Ser responsábel das cousas que un fai na vida é algo que aprendes renunciando a facer moitas outras cousas.
Así cando un deixa de ser responsábel convírtese nun fuxidor que perde todo o aprendido e aprende de todo o renunciado.
Se cadra o corolario é que perder todo é precisamente o comezo de non ser ningunha das dúas cousas. Diferente do que fuches, diferente do que estás sendo, e diferente do que mañá serás...
Cando era cativo as miñas atraccións favoritas eran as que daban voltas, por iso o meu corpo e cerebro están viciados de revolucións por minuto, así o meu sangue dixéronme, non sirve para doar, hai tempo que as miñas mans producen mareos a toda persoa que tocan, e as miñas verbas fuxen dando voltas antes sequera de comezar a soar, quizais por iso semella que falo sempre para a camisa.
O diaño aquel da warner tamén mudaba constantemente de sitio, quizais na procura dalgún lugar onde, se non as persoas cando menos as cousas foran a proba de furacáns...se cadra un paraíso deserto... Prepárase un gran salto ó chou...
...Abriráse unha oficina para damnificados, requírese soamente a Biodramina, o alcohol corre da miña conta...

----------------
Now playing: Lori Meyers - Luces de neón
via FoxyTunes
2 comentários:
unha declaración de intencións moi fernandiana... ¿ou fernandista?
ti sabes que o tempo pon a cada un no seu sitio. aínda cando semella que non dan pasados os minutos nin os días...
sexa paciente, my friend
Fernandiana, definitivamente...fernandista mellor que non fora ninguén.
Enviar um comentário