01 outubro 2007

Grow Grow Grow

Quen me coñece sabe que máis da metade da música que escoito ven sendo rock'n'roll dende o máis duro áspero e bestial ata as máis melódicas variantes, mais tamén posuo unha debilidade por certas músicas algo menos estandarizadas, isto a parte dos meus pais sofreno moitos outros. Cando recentemente escoito que PJ Harvey, un dos meus descubrimentos capitolinos, prepara un disco acompañada sómentes de piano, dubido se me paga a pena mercalo, baixalo ou sequera escoitalo. Hoxe co Cd soando aquí xunto a mín, arrastro comigo melodías, arpexios sutís e eses berros cativos en falsete que non son tal. Repaso as páxinas do libreto, na portada unha artista de branco impoluto Polly Jean Harvey. Non hai máis: Xiz branca .

Non hai moito pensei que hai máis rock'n'roll no Di quella pira (Cando o interpreta o seu lexítimo dono) que na discografía enteira de moitos grupos que viven de dicir que fan rock no canto de tocalo.

...Tamén hai moitas máis viaxes en Grow Grow Grow das que me daría tempo a facer en todalas miñas vidas. Ignorade o cacarexo gavacho da moza e escoitade a beleza que se pode arrincar da austeridade:

"Teach me how to grow...."

24 setembro 2007

Una herida mortal, por cada momento de gloria...



Despedimos o verán, Despedimos voces, ollos e verbas, Despedimos a Bender, Despedimos familia e un milleiro de cousas máis...

Din por aí que unha dinamo debe de xirar a 1.500 r.p.m para xerar unha corrente de 230 voltios. A miña cabeza ao longo do día xira máis dun trillón de veces e segue sen xerar demasiada enerxía. Hai quen dí que este foi un verán sen pés nin cabeza. Eu prefiro pensar que este foi un verán ao que non lle aplicamos pés e moito menos cabeza.

Despois da volta do meu suntory time, trouxen unhas cantas intencións e algunha que outra foto coma a que adorna este post. Paso a paso e a ritmo de flamingos (decadente pero con elegancia) vou soterrando Lady Blues amarrado a un mastil de espiño con tapóns de cera nos oídos, digo máis a miudo que , Non me fío xa de ninguén que se ofreza coma un bastón para o corazón, e conto One,two,Three antes de comenzar a plantexarme a idea de comezar a comezar a pensar en atoparnos Entre San Cosme e San Damián.

No medio quedanme moitas parvadas, estupideces, saídas de tono e momentos de ego saturado, que agardo que a xente que comparte o seu tempo comigo seña quen de aturar. Rogo un perdón adiantado e invito a non ter medo a darme unha ostia ben dada no momento oportuno desas que sempre me gustou recibir, porque son mellores que todolos libros de Jorge Bucay xuntos.

Vou rematar con dúas citas:

"Otra ráfaga de viento de Idaho, esta vez fuera del coche.//El viento que entra por las ventanillas es un suspiro. Profundo y rápido. El modo en que se te corta la respiración. Antes de que ocurra algo. No puedes hacer nada para deternerlo.//Al exhalar me arrellano en el asiento//Amé tanto a Dios en ese momento."

...
e un guiño ao señor Bender máis C.T que nunca:

"I thought what I'd do was, I'd pretend I was one of those deaf-mutes. That way I wouldn´t have to have any goddam stupid useless convesations with anybody..."

01 setembro 2007

One more medicated peaceful moment...


"Metaphor for a missing moment
Pull me in to your perfect circle..."

Querido amigo invisíbel: eu son o home invisíbel...

"...And from pulling you down with me here,
I can almost hear you scream..."

Querida forza de vontade: Ves de visita ou pensas quedar?

"...Snip away and sever this

Umbilical residue..."

Querida tristeza: Onde imos parar...?

-É triste querer máis á cancións que as persoas.-

"...Keeping me from killing you"

28 agosto 2007

En fín...


Ás veces o futbol amosa por sí mesmo o pouco importante que é...

27 agosto 2007

I´m going through changes...

Xa sei que entre outras cousas prometín non facelo, pero polo dagora voume limitar ao de barbearme con asiduidade e non quitarei ollo aos furacáns...

Hai un més dicía que este verán traía consigo mil outonos... quen ía sospeitar que no medio se poden colar un par de invernos... e unha primavera coa que non sei que facer!...

A Xente vai e ven, marcha e volta, un servidor... xulgándose/entre unha cartográfica conxunción de liñas paralelas, e véndose alleo, lonxano. -¿Non che gustan os cambios?- tenta parar ese trailer repleto deles que está facendo soar un claxon atronador ás túas costas...

Tranformar este garabato grafiteiro, pesimista e amargado noutra cousa non me corresponde a mín...


17 agosto 2007

Noites toledanas


E a xente pregunta: E qué estás facendo?... Non traballas?....
"...Y yo no sé qué contestar..."

80 páxinas e subindo, as véces non sei se realmente sofren eles máis ca mín. Qué facer con 24 anos e un borrador de longametraxe?... Cidadan Kane??... Mágoa de non chamarme Orson...

Namentres agardo á sombra da miña pedra.

11 agosto 2007

Estados de ánimo


Lembreime hoxe de Benedetti, non sei se no medio deses pasos de peóns que atraveso en vermello ou co ollar perdido entre a xente coma sempre...

"...Pero hoy me siento apenas
como laguna insomne
con un embarcadero
ya sin embarcaciones...


Lembreime do libro negro, lembreime do marcapáxinas coa rá dourada (agasallo dos meus pais), lembreime barbeándome, auga fría, e alguen máis, a non se reflexar no espello...

...una laguna verde
inmóvil y paciente
conforme con sus algas
sus musgos y sus peces.


Lembreime do libro negro no fondo do estante, lonxe da miña vida. Lembreime do marcapáxinas da rá dourada que endexamais o abandonou. De barbearme... xa casenunca me lembro. Pregunteilles ao libro e á rá dourada...


...sereno en mi confianza
confiando en que una tarde...
te acerques y te mires,
te mires al mirarme."


...E tamén eles se lembran...