14 junho 2007

Woe to him who sets out to please rather than appall...


Se conto o que ultimamente ocupa as miñas tardes poderiaseme calificar de enfermo, e probabelmente estarian no certo. Nunha semana e media estou a acometer unha sobredose de celuloide como cura para o insomnio.

Entre todos os films que visionei /revisionei reservei un par debedas pendentes. Alguen me dixo un dia que todos os directores cedo ou tarde teñen un periodo de decadencia, lembrome enton negando indignado a frase e falando cos ollos a punto de me sair da orbita do postumo The Dead de John Houston esa marabilla dirixida nunha cadeira de rodas; no fondo o que negaba era a infalibilidade de certas verdades que para min son inmutabeis; agora penso que comparto parte desa amargura, a de alguen que viu abondo, moito ou todo.

Quen non quixera morrer coma Moliere facendo o que un mais ama?

A debeda era cas duas ultimas obras mestras do pequeno "Marty". Escribo agora -as 5:17 da madrugada- con esa inercia que me arrastra cando parte do que acabo de ver me acompaña, cando non podo agardar ao dia seguinte para tranformar esa cinetica nalgo: Contaminar a quen me rodea sen exito, asulagarme en todo o relacionado ca orixe ou ben escribilo nese recen mercado caderno negro do que falarei un dia.

Agora sei que Scorsese non decaera nunca, Decepcions co publico? -un sorriso-. Oscars roubados?-un sorriso-, sempre sorri. Marty non pode morrer, xa o fixo; seguramente no medio dos seus anos de excesos, ou da ulcera sangrante que remataria na decision de rodar Raging Bull.

Mirando a mesa chea mais que nunca de caixas e mais caixas de DVD en completo desorde non podo deixar de pensar, non podo deixar de pensar... non podo deixar de pensar.

Escoitando Laura's Theme (Reprise) -Akira Yamaoka

Sem comentários: