
Hoxe non faltei á cita mensual ca Fnac quizais cun motivo máis concreto que de costume. Xa antes de sair da casa, namentres me achegaba á parada e durante o traxecto do bus que me leva cada mañá á escola de idiotas, coma adoitaba dicir o devandito robot; escoito a partitura de Clint Mansell para a película ao tempo que leo; cando os cohabitantes do sempre versión mini e superpoboado bus 14 mo permiten, unhas páxinas de The Wild Palms, do que xa falarei noutro momento. Quedei cos temas a dar voltas na testa, e a clase de alemán, os Nebensätze e a hora de inglés pasaron nun chiscar de ollos. Cando cheguei a casa coa pelicula sorpendeume meu pai que foi quen de pagarme coa mesma moeda, os billóns de sustos que acostumo a pegarlle agochado trala porta cando chega de traballar. Foi desta vez él quen me sobresaltou. Ó ter un día libre, fomos comer fora, facendo vida familiar e exercitando as recentes debilidades adquiridas.
Para cando voltamos eran case as 3 . Metínme no baixo, non sen antes pechar as fiestras, o frío apreta xa, e por primeira vez nun mes dispúxenme a ver un filme. Cando voltei a casa miña nai preguntoume se estaba resfriado, debeulle de soar rara a miña voz xunto co moqueo e os ollos chorosos. Estarei brandiño coma naquel post, pero chorei unhas cantas veces véndoa.
Do filme, qué dicir!... Que Hugh Jackman -desta segunda vez non foi unha sorpresa- é un Enorme (con É maiusculo) actor, aínda que se os actores foran instrumentos o señor Aronofsky é un mestre luthier ao nivel do lexendario Antonio Stradivari. Folga falar de Rachel Weisz da que levo namorado anos e que xa me tiña gañado dende os títulos de crédito, e de Ellen Burstyn , actriz que Aronofsky rescatou para o gran público en Requiem, e que lembramos coma nai de Regan no Exorcista. A fotografía de Matthew Libatique (outro habitual nas peliculas de Aronofsky) merece quizais unha mención particular polo escaso do presuposto...foi esta, unha pelicula das sufridas e se eu fose Brad Pitt daríame de cabezadas contra un bidé...
Da trama non direi nada coma de costume pero o eixo Amor-Morte e a Trascendencia son fundamentais, se cadra por iso a sinto tan preto...
Por se queredes escoitala:
2 comentários:
Mierda joder, ¿por qué sigues recordándome pelis que me molan? ¡Ahora también me tengo que bajar esta!
E aínda che debo Trainspotting, putos mamóns de Beep. Hai unha Blu-ray session pendente e revisitacións varias, a ver se nos chega o nadal.
Enviar um comentário