19 dezembro 2007

Electricidade estática

Facer as compras de Nadal. Escasísimas este ano no que a doces se refire. Só dous vicios: mercar un "porro folar" porque agora, case sempre teño frío e estes días non melloraron nada a sensación. Cando tento quitarmo, á escuras na habitación despois de probalo, algo apégaseme nas costas coma unha man que me acariña a caluga... a ciencia chámalle electricidade estática... eu chámolle "motivo trivial para escribir un post Nº1"...

...Coma segundo vicio merquei tamén un par de novas gazelle negras e brancas coma as que adornan o principio deste post -alguén empregou ao animal que lles da nome, para describir metafóricamente o meu xeito de afrontar certas cousas- hoxe apuntan cara diante con gañas de cobrar todos os pasos cara atrais.

Esta semana houbo ledicias, decisións, sorpresas cumpreanos e casualidades dabondo coma para non reflexionar un chisco sobre elas. Aínda quedan outras por vir...

Un terceiro vicio: Chegoume de Madrid, e ten un gusto que non sei como calificar...a veces las circunstancias nos hacen insuperables... a veces los cielos nublados no pueden seguir siendolo... a veces, un gracias por hacerme menos Cándido o como tu dices más valiente, es todo lo que se me ocurre decir.
----------------
Now playing: The Gathering - My electricity

1 comentário:

Salmonero disse...

A correr a correr a correeeeeer!!!!