tese persoal sobre este borracho solitario
Arredios!... Pa cuando la boda? Peazo de dicotomía pa elegir entre vosotros dos...
Cando te vexa escoitar no coche un disco enteiro dun tirón sen voltas de Ipod (Aínda que seña de Ska)... borrarei a etiqueta ...namentres mantéñoa...nunca despectivamente non ousaría facelo, coñezo xente que de canción en canción ten máis cultura musical da que eu terei nunca.
Lady blue...é a única canción que non escoito do Flamingos... ¿¿Malas lembranzas?? se a Srita.Distante non estivera muda...pero polo demais esa outra que escollíches tamén é das importantes.
E sobre o de quén é o máis indicado ou non... O Salmón é máis Héroe que Bunburista, eu xa non sei qué son máis pero Bunburista sí que son...agardo impaciente descubrir a túa opinión.
Respecto ao comentario cheo de hilaridade peixil,penso que tes que buscar unha verba nova que lucir...dicotomía xa a tes abondo gastada
De momento, e para que vaias mudando pouco a pouco a túa opinión, Jeff Buckley ocupa un lugar no iPod. Algo que, se che son sincero, nunca pensei que chegaría a ocorrer. As miras amplíanse, pero o obxectivo da miña cámara segue a ser demasiado pequeno. A ver se en breve podo mercar un novo.
Douche tempo,non é cuestión de poñercho sinxelo de máis (¡Co que me custa formular eses alcumes (¡Amo esta verba!) arbitrarios!)e tampouco agardes que todo o mundo che crea cando dis que cambias...polo visto para esas cousas os feitos son como unha divisa, e estou falando de mín mesmo. Merca un gran angular...
Hei! Non te metas coa "dicotomía" do peixe! Que é a primeira verba que lle puiden ensinar, jaja. Próxima parada: adxectivos de ciclópea natureza épica.
Non llo digades a ninguén, pero no CD de Flamingos gardaba eu o papel de fumar...
Iso dos papeis tesmo contado case que tantas veces coma as que eu che pregunto polas constantes vitais e psicofísicas da túa pléiade de coñecidas do xenero feminino...Prometo tamén deixar de facelo...
Ao respecto do peixe, como di o refraneiro popular o que ten boca... e o que ten un burato na fazula????....a ese escapanlle as dicotomías por el.
Enviar um comentário