25 novembro 2010

Motivos para non ser Christopher Moltisanti

¡¡¡¡SE ALGUÉN NON VIU OS SOPRANO, AVISO SPOILERS!!!


Comezar o post da volta cun aviso sirveme para continuar coa explicación dos cambios de óptica: Sigo en Ubuntu co ordenador feito un cristo pero resiliente. Continuo desempregadísimo con 13 kilos de máis pero baixando e con actitude resiliente. Tamén desconfiado de todo e todos, tamén namorado pero impar mais desta vez coidando as emocións propias. E agora comezo a crear o silencio que me deixa pensar.

Hai xa uns cantos anos comezou o que hoxe todo o mundo coñece como o fenómeno das series, a idade de ouro da ficción estadounidense, para min comezaba un ano antes de marchar a Madrid cando me dei de fuciños contra o piloto de "Six feet under" na 2 de TVE as tantas da mañá. Da fascinación e curiosidade pasei ó estudio e asimilación do mesmo e o ano seguinte xa na capital, e a enfermidade, que logo seguiría con Lost e compañía, deu un paso adiante e continua hoxe en en día.

Nese momento convivía con ela na HBO outra serie da que todo o mundo falaba marabillas, "The sopranos". A temática xiraba arredor dunha familia de mafiosos , esta contaba empregando como fío conductor as visitas por parte do xefe, Tony, a unha psicóloga debido os ataques de pánico que sofre.

Pola miña parte sempre aborrecín a temática mafiosa, a día de hoxe non son quen de comprender como a xente celebra (coma se fosen un modelo “cool” de conducta) personaxes como as da triloxía do Padriño, animais amorais que non teñen capacidade para loitar contra o que as condicións sociais lles impoñen. É un feito , que a gran maioría da xente entende a Michael Corleone como un “triunfador” , cando realmente é un dos perdedores máis grandes da historia do cine. Entre a frase “a miña familia é así, eu non” a Kay, e as mentiras e a traición dos seus valores, atópase unha das caídas máis duras e arrepiantes ó inferno que xamais o cine contou. Se exceptuamos Apocalypse Now, unha película, onde o guión é arte e non un encargo de estudio, cunha trama urdida por un escritor mediocre como Mario Puzzo.

Así con estes antecedentes foi quedando esquecida e non foi ata o ano pasado cando tras un intercambio de consellos (Ti ves The Wire eu vexo os Soprano) con alguen fascinado coa historia desta familia italoamericana insistiu en que a vise, e con intención de aprender un pouco máis do tema, compartir opinións e se cadra desfrutala, comecei a viaxe.

-COMEZO SPOILERS-

6 tempadas despois: máis do mesmo.

Personaxes mesquiñas, un catálogo de animais do máis simple e elemental, que se moven soamente polo ben material e carentes do máis lene atisbo de humanidade. E outro adxectivo no que non repara ningun deles, completa, irremediable e patéticamente ignorantes da súa absoluta soidade. No medio deles Christopher Moltisanti.

O montante total de personaxes das 6 tempadas dos soprano non chegará os 100, seguramente menos, de todos eles a única coa que fun quen de sentir unha empatía (cuia orixe nunca souben entender) era él. O resto como moito inspiran compaixón e vergoña allea xunto con momentos de absurda comicidade.

Primo da muller do xefe, considerado coma un fillo por él e técnicamente a súa man dereita, o seu sucesor, o que Christopher entrega como sacrificio é a súa lealdade, polo camiño (tentando non contalo todo): dor, decepcións e a perda da posibilidade de medrar coma unha persoa normal lonxe do crime e a amoralidade da súa comunidade, e á fin todo o seu sacrificio non serve para nada. Quédome co momento de achegamento ficticio con Tony despois de roubar unhas caixas con viño, sentados os dous falando ¿¿¿dende o corazón???. E particularmente con él chorando dende o fondo da alma (cunha interpretación maxistral de Michael Imperioli) no coche despois de ser ridiculizado polos dous Tonys, Blundetto (Steve Buscemi) o o propio Soprano (Gandolfini) nunha situación que teño visto e sufrido moitas veces na vida real e que endexamais comprenderei.

-FINAL SPOILERS-

Onte namentres buscaba o silencio na piscina, o silencio trouxome o simil, entendín a empatía e un lume de rabia acendeuseme no peito... Comprender entón que podo chegar o límite mil veces e voltar máis forte. Comprender que eu non me rindo nunca e que así me veu marcado dende sempre, que caer nas rutinas egoístas dos demais e vender a túa alma ó que che pide o estómago, no canto de analizar en frío e tentar ser xusto, é un camiño a soidade absoluta. Comprender que podo entregar todo o que teño sen que a miña forma de ser morra, é asumir e valorar a miña resiliencia. As veces para comezar de novo nun sitio distinto, é dabondo con camiñar un chisco noutra dirección, con tal de non mirar atrais.

----------------

E gracias os xenios de tres cantos teño banda sonora para poñer en marcha este plan mellor:

Now playing: Vetusta Morla-Un plan mejor
via FoxyTunes


Sem comentários: