15 fevereiro 2008

Parada obrigatoria



Cando saín do pavillón pensaba en todo menos no canso que me atopaba, demasiado cecais para un partido de fútbol-sala dunha hora. Andaba a trebellar na soidade dos días de antroido, nas viaxes, nos "Four days and nights of peace. I am getting so strong again that I hardly know myself..." do diario de Lucy, nas decisións por tomar referentes á vida laboral, única que me interesa hoxe por hoxe. Doutras máis susceptíbeis de ser analizadas nestas datas só me resta un lote por retornar a fábrica sen acuse de recibo.

Turrei case unha semana enteira, ata o xóves, cos tusidos e o cansazo, polo medio vin algo e merquei algo que che cambia a vida. Falaba no post anterior de escafandras sen saber da casualidade que estaba a sementar, de seguro unha muller que cumpre anos o mesmo día ca mín aproveitaría para besbellar -Eres un enfermo-... e hoxe tería máis razón que nunca. Retomando que do xóves só lembro un lusco e fusco onírico e a miña nai espertándome o venres para dicir pola mañá: -39.8º-. Para cando voltou a mediodía adquiríra xa un grado máis, como o bo viño en barrica. De cómo cheguei ó baño, Da ducha en auga xeada, dun lubrigante vermello con nome flotando pola habitación, da media hora no corredor de urxencias suando, do frechazo á primeira intravenosa co Augmentine e do resto do día en observación caseque non paga a pena extenderse moito.

Agora so resta pedir perdón polos cacharros que non puiden tomar co mallorquín visitante, polos tusidos a toda a familia a través do teléfono e polo absentismo da miña parte. E dar as grazas a Doutora Álvarez polos coidados e o cumprido.

O mellor de todo é que sei a ciencia certa que a parte do peito que me doe é a dereita.

----------------
Now playing: Bunbury-El viento a favor

4 comentários:

Alfredinho disse...

Incluso estando enfermo eres quen de buscarlle a parte positiva das cousas. Non está nada mal...
Cóidate (ou remata de coidarte). Alégrome que sexa a dereita a que che doe.

Anónimo disse...

Joder. Me ha gustado. Me ha gustado mucho. Por todas las razones, por todos los sentidos. Por los tuyos y por los míos ¡Si hasta estoy escuchando el tema de Búnbury que has puesto! Va va va, me has animado, voy a postear.

Urizen disse...

Fre: Non era a miña intención ser positivo de máis pero bueno será a canción que axuda. Grazas.

XIII: Alégrome de que lle guste...e Alégrome de todos os sentidos e de todas as razóns que fan que escoite un tema de Bunbury...

disse...

Se te echaba de menos