11 novembro 2014



"Xa no verde 
engado un río
soño arrolado por un axóuxere marrón
e cando o azul,
leva a mellor parte de mín ;no peto;  
ao ningures onde todo nace
Deixome ir..."


05 outubro 2012

He perdido el norte, ahora viajo al sur...

axelfridell 

Recomezar (unha vez máis), afirmarse (unha vez máis) e formular un decálogo para non esquecer, 

1/Do meu xa me encargo eu non quero a túa opinión, grazas, 2/ Non ás persoas tóxicas e non a comulgar co seu fel, 3/ Tanto me das tanto terás, quédame moi pouco como para malgastalo, 4/ Postos a amañar algo, mellor comezar por un mesmo, 5/ Loita só polo teu réndete so co dos máis, 7/ Quen ri dunha paixón allea non ten paixón propia, 8/ Perder sen intentalo sequera, vale aínda menos que gañar, 9/Probar a quedarse no medio sempre que sexa posíbel, 10/Escoitar máis que falar.

----------------
Now playing

16 maio 2012

Gostaba de desaparecerse

judithslayingholofernes2
Gostaba de desaparecerse
da vida doutros
Gostaba de mirar ó norte
e non mirar cara atráis.

Paseniño botaba cálculos,
medía as distancias,
púñalle etiquetas os xeitos
en que lle eran postas.

Comezaba entón o baile
púxiles descoñecidos
que loitan
espoleados ó ring 
pola asiduidade.

O masoquismo era natural
unha regra inamovíbel
que definía a ecuación
e precisaba do comezo
como un adicto.

Postas confianza, esforzo, intelixencia e empatía
enriba da mesa, estrictamente nas cantidades posuídas.

Agardaba

Á fin coma todo alquimista,
coidaba de escarabellar na fonda
veta da dor
ata atopar ouro.

Entón gostaba de seguir a brúxula, cara ese lugar 
onde endexamais
voltaría escoitar o seu propio nome.
----------------
Now playing

05 março 2012

Quixera collerme a testa cas mans ...


laurence6-44391

Quixera collerme a testa cas mans
e arrolala coma un recén nacido.

Acougar o tempo e sentir
ca pel dos dedos o medo no seu interior.

Sobrevoar cas palmas núas,
o lugar onde quedou pechado
inmutábel xa
por sempre
(este xeito de pensar).

12 fevereiro 2012

Atópome ás veces preguntándome o porque desta furia...

blueletter

Non sei de onde apareceu isto, pero alégrome de que o fixese:

Atópome ás veces preguntándome o porque desta furia...

As verdades que desexabamos convertir en mentiras como adolescentes, veñen de visita como o mal presaxio que a nosa xuventude quixo isolar, facer incerto, inconcluso.

Mais o arquetipo, tantas veces anticipado toma forma.

Quedaron no camiño os ideais, as gañas, a ilusión e un bo anaco de toda a forza de vontade da que dispoñemos para o período que comprende un ciclo vital.

Non nos atopa a madurez, nostálxicos, nin mirando albumes de fotos en cor anos 80 e 90, con esa lene néboa que facía máis claro o noso ollar.

Resignados, vencidos, ca pel queimada, polas agora tépedas pingas de cerume que noutrora foron ás. Termos caído cando non o agardabamos, dificulta erguerse de novo. O labirinto segue sendo o mesmo, a certeza de que nalgún intre este noso minotauro será o vencedor agora é absoluta.

----------------
Now playing

Mad Season-River of deceit

22 março 2011

Onte prometínme...De Luns a Luns...

A falta do primeiro verso/ liña que nos dan os deuses aló imos... Descubrín que aínda me resta empatía dentro. Facebook veu para quedar e fagocitar toda a miña capacidade de escribir. Ver a Fincher dirixir nos extras de "The Social Network" é un curso avanzado de ter talento e saber empregalo ao teu favor, decateime sí, pero pasou de lonxe. Carecer de forza de vontade e motivacións non implica caer sempre nas dos demais. Namentres poida, teño que aproveitar a posibilidade de buscar eses dous meses completamente so, que me fan falla para mirarme darriba abaixo e prepararme para a responsabilidade. Respecto o meu xemelgo, mellor non facer promesas que non poidas cumplir, ceibalo é normal pero tendo sempre en conta que as rabuñaduras e os danos colaterais teño que tragalos eu. Analizar a actitude "acicate" e como a perciben os máis. Cando máis vello se vai máis dificil é sincronizarse cos demais. Eu que nunca me preocupo por nada, agora comezo a facelo.

Prometinme facelo todos os luns de hoxe en diante, sen foto, sen música, e comezo un martes...case todo vale...

25 novembro 2010

Motivos para non ser Christopher Moltisanti

¡¡¡¡SE ALGUÉN NON VIU OS SOPRANO, AVISO SPOILERS!!!


Comezar o post da volta cun aviso sirveme para continuar coa explicación dos cambios de óptica: Sigo en Ubuntu co ordenador feito un cristo pero resiliente. Continuo desempregadísimo con 13 kilos de máis pero baixando e con actitude resiliente. Tamén desconfiado de todo e todos, tamén namorado pero impar mais desta vez coidando as emocións propias. E agora comezo a crear o silencio que me deixa pensar.

Hai xa uns cantos anos comezou o que hoxe todo o mundo coñece como o fenómeno das series, a idade de ouro da ficción estadounidense, para min comezaba un ano antes de marchar a Madrid cando me dei de fuciños contra o piloto de "Six feet under" na 2 de TVE as tantas da mañá. Da fascinación e curiosidade pasei ó estudio e asimilación do mesmo e o ano seguinte xa na capital, e a enfermidade, que logo seguiría con Lost e compañía, deu un paso adiante e continua hoxe en en día.

Nese momento convivía con ela na HBO outra serie da que todo o mundo falaba marabillas, "The sopranos". A temática xiraba arredor dunha familia de mafiosos , esta contaba empregando como fío conductor as visitas por parte do xefe, Tony, a unha psicóloga debido os ataques de pánico que sofre.

Pola miña parte sempre aborrecín a temática mafiosa, a día de hoxe non son quen de comprender como a xente celebra (coma se fosen un modelo “cool” de conducta) personaxes como as da triloxía do Padriño, animais amorais que non teñen capacidade para loitar contra o que as condicións sociais lles impoñen. É un feito , que a gran maioría da xente entende a Michael Corleone como un “triunfador” , cando realmente é un dos perdedores máis grandes da historia do cine. Entre a frase “a miña familia é así, eu non” a Kay, e as mentiras e a traición dos seus valores, atópase unha das caídas máis duras e arrepiantes ó inferno que xamais o cine contou. Se exceptuamos Apocalypse Now, unha película, onde o guión é arte e non un encargo de estudio, cunha trama urdida por un escritor mediocre como Mario Puzzo.

Así con estes antecedentes foi quedando esquecida e non foi ata o ano pasado cando tras un intercambio de consellos (Ti ves The Wire eu vexo os Soprano) con alguen fascinado coa historia desta familia italoamericana insistiu en que a vise, e con intención de aprender un pouco máis do tema, compartir opinións e se cadra desfrutala, comecei a viaxe.

-COMEZO SPOILERS-

6 tempadas despois: máis do mesmo.

Personaxes mesquiñas, un catálogo de animais do máis simple e elemental, que se moven soamente polo ben material e carentes do máis lene atisbo de humanidade. E outro adxectivo no que non repara ningun deles, completa, irremediable e patéticamente ignorantes da súa absoluta soidade. No medio deles Christopher Moltisanti.

O montante total de personaxes das 6 tempadas dos soprano non chegará os 100, seguramente menos, de todos eles a única coa que fun quen de sentir unha empatía (cuia orixe nunca souben entender) era él. O resto como moito inspiran compaixón e vergoña allea xunto con momentos de absurda comicidade.

Primo da muller do xefe, considerado coma un fillo por él e técnicamente a súa man dereita, o seu sucesor, o que Christopher entrega como sacrificio é a súa lealdade, polo camiño (tentando non contalo todo): dor, decepcións e a perda da posibilidade de medrar coma unha persoa normal lonxe do crime e a amoralidade da súa comunidade, e á fin todo o seu sacrificio non serve para nada. Quédome co momento de achegamento ficticio con Tony despois de roubar unhas caixas con viño, sentados os dous falando ¿¿¿dende o corazón???. E particularmente con él chorando dende o fondo da alma (cunha interpretación maxistral de Michael Imperioli) no coche despois de ser ridiculizado polos dous Tonys, Blundetto (Steve Buscemi) o o propio Soprano (Gandolfini) nunha situación que teño visto e sufrido moitas veces na vida real e que endexamais comprenderei.

-FINAL SPOILERS-

Onte namentres buscaba o silencio na piscina, o silencio trouxome o simil, entendín a empatía e un lume de rabia acendeuseme no peito... Comprender entón que podo chegar o límite mil veces e voltar máis forte. Comprender que eu non me rindo nunca e que así me veu marcado dende sempre, que caer nas rutinas egoístas dos demais e vender a túa alma ó que che pide o estómago, no canto de analizar en frío e tentar ser xusto, é un camiño a soidade absoluta. Comprender que podo entregar todo o que teño sen que a miña forma de ser morra, é asumir e valorar a miña resiliencia. As veces para comezar de novo nun sitio distinto, é dabondo con camiñar un chisco noutra dirección, con tal de non mirar atrais.

----------------

E gracias os xenios de tres cantos teño banda sonora para poñer en marcha este plan mellor:

Now playing: Vetusta Morla-Un plan mejor
via FoxyTunes