15 abril 2008

O camiño verde a Xibalbá



"Los Güegüechos de gracia José y Agustina, conocidos en el pueblo con los diminutivos de Don Chepe y la Niña Tina, hacen la cuenta de mis años con granos de maíz, sumando de uno en uno de izquierda a derecha, como los antepasados los puntos que señalan los siglos en las piedras. El cuento de los años es triste. Mi edad les hace entristecer...

Hai dias que se sinten coma anos, a primeira vista semellan so 24 horas máis no devir de moitas outras. Aínda así un sínteos cheos de volume, constituidos puros en chumbo, coma o día do preso en illamento ou coma os que sentía o major Tom na odisea que Bowie cantou.

Mais debaixo da pel; posto que isto nunca se chega a ver, as células envellecen nun só intre. Todas elas esquecen as súas tarefas e coma nun déjà vu interrompen todo proceso vital, o tempo enton turra de nos cara ós anos futuros. Nada ten que ver coas viaxes ó futuro das que falan os filmes de ciencia ficción, tratase de pouco máis que dun lene movemento de aire, un empurrón dos elementos que nos compoñen cara algures. A visita non se pode medir en tempo e somentes achamos algo novo á volta: a certeza.

A certeza que non tes pero que terás. Enton enfrontaste a eles, os que din que debes loitar sempre cara adiante, mais un atópase canso de loitar e non desexa darlle movemento de mais ós ollos, nin traballo de mais ós oidos que escoitan á xenética temporal que célula a célula dende o interior dun mesmo remata dicindo que eles non coñecen o teu futuro.

...Allí vide a mi espalda el camino verde, a mi derecha el rojo y a mi izquierda el blanco. Cuatro Caminos se cruzan antes de Xibalbá...*
___

*Miguel Ángel Asturias
"Ahora que me acuerdo"
Leyendas de Guatemala


----------------
Now playing: Muse - Bliss /Sergei Rachmaninov - Etudes-Tableaux, Op. 33: No. 2 in C major: Allegro
via FoxyTunes

2 comentários:

oko disse...

Aínda hai nada sentía medo de facer anos. Pero agora, agora non. quizais poruqe comprendín que de aquí en diante quen manda son eu, que xa non hai camiño predefinido, e teño que escoller por min mesma por onde tirar, equivocarme soa
hai que verlle a parte positiva, non?

Urizen disse...

Isto ten que ser máis cuestión de sentirse vello que de cumprir anos.

...non é medo, non é tristeza e unha resignación pouco agardada...

en canto á parte positiva...as canas aseméllanme a George Clooney???... penso que non XDD...