26 fevereiro 2008

Capitulación a tres días de rematar febreiro



Son soños coñecidos, suores frías nas mañás e covardía no serán, son eu pisando o freo máis da conta, néboas, pernas, mans e beizos todos eles coñecidos e feitos lexión, un exército de lembranzas e pertenzas, preparados para a aniquilación. Mais aínda non comezan, sempre é peor a ameaza, coma os antropófagos que agardan o seu intre arredor dunha mesa dos que me fala Bergman.

Son eu puro sobresalto, e tomar alento é o único que me custa traballo. Levo uns meses mudando todo de sitio probando de novo reubicando o universo ao meu redor, cara adiante, sen tremor de mans e sen dar pasos cara atrais e de súpeto o Onirismo, "for the moon never beams whithout bringing me dreams...", volve poñerme todo do revés.

Permítome voltar e nun pequeno segundo: as ruinas de Tikal, agora son eu o que se pregunta: qué estas maquinando?, mudando nomes para fuxir unha vez máis sen por iso romper ningunha regra, "esta prohibido prohibir". Pode ser que todo soe igual porque no fondo é completamente distinto, podo bautizar todo cantas veces me pete, quizais o medo real se atope no feito de non sentir nada xa.

Dous tonos despois, comecei a me arrepentir e decateime de que xa non recoñecía nada do que se fora co furacán.

Confeso tamén que nunca me imaxinei a escribir esta carta resignada a tres días de rematar febreiro.
----------------
Now playing(in an eternal loop until the end of time):
Incubus-Anna Molly

4 comentários:

oko disse...

non sei que é o que pasa despois dun furacán. pero podo asegurarche que cando remata unha treboada tropical, desas que parece que levan o mundo por diante, o ceo ten a cor máis fermosa que en ningún outro momento e lugar que poida existir

A disse...

Derrotismo imperante (¿?)


Aínda que despois dunha conversa todo cobra outro sentido...


Ogallá chegue un día no que non precise desas conversas para comprender



"se mi hombre, baby"

Anónimo disse...

"Soñé que soñar era tan cierto como imaginar. soy desde entonces viajero de los que nunca da un paso atrás."

Apúntatelo, la próxima la pago yo. Un bico

Urizen disse...

Oko:Grazas mil.

A:Tema para próximas xornadas de choscas e conversas: Guía ó simple Mundo Urizeniano.

"Baby, ese Ipod vaise enterar".

e Grazas mil.

Srita non tan distante:Lo de citarme a Antonio Vega no sé como tomármelo...supongo que por eso tiene tanta razón... para la próxima ya tengo el genio guardado...

P.D: Las gracias me las quedo y te mando el corazón...