O señor
Fre nominoume. O conto consiste en respostar a cinco preguntas; cinco cousas que facer se mañá rematara o mundo.
1.- ¿Qué canción escoitaría?Estoume lembrando de
Tyler e
Marla collidos da man cos edificios estourando e caendo ó chan de fondo mentres soa o
Where is my mind? dos Pixies. Se eu me atopase nesa situación non sei a quen querería coller da man, mais si sei que escoitaría Contradictorio de Bunbury mentres o planeta desaparece...
esto es todo amigos...muchas gracias por su atención... que les vaya bien bonito!!.
2.- ¿Qué libro lería?Supoño que queda moi pedante dicir que O Idiota de Dostoievski, pero é que leva case dous anos comigo e non me atrevo a abrilo, penso que non estou o suficientemente esperto como para desfrutalo. Se o mundo rematase tería unha escusa inevitábel.
3.- ¿Con quén falaría?
A mín cando me poño nervioso dáseme moi mal falar, así que supoño que simplemente quixera escoitar un chisco a cada unha das persoas insustituíbeis da miña vida.
4.- ¿Qué comería?
Unha ensalada de cóengos, lombarda, leituga iceberg e escarola con abrollos de soia, millo doce, cenoura raiada, atún, ourego, aceite de oliva virxe e vinagre balsámico de módena xunto a unha boa copa de Penedés.
5.- ¿Qué faría e que me quedaría por facer?Supoño que non faría nada... quizais cantar. E por facer: visitar Praga, ver un grabado de Blake in situ, ver a Tool en concerto, mercar unha réflex dixital, dirixir unha longametraxe, atopar a Gretchen Ross, facer unha viaxe con
ayahuasca, visitar algunha zona maia, ter sexo con ... supoño que isto non ten que ser interminábel... XD.
E BANG!!!! (sexan libres de sentírense feridos) :
Emereci,
Oko,
Bender,
Su, A,
----------------
Now playing (Como se rematase o mundo):
Bunbury - Contradictoriovia FoxyTunes