28 fevereiro 2006

Teimas


  • teimas.f. 1. Idea fixa e constante ou costume raro no que se persiste. Sempre anda coas mesmas teimas. De pequena tiña a teima de mirar sempre debaixo da cama antes de se deitar. SIN. cisma, manía, obsesión.CF. porfía. 2. Actitude contraria a algo ou alguén, polo xeral inmotivada. Terlle teima a alguén. SIN. animadversión, animosidade, antipatía, aversión, manía, zuna.
  • Sempre leo a derradeira páxina dos libros antes de chegar a ela.
  • Necesito escoitar música nos momentos nos que isto lles molesta en maior grado aos demais.
  • Cedo o paso a calquer animal ceibo co que me cruzo na rúa; a saber: gatos,paxaros e demais.
  • Paso por debaixo de cada escada de man que vexo.
  • Xunto todolos obxectos de dous en dous para que parezan estar ordenados.


A miña contribución ao apaixonante mundo das teimas.

26 fevereiro 2006

La ausencia disminuye las pequeñas pasiones e inflama las grandes...


"El 26 de agosto del año pasado salta la noticia. Breve, misteriosa y rotunda: Bunbury cancela la gira por cansancio y disuelve su banda, El Huracán Ambulante, grupo con el que emprendió carrera en solitario hace ocho años tras dejar Héroes del Silencio. Enrique Bunbury ya había anulado sus conciertos en Latinoamérica, pero nadie esperaba un final tan abrupto. Esa tarde de verano, en el concierto en Zuera (Zaragoza), en su tierra, había interpretado ya cinco canciones de su espectáculo El viaje a ninguna parte. Pero en el sexto tema se detiene, se marcha, cancela también la cita del día siguiente en Cambrils (Tarragona). Lo deja todo… Desaparece. El artista de los 4,5 millones de discos (más de tres con Héroes del Silencio, más de uno en solitario) y los mil conciertos se disolvía… No quiso dar explicaciones en público, salvo un breve comunicado que aludía a su agotamiento… Y hasta hoy."


¿Aborrecelo ou amalo?, eu prefiro estar nun punto medio. Non vou facer campaña, de feito moitas veces coincido cos seus detractores, mais penso que sempre ten algo interesante que dicir. Se me obrigasen a decidirme por un disco de todolos que levo escoitado e dos que vou escoitar en toda a miña vida, escollería Pequeño que esconde toda a sinceridade dun disco feito sen esperanza, como se fose esa a derradeira oportunidade de tomar alento.

Sen Bunbury ó único rock intelixente que nos resta é o que destilen os Ferreiro Brothers.

Agardoo de volta con la misma cara y la misma suerte...las mismas ganas de siempre...

13 fevereiro 2006

DEUVEDEANDO

Recuperando o tempo perdido a pasos axigantados, semana sabática tralo exame da escola de idiomas aproveitada para adiantar pelis pendentes na miña lista:

Hierro 3-Kim-ki-duk

Unha imaxe vale máis que mil palabras. Non me gusta comentar nada sobre o argumento así que me limitarei a falar das sensacións que evoca.

Poética, sutíl e pura expresión visual. O director sorprendérame xa con Seom (a Illa) e con
Bom yeoreum gaeul gyeoul geurigo bom(Primavera,verano,outono,inverno e...primavera) dúas grandes películas que abondaban en temas de moito interese para mín, reencarnación, culpa e transición do espírito. Case estudios teolóxicos expresados de xeito sinxelo e visual.


Samaritan Girl-Kim-ki-duk



Rodada no mesmo ano que Hierro 3. Ou non a entendín ou foi un fiasco do director. Limitadísima de guión cuns personaxes incomprensíbeis e falta de mensaxe; se a isto lle sumamos que a edición non permite vela en versión orixinal o resultado é bastante pobre.






Code 46-Michael Winterbottom


Interesante e sobrecolledora fábula sobre a forza dos sentimentos e o valor das lembranzas, nunha sociedade antiutópica na senda de Blade Runner. Fantásticos Tim Robbins (ese 1.96 resulta espectacular nese mundo de espacios pequenos e sintéticos) e Samantha Morton.Un futuro recreado con poucos medios e moitísima elegancia por parte dun Winterbottom inclasificábel e anarka coma sempre ó cal lle sobra talento como para perder o tempo en experimentos tales coma 9 Songs.

Primeira peli da semana con Coldplay na banda sonora.


Garden State(Algo en común)-Zach Braff


Moitos críticos comparan a Braff con Woody Allen, (xudeus, actores, guionistas e directores das súas películas) pero o humor deste resúlta máis ácedo e vital incluso que o do primeiro Allen ( Take the Money and Run...etc). Filme máis que recomendábel, non sería xusto que me puxese a babexar sobre Natalie Portman (We all know), pero confírmome na opinión de que lle favorecen os papeis desequilibrados que xogan a favor da fraxilidade que proxecta.

Segunda película con Coldplay na banda sonora, ademáis dun descubrimento agradábel: Frou Frou .

Wilbur Wants to Kill Himself (Wilbur se quiere suicidar)-Lone Scherfig



Con título espanta-público (seino por experiencia).É o segundo film da directora da aclamada comedia Dögma, Italiano para principiantes. Rodada en "escocés" falanos de personaxes pequenos nun mundo pequeno, das súas frustracións e loitas para sobrelevar o feito de estar vivo cunha mensaxe vitalista. Inesquecíbel a imaxe de Wilbur fronte a tres lemmings disecados nunha vitrina.




Northfork -Michael Polish


Terceiro film dos irmáns Polish tras Jackpot e Twin Falls Idaho. Se xuntáramos o estilo de Wim Wenders e o dos Irmáns Coen o resultado sería Northfork. Un casting de luxo para unha película atípica que ata podería resultar moña para algúns, pero que fai gala dun realismo máxico que faría pensar a Gabo nos irmáns Polish para adaptar dunha vez "Cien años de soledad".






Revisitadas ademais Blow-up, Corazón Salvaxe e Bowling for Columbine puxen o perfecto corolario á finalización da lectura de Haunted.

Agora non sei se agardar por alguén para sufrir Manderlay dobrada ou voltar aos meus tempos de habitante solitario das salas de cine...xa verei.

PD: GRACIAS AO GRAN PAVLO SEÑOR DO AVID, CONDIS DO MPEG-2, E DOS MILES DE XEITOS DE EXPORTACIÓN DE ARQUIVOS por conseguir pasar a DVD certo corto Perpetrado, sentido e sufrido por Iván,Tony,Chamo, Adolfo e un servidor. GRACIAS MIL.


Para os que estades de exames non veñen mal unhas risas:

GOMAESPUMINGLIS 1

GOMAESPUMINGLIS 2

01 fevereiro 2006

Novidades musicais para este 2006

Coa compra do desconcertante polo dagora "Keys To the world" de Richard Ashcroft, inauguro os meus desembolsos elististas en Discos orixinais deste ano (Poucos serán os afortunados).




O resto dos candidatos veñen sendo:

Karmacode-Lacuna Coil
(lanzamiento 3 Abril -Primer Single "Our Truth" 3 marzo)




Tool- 10.000 days
(sobre maio do 2006)


From Tool Page:


[03/03/06] -
Album Name Released!!! | Single Release Date

Earlier today, toolband.com posted that the new album's art is finished and being released to the printers today. They also announced the name of the new album: "10,000 Days". [Posted by Chris] §

Several readers have also noted that Jake Daniels, a radio DJ for KATT in Oklahoma City, has announced April 17 as the day the first single will be released to radio.
[Posted by Chris] §



Muse-Black holes and revelations

(sobre maio do 2006)

25 janeiro 2006

AI LOF YU ISABEL

24 janeiro 2006

Licor café e dor de moas

Fin de semana atroz onde as haxa, como dixo o filósofo: "Se o sei non vou". Só o empate regalado do domingo podía empeorar as cousas.

Confórmome coa boa lectura :
En proceso:

-Haunted (pronto deixarei de falar del ;( )
-Dublineses-James Joyce
-La piedra angular-Zoe Oldenbourg

Próximamente:
-El perfume-Patrick Süskind (Recomendación)
-Las Horas-Michael Cunningham
-Orlando-Virginia Woolf

En canto a porta máis desenrolada:

-Cronos
-Veronica Mars (Boas recomendacións para pensar dobre)

Mentres Glenn Gould faime querer a Bach, comezo a pensar en deixar de pasar por debaixo de cada escada de man que vexo.

E xa para rematar preguntome: ¿porqué non teño o disco de Richard Ashcroft se o podo escoitar?.

13 janeiro 2006

Hard Candy


Mi cinefilia parece abocada a la caducidad, asida únicamente a la esperanza que revisionar a Jean Renoir o Louis Malle me puede ofrecer; dejemos a un lado las visiones asiáticas insufladas por un maño estudiando torcido en Madrid.

Por lo demás:
Recien Sufrida :The Jacket y de pronta visión: Brokeback Mountain.

Mientras, continuo Esperando por Manderlay, Cierto Fauno, Caché y ese Inland Empire que será un completo misterio hasta que me rompa la existencia.

No creo que tenga oportunidad de ver esta película en cine, así que me conformaré con esperar a que la dvdfilia aparezca en mi interior, acompañada de un moderado puñado de euros. Ni que decir que el trailer me resulta más que interesante. Sus credenciales: Seleccionada en la sección oficial en Sundance 2005 y premio del público en Sitges 2005. Aquí podeis ver trailer ,sinopsis y algunas capturas.

Aporte vitamínico extra: Vía Claudine