27 outubro 2008

Cinco cousas que facer antes de morrer

The Four Horseman of the Apocalypse-Albrecht Dürer

O señor Fre nominoume. O conto consiste en respostar a cinco preguntas; cinco cousas que facer se mañá rematara o mundo.

1.- ¿Qué canción escoitaría?

Estoume lembrando de Tyler e Marla collidos da man cos edificios estourando e caendo ó chan de fondo mentres soa o Where is my mind? dos Pixies. Se eu me atopase nesa situación non sei a quen querería coller da man, mais si sei que escoitaría Contradictorio de Bunbury mentres o planeta desaparece... esto es todo amigos...muchas gracias por su atención... que les vaya bien bonito!!.

2.- ¿Qué libro lería?

Supoño que queda moi pedante dicir que O Idiota de Dostoievski, pero é que leva case dous anos comigo e non me atrevo a abrilo, penso que non estou o suficientemente esperto como para desfrutalo. Se o mundo rematase tería unha escusa inevitábel.

3.- ¿Con quén falaría?

A mín cando me poño nervioso dáseme moi mal falar, así que supoño que simplemente quixera escoitar un chisco a cada unha das persoas insustituíbeis da miña vida.

4.- ¿Qué comería?

Unha ensalada de cóengos, lombarda, leituga iceberg e escarola con abrollos de soia, millo doce, cenoura raiada, atún, ourego, aceite de oliva virxe e vinagre balsámico de módena xunto a unha boa copa de Penedés.

5.- ¿Qué faría e que me quedaría por facer?

Supoño que non faría nada... quizais cantar. E por facer: visitar Praga, ver un grabado de Blake in situ, ver a Tool en concerto, mercar unha réflex dixital, dirixir unha longametraxe, atopar a Gretchen Ross, facer unha viaxe con ayahuasca, visitar algunha zona maia, ter sexo con ... supoño que isto non ten que ser interminábel... XD.


E BANG!!!! (sexan libres de sentírense feridos) :Emereci, Oko,Bender, Su, A,

----------------
Now playing (Como se rematase o mundo): Bunbury - Contradictorio
via FoxyTunes

Sem comentários: