27 janeiro 2008

Maxia

Cando as persoas importan máis que o futbol ou os resultados.

14 janeiro 2008

Podoloxías

.

(Do lat. pes, pedis).



"1. m. Extremidade de calquera dos dous membros inferiores do home, que serve para soster o corpo e camiñar.


2. m. Base ou parte na que
algo se apoia ."

Nacer cos pés planos configura un xeito moi particular de vivir a infancia: Primeiro, veste obrigado a levar plantillas e calzado ortopédico, tan comodo e caro coma horrendo, durante a época na que máis loce levar uns playeros acorde á moda do momento. Segundo acostumas a cansar cedo de estar de pé, así sofres unha especie de hiperactividade que che impide parar un só intre en calma, e Terceiro acostumas a desenrolar un xeito moi particular e case único de camiñar e de moverte. Todo isto...faiche...particular.

Esta semana non comezou con moi bo pé, así que cavilei que fora un deles o que relatara o acontecido a anterior semana dende a súa óptica pé-rsoal. Teño que dicir que non fun quén de escoller entre o dereito e o esquerdo (polo visto non podo distinguilos), mais ningun deles se prestou. Fareino eu no seu nome.

Unha visita a Santiago... chuvia e pés mollados... Hoxe é día de festa, fenómenos paranormais cos paraugas, momentos de "violencia cómica", clases de pandeireta, acordeons que non caben polas portas, Avante, ¿¿¿currunchos ou recunchos???, biscoitos de chocolate para uns e churros con cola-cao e augas do tempo con gracias para outros, conversas transcendentais que gardar coma un tesouro, nun rexional ás 6:30 da mañá...sono.... Coruña, taxi... chuvia e pés algo menos mollados... ¿¿¿No es bonito el alemán???...pouco durmir, despedidas, (non hai nin dous días e semella xa un més), XENTE benderiana, Ribera del Duero, conversas dublineras que gardar coma un tesouro, -¿¿¿Eres un gallina McFly???-, e boa viaxe, pés confiados...

Esas Gazelle queren: Cork,Cork,Cork e Cork. Máis conversas das que importan, mais momentos C.T. Máis son todos os que estan e menos non estan todos... os que son???. Elas camiñan soas e non han parar por quen non quere camiñar, nin sequera por mín...


...Alguén ten gañas de camiñar???...

----------------
Now playing: Wir sind Helden-Du Erkennst Mich Nicht Wieder

02 janeiro 2008

Rater la vie est un droit inaliénable...


Imaxina que chegas as 10 da mañá á casa, saudas a túa nai mentres desaiuna, sentas un chisco a ver un documental de tiburóns brancos na televisión e despois do terceiro -¡¡¡joder!!!- de pura impresión comezas a sentir o sono.

Érgueste ás 3 e xa antes de ser consciente de que te atopas esperto maldís a ausencia de cromosomas de lirón no teu ADN. Sendo fillo único, cunha nai enferma e metida na cama e cun pai que comparte contigo o primeiro posto no ranking do ser menos festivo da casa, resulta comprensíbel e aceptábel que o día 1 de xaneiro sexa unha data a aborrecer, sumalle que non che gustan os comezos e que os cambios, malia que sexan de ano, danche unha mala espiña grande coma un Airbus, e tes o comezo dun mal día servido.

Pousas os pes no chan, abres as persianas, non demasiada luz, acendes o ordenador...Música... Almorzas unha mazá e un iogur con dúas galletas e logo decides que ese vaise converter no teu aporte total diario ó múseo das calorías. Poste diante da tele cunha infusión quentiña, e un ogro verde fai que poñas cara de parvo durante máis dunha hora. Cando remata, a túa nai agora ao teu carón, comenta que algúns planos semellan cadros...CLIC MENTAL...

Rastreas a estantería na busca de.......¡¡¡xa o tes!!!.......case que sen adeus, baixas ao refuxio fílmico habitual. Con urxencia e con presa. Decátaste a tempo e decides pospoñelo un chisco... antes algo máis trivial que logo non vas lembrar, pasa por diante dos teus ollos.

-----------------------------

Agora queres firmar un tratado de escravitude cos cambios que queres facer no novo ano por medo a non cumplilos e por primeira vez sorrís....

Se James Woods saíse nunha película miña poría na súa boca unha frase do tipo: "O mundo divídese en dous tipos de persoas: -As que viven a vida, as que teñen medo e non a viven e as que soñan a vida- " alguén lle respostaría:"- pero iso son tres tipos-", e o bo de Jim cheo de sabedoría remataría dicindo:"- Non, en absoluto, os que soñan a vida rematan espertando e vivindo, ainda que seña a ostias-".

-----------------------------
Lembrando aquel concurso tan particular de "Escoge un plano raro y te lo quedas" encabecei o post e lembrando algo que escribiu alguén máis sabio ca mín vouno rematar...

The judges said you missed it by a fraction
rise up and brace your troops for the attack
the dreamers ride against the men of action
see the men of action folding back.