24 março 2008

Collage de camiños abertos



Cun collage de imaxes daríalle un soporte máis real ao post, mais a risco de ser máis Urizen desta vez que todo o Calci-Fer que fun estes meses atrais, voltarei ao silabeo sentimental.

Así pois comezo a letanía. O que queira seguirá unha a unha as contas deste Komboloi persoal que non colga do espello retrovisor de Nachete, senon da miña man.

Primeiro, as persoas: os dous que están sempre, xuntos ou separados, os que están lonxe, os que están mais lonxe, os que están demasiado lonxe, os que poñemos lonxe, e os que pasan unha semana lonxe pero deixan algo antes de marchar.

Segundo, as cousas: Un biscoito, "El arte de amar" de Jaime de Armiñán e Barcelona a través dos ollos de quen quere ser outra persoa cando esta moi ben así, unha caixa branca cadrada coma aquelas onde os gansters simulaban levar flores e onde agochaban as súas thompson, esta dispara rock'n'roll cheo de cores para logo deixar un remanso paz. Dous puchos a xeito de pinta de Guinness cos que apoucar un desasosego que duraba un trienio e unha gorra negra máis "divertida" que "ultra". E por suposto, quen ía crer que algo de cerámica pode facerche rir e devolverche un sorriso bitelchusiano cada vez que o ves.

Terceiro, os lugares: Centro Social, A Cova Céltica, Dúblin, A Rioja, Praga, Cork, Berlín, Madrid, Santiago suma e segue.

Cuarto, os feitos: Acelera forte forte forte, pon quinta, e un camiño aberto é o que che resta...

Cae o Komboloi, alguén dende o medio da escuridade acende un misto, de súpeto un milleiro de candís acéndense ao seu redor, algo comeza a camiñar, so entón a pequena bola de lume foi quen de dicir:

-Grazas-
-----------------

5 comentários:

Fenicia disse...

Ai! Maricón!!
Pero qué arte!!

disse...

Espero q te haya gustao :)

oko disse...

(the art of loving, só coñecía o de fromm). síntome identificada especialmente co de facer un collage. precisaría facer un que ocupase unha parede enteira, e nin así tería sitio

Salmonero disse...

Pon un komboloi en tu vida, no tendrás que rendir cuentas a nadie, nisiquiera a tu profesor de autoescuela!

Urizen disse...

Fenicia:¡¡¡Ai la Fenicia con zus cosas!!!...longa vida ó xamón ibérico

Lau: Las sonrisas que me ha arrancado dan fé de que lo he disfrutado... y diapositiva a diapositiva puedo llegar a conocer barcelona.

Oko: Gran libro o de Fromm, ten un par de pasaxes que cito sempre en certas conversas...e non esquezamos o "Ars amatori" de Ovidio.

Salmonero: Falando de profesores de autoescola...penso que estás perdendo o tempo en Vigo e que tiñas que montar unha cooperativa xa...por paciencia que non quede.