"1. m. Extremidade de calquera dos dous membros inferiores do home, que serve para soster o corpo e camiñar.
2. m. Base ou parte na que algo se apoia ."
Nacer cos pés planos configura un xeito moi particular de vivir a infancia: Primeiro, veste obrigado a levar plantillas e calzado ortopédico, tan comodo e caro coma horrendo, durante a época na que máis loce levar uns playeros acorde á moda do momento. Segundo acostumas a cansar cedo de estar de pé, así sofres unha especie de hiperactividade que che impide parar un só intre en calma, e Terceiro acostumas a desenrolar un xeito moi particular e case único de camiñar e de moverte. Todo isto...faiche...particular.
Esta semana non comezou con moi bo pé, así que cavilei que fora un deles o que relatara o acontecido a anterior semana dende a súa óptica pé-rsoal. Teño que dicir que non fun quén de escoller entre o dereito e o esquerdo (polo visto non podo distinguilos), mais ningun deles se prestou. Fareino eu no seu nome.
Unha visita a Santiago... chuvia e pés mollados... Hoxe é día de festa, fenómenos paranormais cos paraugas, momentos de "violencia cómica", clases de pandeireta, acordeons que non caben polas portas, Avante, ¿¿¿currunchos ou recunchos???, biscoitos de chocolate para uns e churros con cola-cao e augas do tempo con gracias para outros, conversas transcendentais que gardar coma un tesouro, nun rexional ás 6:30 da mañá...sono.... Coruña, taxi... chuvia e pés algo menos mollados... ¿¿¿No es bonito el alemán???...pouco durmir, despedidas, (non hai nin dous días e semella xa un més), XENTE benderiana, Ribera del Duero, conversas dublineras que gardar coma un tesouro, -¿¿¿Eres un gallina McFly???-, e boa viaxe, pés confiados...
Esas Gazelle queren: Cork,Cork,Cork e Cork. Máis conversas das que importan, mais momentos C.T. Máis son todos os que estan e menos non estan todos... os que son???. Elas camiñan soas e non han parar por quen non quere camiñar, nin sequera por mín...
...Alguén ten gañas de camiñar???...Esas Gazelle queren: Cork,Cork,Cork e Cork. Máis conversas das que importan, mais momentos C.T. Máis son todos os que estan e menos non estan todos... os que son???. Elas camiñan soas e non han parar por quen non quere camiñar, nin sequera por mín...
----------------
Now playing: Wir sind Helden-Du Erkennst Mich Nicht Wieder
6 comentários:
Que especial capacidade de contar todo sen contar nada. Noraboa señor Urizen.
Xa vostede sabe que Mrs. Liddell non é que teña gañas de caminar, senón que os pés bailanlle sós. Vou ter que mercar eu tamén unhas Gazelle desas que camiñan soas pra ir de parranda "Cork-esa". Adoito cumprir as miñas promesas...
E máis cando ó día seguinte vendo "Héroes", saía unha trama en Cork co meu benquerido Peter Petrelli...
Será un sinal?
Dios, non me dera conta do particular que foi este xoves compostelán. Pensei que o raro do día era cousa miña...
Vete tirando que ya vamos...
avante e pés mollados... que deliciosa combinación, e canto boto de menos a pedra...
Mrs.Lidell: Graciñas polo cumprido. Os sinais son a linguaxe do mundo...Escoitemos...
Fenicia: Raro, raro, raro, pero tamén particular, único e intranferíbel a pesar de facermos o mesmo...-¿¿Te traigo la botella????
Salmonero: Mira ben que non haxa ninguén ao teu carón camiñando mentres evita as liñas da beirarrúa e suxeitando a túa manga ao mesmo tempo...
Oko: Moita Pedra... pensei unhas cantas veces que en Santigo mercede ó eco da pedra un escoita mellor as cousas que dí. So estás ti e a túa voz.
compostela é a única cidade na que nunca nunca me sentín soa. nin nos peores momentos. esa pedra ten algo
Enviar um comentário