02 janeiro 2008

Rater la vie est un droit inaliénable...


Imaxina que chegas as 10 da mañá á casa, saudas a túa nai mentres desaiuna, sentas un chisco a ver un documental de tiburóns brancos na televisión e despois do terceiro -¡¡¡joder!!!- de pura impresión comezas a sentir o sono.

Érgueste ás 3 e xa antes de ser consciente de que te atopas esperto maldís a ausencia de cromosomas de lirón no teu ADN. Sendo fillo único, cunha nai enferma e metida na cama e cun pai que comparte contigo o primeiro posto no ranking do ser menos festivo da casa, resulta comprensíbel e aceptábel que o día 1 de xaneiro sexa unha data a aborrecer, sumalle que non che gustan os comezos e que os cambios, malia que sexan de ano, danche unha mala espiña grande coma un Airbus, e tes o comezo dun mal día servido.

Pousas os pes no chan, abres as persianas, non demasiada luz, acendes o ordenador...Música... Almorzas unha mazá e un iogur con dúas galletas e logo decides que ese vaise converter no teu aporte total diario ó múseo das calorías. Poste diante da tele cunha infusión quentiña, e un ogro verde fai que poñas cara de parvo durante máis dunha hora. Cando remata, a túa nai agora ao teu carón, comenta que algúns planos semellan cadros...CLIC MENTAL...

Rastreas a estantería na busca de.......¡¡¡xa o tes!!!.......case que sen adeus, baixas ao refuxio fílmico habitual. Con urxencia e con presa. Decátaste a tempo e decides pospoñelo un chisco... antes algo máis trivial que logo non vas lembrar, pasa por diante dos teus ollos.

-----------------------------

Agora queres firmar un tratado de escravitude cos cambios que queres facer no novo ano por medo a non cumplilos e por primeira vez sorrís....

Se James Woods saíse nunha película miña poría na súa boca unha frase do tipo: "O mundo divídese en dous tipos de persoas: -As que viven a vida, as que teñen medo e non a viven e as que soñan a vida- " alguén lle respostaría:"- pero iso son tres tipos-", e o bo de Jim cheo de sabedoría remataría dicindo:"- Non, en absoluto, os que soñan a vida rematan espertando e vivindo, ainda que seña a ostias-".

-----------------------------
Lembrando aquel concurso tan particular de "Escoge un plano raro y te lo quedas" encabecei o post e lembrando algo que escribiu alguén máis sabio ca mín vouno rematar...

The judges said you missed it by a fraction
rise up and brace your troops for the attack
the dreamers ride against the men of action
see the men of action folding back.

5 comentários:

Alfredinho disse...

BRA-VÍ-SI-MO

E só o tiven que ler unha vez

Primeiro obxectivo do ano: levar a plastificar o póster que me regaláchedes e colgalo da miña parede antes de que ésta comece a protestar por ter un oco vacío dende hai tanto tempo.

Bender disse...

Brindo por lo de Fredete. Digo Fredete porque rima con... otra palabra. Hablando de eso, pagaría por ver a James Woods en Pasalacabra. Aunque algo así ya me pone espeso. Como en Año Nuevo. Que en lugar de vivir, básicamente sobé, comí y puse un huevo.

Qué bien me caía Gloria Fuertes.

Urizen disse...

Fre: Alégrome de ser claro e prístino cando menos por unha vez...xa voltarei ser críptico para as cousas importantes de verdade...

Bender: Moita rima sí...o que todos agardamos é o primeiro verso da canción que faga do seu soño de convertirse en cantante folk algo tanxíbel...

oko disse...

vaites, alégrome de estar entre os do terceiro grupo
agardo con ansia o momento de espertar...

Urizen disse...

Eu estoulle no terceiro tamén, só palpebrexei un chisco co primeiro pescozón... para abrirmos os ollos de todo, hai moita vida por diante...