Comezou febreiro, e un xa está buscando unhas vacacións das vacacións. Este ano chegarán.
Aborrezo este mes, mais non sei moi ben cal é o motivo. Hoxe vai frío e ando a cavilar que isto no que me atopo agora é o primeiro remanso de quietude antes de continuar a subida. Coa escafandra chea de bafo, facendo descompresión de tempo, decisións, xentes, ausencias e presenzas e do resto de cousas que ben ordenadiñas e comprimidas en Mp3 caben nun CD. ¡Non sexa que o peso produza queixas!.

Comentouse nunha soa semana que ando: ben cáustico, ben non-respondón, incordiante, insoportábel, raro,irascíbel e incluso desaparecido ... Será, será. Quizais sinxelamente o home invísibel quere ser invísíbel un chisco máis e os botes de pintura nos que meter o pé atópalos en calquer parte.
Os tiburóns se non avanzan, non poden respirar e morren, e os tiburóns pasan a maior parte do tempo sos. Hai presenzas que comezan a apagárense, e un pico de soidade percorre veas que hai tempo que non a sentían e que pronto se axeitan ao seu fluir coma se de vellos coñecidos se tratase. Asubían a mesma canción, levan o mesmo paso e en pouco tempo hancho marcar a ti.
Penso, namentres leo Dracula; por primeira vez na súa lingua orixinal; que aceptar ser un estúpido Jonathan Harker dentro do castelo deste perverso Dracula de 29 días é o mellor que podo facer. Polo que acatarei as advertenzas e non ousarei durmir noutro sitio que non seña a habitación da miña confianza.
----------------
Now playing: The Gathering-Bad Movie Scene

2 comentários:
precisamente o que me gusta del é que asume o risco de ir durmir nunha habitación que non coñece. bonita histopria, a de stoker. ás veces boto de menos non ser un pouquiño máis coma jonathan, anque din que hai tempo pra todo, non si?
Noutra época do ano faría do castelo a miña casa...pero agora teño que lidiar co Conde e con Febreiro e xa non sei cal será peor. O que a mín me gusta de Harker é que a pesares de ser un monicreque á mercede doutros, sempre mantén as apariencias mais sempre pensa porqué, sempre pensa por qué????
Enviar um comentário