08 outubro 2015

Disque...

"Lucía levando a Dante á entrada do Purgatorio" William Blake- Ilustración para a Divina Comedia, Purgatorio, Canto IX, Dante Alighieri
"je suis comme je suis/je suis faite comme ça/que voulez-vous de plus/que voulez-vous de moi"

Disque agora son agresivo, que semello cabreado e que teño unha luz distinta na face, que non sei escoitar e que iso non me vai levar a ningures, disque me consideran "un tío listo", disque senon cambio non podo agardar que os demáis o fagan, disque darlle tantas voltas as cousas pode facer que perdas a cabeza, disque as cousas son así e pouco podemos facer, disque a xustiza na que eu creo non existe, disque esta peli non a vin porque non teño gañas, disque as anchoas non choran porque non teñen memoria de como remataron no centro dunha oliva.

"Full of broken thoughts/I cannot repair/Beneath the stains of time..."

Disque digo as cousas de xeito vehemente, penso que me custa demasiado sentirme escoitado, disque eu antes non era así, penso que menuda novidade...  

"...The feelings disappear/You are someone else/I am still right here" 

E despois do colapso gravitatorio...busco o equilibrio

Digo que teño que coller distancia, digo que mellor non estar que estar ó 0,1%, digo que teño que reorganizar este caos, digo que mellor asumir que patalexar, Sei que pouco a pouco teño que chegar a ser máis honesto comigo mesmo...

"My empire of dirt /I will let you down /I will make you hurt"

----------------
Now playing

11 novembro 2014



"Xa no verde 
engado un río
soño arrolado por un axóuxere marrón
e cando o azul,
leva a mellor parte de mín ;no peto;  
ao ningures onde todo nace
Deixome ir..."


05 outubro 2012

He perdido el norte, ahora viajo al sur...

axelfridell 

Recomezar (unha vez máis), afirmarse (unha vez máis) e formular un decálogo para non esquecer, 

1/Do meu xa me encargo eu non quero a túa opinión, grazas, 2/ Non ás persoas tóxicas e non a comulgar co seu fel, 3/ Tanto me das tanto terás, quédame moi pouco como para malgastalo, 4/ Postos a amañar algo, mellor comezar por un mesmo, 5/ Loita só polo teu réndete so co dos máis, 7/ Quen ri dunha paixón allea non ten paixón propia, 8/ Perder sen intentalo sequera, vale aínda menos que gañar, 9/Probar a quedarse no medio sempre que sexa posíbel, 10/Escoitar máis que falar.

----------------
Now playing

16 maio 2012

Gostaba de desaparecerse

judithslayingholofernes2
Gostaba de desaparecerse
da vida doutros
Gostaba de mirar ó norte
e non mirar cara atráis.

Paseniño botaba cálculos,
medía as distancias,
púñalle etiquetas os xeitos
en que lle eran postas.

Comezaba entón o baile
púxiles descoñecidos
que loitan
espoleados ó ring 
pola asiduidade.

O masoquismo era natural
unha regra inamovíbel
que definía a ecuación
e precisaba do comezo
como un adicto.

Postas confianza, esforzo, intelixencia e empatía
enriba da mesa, estrictamente nas cantidades posuídas.

Agardaba

Á fin coma todo alquimista,
coidaba de escarabellar na fonda
veta da dor
ata atopar ouro.

Entón gostaba de seguir a brúxula, cara ese lugar 
onde endexamais
voltaría escoitar o seu propio nome.
----------------
Now playing

05 março 2012

Quixera collerme a testa cas mans ...


laurence6-44391

Quixera collerme a testa cas mans
e arrolala coma un recén nacido.

Acougar o tempo e sentir
ca pel dos dedos o medo no seu interior.

Sobrevoar cas palmas núas,
o lugar onde quedou pechado
inmutábel xa
por sempre
(este xeito de pensar).

12 fevereiro 2012

Atópome ás veces preguntándome o porque desta furia...

blueletter

Non sei de onde apareceu isto, pero alégrome de que o fixese:

Atópome ás veces preguntándome o porque desta furia...

As verdades que desexabamos convertir en mentiras como adolescentes, veñen de visita como o mal presaxio que a nosa xuventude quixo isolar, facer incerto, inconcluso.

Mais o arquetipo, tantas veces anticipado toma forma.

Quedaron no camiño os ideais, as gañas, a ilusión e un bo anaco de toda a forza de vontade da que dispoñemos para o período que comprende un ciclo vital.

Non nos atopa a madurez, nostálxicos, nin mirando albumes de fotos en cor anos 80 e 90, con esa lene néboa que facía máis claro o noso ollar.

Resignados, vencidos, ca pel queimada, polas agora tépedas pingas de cerume que noutrora foron ás. Termos caído cando non o agardabamos, dificulta erguerse de novo. O labirinto segue sendo o mesmo, a certeza de que nalgún intre este noso minotauro será o vencedor agora é absoluta.

----------------
Now playing

Mad Season-River of deceit

22 março 2011

Onte prometínme...De Luns a Luns...

A falta do primeiro verso/ liña que nos dan os deuses aló imos... Descubrín que aínda me resta empatía dentro. Facebook veu para quedar e fagocitar toda a miña capacidade de escribir. Ver a Fincher dirixir nos extras de "The Social Network" é un curso avanzado de ter talento e saber empregalo ao teu favor, decateime sí, pero pasou de lonxe. Carecer de forza de vontade e motivacións non implica caer sempre nas dos demais. Namentres poida, teño que aproveitar a posibilidade de buscar eses dous meses completamente so, que me fan falla para mirarme darriba abaixo e prepararme para a responsabilidade. Respecto o meu xemelgo, mellor non facer promesas que non poidas cumplir, ceibalo é normal pero tendo sempre en conta que as rabuñaduras e os danos colaterais teño que tragalos eu. Analizar a actitude "acicate" e como a perciben os máis. Cando máis vello se vai máis dificil é sincronizarse cos demais. Eu que nunca me preocupo por nada, agora comezo a facelo.

Prometinme facelo todos os luns de hoxe en diante, sen foto, sen música, e comezo un martes...case todo vale...

25 novembro 2010

Motivos para non ser Christopher Moltisanti

¡¡¡¡SE ALGUÉN NON VIU OS SOPRANO, AVISO SPOILERS!!!


Comezar o post da volta cun aviso sirveme para continuar coa explicación dos cambios de óptica: Sigo en Ubuntu co ordenador feito un cristo pero resiliente. Continuo desempregadísimo con 13 kilos de máis pero baixando e con actitude resiliente. Tamén desconfiado de todo e todos, tamén namorado pero impar mais desta vez coidando as emocións propias. E agora comezo a crear o silencio que me deixa pensar.

Hai xa uns cantos anos comezou o que hoxe todo o mundo coñece como o fenómeno das series, a idade de ouro da ficción estadounidense, para min comezaba un ano antes de marchar a Madrid cando me dei de fuciños contra o piloto de "Six feet under" na 2 de TVE as tantas da mañá. Da fascinación e curiosidade pasei ó estudio e asimilación do mesmo e o ano seguinte xa na capital, e a enfermidade, que logo seguiría con Lost e compañía, deu un paso adiante e continua hoxe en en día.

Nese momento convivía con ela na HBO outra serie da que todo o mundo falaba marabillas, "The sopranos". A temática xiraba arredor dunha familia de mafiosos , esta contaba empregando como fío conductor as visitas por parte do xefe, Tony, a unha psicóloga debido os ataques de pánico que sofre.

Pola miña parte sempre aborrecín a temática mafiosa, a día de hoxe non son quen de comprender como a xente celebra (coma se fosen un modelo “cool” de conducta) personaxes como as da triloxía do Padriño, animais amorais que non teñen capacidade para loitar contra o que as condicións sociais lles impoñen. É un feito , que a gran maioría da xente entende a Michael Corleone como un “triunfador” , cando realmente é un dos perdedores máis grandes da historia do cine. Entre a frase “a miña familia é así, eu non” a Kay, e as mentiras e a traición dos seus valores, atópase unha das caídas máis duras e arrepiantes ó inferno que xamais o cine contou. Se exceptuamos Apocalypse Now, unha película, onde o guión é arte e non un encargo de estudio, cunha trama urdida por un escritor mediocre como Mario Puzzo.

Así con estes antecedentes foi quedando esquecida e non foi ata o ano pasado cando tras un intercambio de consellos (Ti ves The Wire eu vexo os Soprano) con alguen fascinado coa historia desta familia italoamericana insistiu en que a vise, e con intención de aprender un pouco máis do tema, compartir opinións e se cadra desfrutala, comecei a viaxe.

-COMEZO SPOILERS-

6 tempadas despois: máis do mesmo.

Personaxes mesquiñas, un catálogo de animais do máis simple e elemental, que se moven soamente polo ben material e carentes do máis lene atisbo de humanidade. E outro adxectivo no que non repara ningun deles, completa, irremediable e patéticamente ignorantes da súa absoluta soidade. No medio deles Christopher Moltisanti.

O montante total de personaxes das 6 tempadas dos soprano non chegará os 100, seguramente menos, de todos eles a única coa que fun quen de sentir unha empatía (cuia orixe nunca souben entender) era él. O resto como moito inspiran compaixón e vergoña allea xunto con momentos de absurda comicidade.

Primo da muller do xefe, considerado coma un fillo por él e técnicamente a súa man dereita, o seu sucesor, o que Christopher entrega como sacrificio é a súa lealdade, polo camiño (tentando non contalo todo): dor, decepcións e a perda da posibilidade de medrar coma unha persoa normal lonxe do crime e a amoralidade da súa comunidade, e á fin todo o seu sacrificio non serve para nada. Quédome co momento de achegamento ficticio con Tony despois de roubar unhas caixas con viño, sentados os dous falando ¿¿¿dende o corazón???. E particularmente con él chorando dende o fondo da alma (cunha interpretación maxistral de Michael Imperioli) no coche despois de ser ridiculizado polos dous Tonys, Blundetto (Steve Buscemi) o o propio Soprano (Gandolfini) nunha situación que teño visto e sufrido moitas veces na vida real e que endexamais comprenderei.

-FINAL SPOILERS-

Onte namentres buscaba o silencio na piscina, o silencio trouxome o simil, entendín a empatía e un lume de rabia acendeuseme no peito... Comprender entón que podo chegar o límite mil veces e voltar máis forte. Comprender que eu non me rindo nunca e que así me veu marcado dende sempre, que caer nas rutinas egoístas dos demais e vender a túa alma ó que che pide o estómago, no canto de analizar en frío e tentar ser xusto, é un camiño a soidade absoluta. Comprender que podo entregar todo o que teño sen que a miña forma de ser morra, é asumir e valorar a miña resiliencia. As veces para comezar de novo nun sitio distinto, é dabondo con camiñar un chisco noutra dirección, con tal de non mirar atrais.

----------------

E gracias os xenios de tres cantos teño banda sonora para poñer en marcha este plan mellor:

Now playing: Vetusta Morla-Un plan mejor
via FoxyTunes


17 agosto 2010

Día mundial dos blogues mortos

Pantallazo-1

21 de decembro de 2009 : á volta de praga. 23 de maio de 2010: a piques de facer os 27...salto temporal co que todo apunta ó peche.

Nesta supervivencia en Ubuntu Live nun ordenador que; cheo de virus, non quere cargar Windows, atopei hoxe a metáfora que xa me plantexara hai un tempo e vólvese recurrente hoxe. Se cadra falo de mi mesmo, desempregadísimo, con 13 kilos de máis, desconfiado de todo e todos, namorado pero impar, sen gañas mais que do burato na terra, a pedra de riba e un silencio que me deixe pensar.

Revisito o escrito dende o 2005, e atopo as mesmas augas nas que me afundo hoxe, e algunha novas, esperanzas postas onde non pagaba a pena, preocupacións por quen non as merece, e ideas que hoxe non se teñen en pé. Madurar ten que ser a capacidade de aceptar que hai algunhas cousas que tes obrigatoriamente que cambiar e outras que non poderás mudar endexamáis.

Chega xa de agardar que o mundo se poña a xirar do revés, de agardar que sexas quen de aturar a alguén máis de 48 horas seguidas, de agardar que che mude a voz, de agardar polo pequeno refuxio onde te agochar dos que non entenden nada por moi preto que anden, desa vida futura que te agarda trala porta que non queres abrir, por medo, a perder os cadáveres dos soños que xa apodrecidos arrolas ignorante...

Outros caeron polo camiño e xa non postean nada, eu agardo polo inverno, pola mesma historia, nostálxico, preguntándolle ó po en qué lugar lonxano naceron estes átomos tristes que me compoñen...

Non penso publicar nada máis ata que isto non cambie, nunca antes me sentira así: O único que quero é marchar, estourar ben lonxe daquí e comezar de novo sen mirar ó que foi... sexa o que sexa Ata sempre.
----------------
Now playing: Zahara- Pregúntale al polvo
via FoxyTunes

23 maio 2010

Tiemblan mis cimientos rotos tras el terremoto está todo hecho trizas



"De haberlo sabido habría sido distinto, lo dudo./ Quizás esto no tiene remedio,/ ha empezado el funeral."

Poucas veces sentín tanto noxo de ser como son... Cando nin sequera o eco ten tempo de escoitar, acostumas a falar só. Cando dou, ninguén quere, cando non das todo o mundo pide e queixase. Ti estás preto, ti lonxe, ti nin sequera estás, como cando escollíamos os equipos no colexio, deixando ós peores xogadores para o final. Somentes pensar en ter que facelo dame ganas de vomitar.

"Ahora que sé como hacerlo tú no quieres escuchar."

A culpa tamén é miña. Das ausencias que son a miña sinatura xa estou facendo propósito de emenda. Se cadra non é máis que unha perrencha de cativo con antollos. Se cadra os pequenos egoísmos dos demais saénlles igual de caros a eles que a ti. Se cadra a empatía da que sempre presumo comece a se atrofiar en canto se afasta do que me convén.

A felicidade é para outros, a mín chegame con non sentirme baleiro. Falas, consultas, preguntas ós que saben, ós que por xenética se lles vai algo no asunto, e están no mesmo sitio. O mellor coma naquela canción dos piratas é reiniciar. Polo de pronto emigrar da responsabilidade e atopar unha propia, facerlle caso ó covarde que me dí: ...

"Con la sensación de haber hecho demasiado/ y sin embargo, sentir que todo en vano."

...quero marchar de aquí...

21 dezembro 2009

Change is hard I should know...

IMGP3551

"4 días en Praga non amañan un ano e medio na parra..."


----------------
Now playing: She & Him- Change is hard

08 novembro 2009

Blame it all upon a rush of blood to the head...

Romola garai in Emma

"..."El hombre en la opulencia no comprende, se asemeja a las bestias mudas", así lo considera David: un monstruo debido a una maravillosa metamorfosis, un zorro, un perro, un cerdo, ¿y que no? ¡ Cuan distinto de lo que era antes! Antes era bienaventurado y feliz; ahora, miserable y maldito."

Robert Burton- Anatomía de la melancolía-

A medio camiño entre posts doutros e os máis de 1800 días sen summer, neither autumn nor winter nor spring, un descarrila...

Logo de aborrecer a propia indiferencia, logo de insomnios, ataques de ansiedade, corazóns xeados a bater a ritmo de medo, médicos que recetan gañas e esforzo, voltámos o principio de ningunha parte, coma un gato no medio da rúa...

...Non hai nada peor que un cínico ex-romántico que xa non sabe como se sinte...
----------------
Now playing: Coldplay - A Rush of Blood to the Head
via FoxyTunes

06 outubro 2009

...Como huir cuando no quedan islas para naufragar???...

rivera-flores-1925-oleo

E a mín non me gusta especialmente Sabina...nin a canción da moza esa de cara redonda que soaba nos anuncios da volta ciclista...

Hai dúas versións da mesma canción...pero supoño que sempre me fixo gracia pensar en Sabina escribindo con voz de muller... a primeira vez que a escoitei foi na voz de Ana Belén moi de opereta, a segunda xa na voz dun Don Joaquín post-marichalazo que fai o que pode coa voz medio morta que lle quedou... quédome coa terceira... agora sei que son os dous de Úbeda...

Penso neses "peces de ciudad", penso nas "agallas" perdídas, e penso que non merezo nadar. Penso en Macondo e non sei por que en Frida Kahlo e Rivera.

Bágoas con tortilla e ensalada de tomate en papel de cociña... canto custa algo tan sinxelo como respirar...Hoxe se me morreron dúas cousas...Unha xa me doe menos...a outra ten moito que apodrecer.
----------------
Now playing: Zahara - Peces de ciudad
via FoxyTunes

04 setembro 2009

O soño dunha noite de final de verán

Corvo

"Onte soñei unha vez máis...

Hai insectos a comerense pouco a pouco os mobles da habitación onde paso as noites nas que non durmo, cheas dos prodixios dos irmáns Lumière, a escuras, e a 25 fotogramas por segundo.

...No chan da cociña hai un corvo (cheo de medo) batendo lenemente as ás . Tento recollelo do chan cas mans (cun segredo medo) a que me manque, pero vexo cando miro os seus ollos, e sei que él tamén o ve cando olla os meus (o medo), e entón acouga...

Esta semana queimeime as mans varias veces. As queimaduras son as feridas máis curiosas, doen moito ó comezo e buscamos alivio a esa dor con desasosego e urxencia, (xeo e auga fría din os que saben). Logo a dor esváese e só cando tocamos a ferida nos lembramos dela. A marca física fica formando pústulas sobor da pel bermella. Creo que lembro o día en que decidín deixalas estar...

...Co corvo nas mans, abro a fiestra da cociña, fora unha branca gaivota repousa sobor do alféizar, nos seus ollos violencia, fereza e animadversión, dalgún xeito sei que ceibar o corvo suporá un dano terríbel para el, e non podo facelo...

...Nun Entroido cando era ben cativo, o fume de pólvora dun petardo queimoume a man. Pasei toda a noite chorando e queixándome sen parar, nin o pano con xeo, cheo de cores, puido aliviarme. E apertando o pulso ata deixarme sen circulación pasei a noite enteira sen durmir. O día seguinte só quedaba a marca, a dor desaparecera.

...Vexo unha vez máis o medo afundido na negrura dos seus ollos, e sinto como pasa a través de mín, fora as gaivotas estouran en berros que arrepían...

Entón esperto e decátome de que estaba a durmir.

"...Nobody said it was easy,/No one ever said it would be so hard./I'm goin' back to the start..."
----------------
Now playing: Coldplay - The Scientist
via FoxyTunes

17 agosto 2009

Onirismo II

Antonio Lopez-Madrid desde torres blancas

"Onte soñei con Madrid... e que era libre de novo"

----------------
Now playing: A Perfect Circle - The Package
via FoxyTunes

09 agosto 2009

I want to be someone who believes...

2666

"... -El libro es mío-dijo-, yo se lo he prestado.

-Es increíble- dijo Morini-, qué casualidad.
-Pero naturalmente yo no lo he leído, no sé alemán.
Espinoza le preguntó por qué motivo, entonces, lo había comprado.

-Por la portada- dijo Johns-. Trae un dibujo de Hans Wette, un buen pintor. Por lo demás -dijo Johns-, no se trata de creer o no creer en las casualidades. El mundo entero es una casualidad. Tuve un amigo que me decía que me equivocaba al pensar de esta manera. Mi amigo decía que para alguien que viaja en un tren el mundo no es una casualidad, aunque el tren esté atravesando territorios desconocidos para el viajero, territorios que el viajero no volverá a ver nunca más en su vida. Tampoco es una casualidad para el que se levanta a las seis de la mañana muerto de sueño para ir al trabajo. Para el que no tiene más remedio que levantarse y añadir más dolor al dolor que ya tiene acumulado. El dolor se acumula, decía mi amigo, eso es un hecho, y cuanto mayor es el dolor menor es la casualidad..."



Casualidades... Ouro e mercurio, de dúas a tres, de tres a ningures e a outras tantas, -Laura di que ¡¡¡Vaia lona!!!-, recuncho no Milk un xoves pola noite, matucolas mentres fumo como Poicard co final dun o principio doutro, barba de mes e medio para que ninguén che adeviñe o xesto, as dúas Lorelais das que falamos (a de Heine non conta), festas e cumpreanos de corpo presente e demasiado (pouco) /corasón/... Pelletier e Espinoza, Morini e Liz Norton, Mr. Jones and me, 100 ¡¡Déixame en Paz!! por día... máis puta que a Deneuve en Belle de jour, ¡¡¡Tanto me ten, como lle dixo Mario a Luigi despois de coller o cogumelo verde...Búscate a vida!!!, querido Black Hole Sun I can´t see God in the numbers 192.168... Fuck, Fuck, Fuck... Godot e Beckett agardan por min para ir a feira do libro... and my youth I pray to keep???... eu non a quero, queda con ela rapaz, descompresións canceladas, record guinnes de decepcións propias e alleas, economía da amizade, prefiro "Vetusta Mierda" que morrer axeonllado, Doña Asunción dicíndome: "non máis neno, que lles teño medo". Navego xunto a Bolaño a piques os dous de morrer de urxencia, a quen non lle reine esta singradura xa sabe o que facer...don't look back in anger I hear you say...máis ben poucas

----------------
Now playing: Counting Crows - Mr. Jones
via FoxyTunes

29 junho 2009

Tengo el viejo trono de un rey y ahora sólo soy bufón...

Victoria de Samotracia

É sinxelo esquecer o propósito polo cal comezamos algunhas cousas...

"...Hai por aí unha historia que conta que Miguel Anxo foi cuestionado nunha ocasión pola cualidade que facía dunha escultura algo único... el respostou que se arroxáramos dita escultura monte abaixo, ó chegar abaixo só as partes que quedaran intáctas serían importantes..."

É sinxelo tamén; quizais de máis, vivir dacordo a tres (á postre mesquiñas, estupidas e autoimpostas) regras, baixo as que se refuxiar sen molestarse en escoitar nada ou a ninguén máis.

"...Teño un amigo que recentemente comparte esa preocupación de espírito miña tan recurrente, que divide a un entre irse ou permanecer nun sitio despois dunha "Gran Ostia"... ás oito da mañá e atravesando xunglas, un pode atopar verdades onde todo o demais apunta a unha conversa "bizantina"...

...Pascal dicía que o corazón ten razóns que a razón non coñece... A razón é como a gravidade e as máis das veces cae polo seu propio peso, as razóns do corazón pola contra implican un esforzo por escoitar. E veleiquí que as tres putas regras aparecen coma un traxe de indiferencia e comodidade; que como calquera advirte, non che senta nada ben...

...As cousas importantes son unha mestura entre reciprocidade e reflexividade que a miudo se perden de vista entre copa e copa."

O propósito ou razón que so o corazón coñece; polo cal comezamos algunhas cousas, agocha a pesares da distancia o feito de que non podemos vivir sen elas...

Monte abaixo, arrodeado de ruinas inservíbeis. O realmente complicado é comezar a subir de novo a ese cumio onde che agarda un enorme e arrepiante bloque de mármore vírxe onde comezar unha vez máis, dende o principio a esculpir...a escribir... a vivir.
----------------
Now playing: Vetusta Morla - Autocrítica
via FoxyTunes

20 maio 2009

Santori Time II

Santori Time

"Que el río me conteste
...yo quiero que me cuente que
don sirvió al antepasado y que maldición lego al
decendiente"

O verán pasado comezou ben... deixou un pouso bo que agora se ve lonxe, aínda queda un cacho para que chegue o deste ano e xa turro por él cara mín, grao a grao imos organizando unha praia baleira no maxín.

Non somos culpábeis de como nos fan... carecer de coraxe e admitilo tamén ten que supor posuilo nalgun grao... Fuxindo cara diante cos ollos pechados... Sentindoo xa polo que me leve por diante... "tentando repetir tempos estivais pasados á soma dos carballos na montaña lucense, cando aínda soaba algo baixo as miñas costelas."

"...I now walk into the wild"

----------------

06 maio 2009

The city sunset over me...

Juan Florez 5

"Can you hear them?
/The helicopters/I'm in New York..."


Vale... isto non é Nova Iorke. Vale... isto non é Manhattan. Dificilmente Juan Flórez pode soar tan exótico coma a 5th Avenue. Mais as historias acontecen (ó contrario do que eu pensaba) importando pouco tanto contextos coma lugares... e durante o que lle resta a este fillo de puta en potencia vou apostar polas persoas...

"You met me/I think it's Wednesday/The evening/The mess we're in..."

...Trátase de coller un tren cara a ningures, montar e saír despedido antes de chegar a ninguna estación. Xa en ningures, Trátase de durmir baixo o sol dunha vez, trátase dos veráns que quedaron aló e que aló teñen que quedar, trátase de non deixarse ir e non deixar os demais irse.

O importante é: facer máis e falar menos. Renegar do capitalismo de edredón porque a necesidade descubriuse coma unha divisa ben pobre...

"...Night and day/I dream of/Making love/To you now baby/Love making/Onscreen/Impossible dream..."

As epifanías ocorren cando non as agardas; nun velorio de completos descoñecidos onde perdiches máis do que pensas, ou nesa metáfora das caras dunha moeda que son os Oncolóxicos onde as faces longas e os choros, contrastan cos sorrisos que ti estas disposto a sacar dese ningures onde te deixou aquel tren...

A terceira vai a vencida... e vencido me sínto...as despedidas quedan sempre mellor en canción...

"...What were you wanting? /I just wanna say/Don't ever change now baby/and thank you/I don't think we will meet again..."

Exercítome diante do espello ata ser quen de admitir que "...no volverás a ver, la mirada triste, del chico que observaba el infinito".
----------------
Now playing: PJ Harvey - The Mess We're In
via FoxyTunes

29 março 2009

Y sólo tengo miedo de mi propia vida...

Dr Manhattan Mars
"8-3-09 /8:32

Comezo a coñecer a composición do monstro... non sei se aprenderei ou serei quen de voltar a comezar... pero si sei das súas franquezas... así é máis doado gañar unha discusión... Non é Annabel, mais é algo que comeza a empregar os mesmos mecanismos..."

Na superficie de Marte, Jon Osterman deixa caer unha fotografía...Eu pernocto orbitando cos ollos abertos tubularmente a través do Trópico de Cáncer... a luz dun sentimento chega agora a terra... anos luz despois da súa morte...

La Motta cae á lona despois do primeiro golpe e desta vez non quere erguerse de novo... un segundo despois Alexander Supertramp morre. Unha vez a dor se esvae é Cris o que morre...Mateo Blanco, digo Harry Caine, digo Lluís acariña na pantalla a imaxe de Lena, digo Penélope... eu esnaquizo unha parada de autobús para quedarme co cartel... digo, eu miro unha parada de autobús pensando no cartel...

Canto máis se achega a queimadura, da que só vexo asomando, os espellos azuis, por entre o medio dos estúpidos cadáveres, máis se alonxa a chama... un segundo despois e por cuarta vez, somos xa completos descoñecidos... anos luz despois da súa morte...a luz dun sentimento chega agora a terra... o que foi un planeta xa non existe... o Dr Manhattan marchou hai tempo...

"28-03-09/ 7:43

"Trato de encontrar una salida/Pero no recuerdo ni por dónde hemos entrado aquí/y contemplo junto a mí el cadaver del que fui,según tú, en una ocasión..."

Voltar a ser Calci-Fer de novo... non dar a ninguén máis do que mereza... porque se alguén pensa que hai algo máis, é aínda máis estupido do que son eu mesmo..."

----------------
Now playing: Nacho Vegas - El ángel Simón
Now playing: Nacho Vegas - Ocho y medio
via FoxyTunes