15 novembro 2006

Bestiario

Ultimamente os corvos fítanme coma se fose un deles, nin sequera teño que apartarme do seu camiño como adoito facer, soberbios e altivos parecen facer certa a frase epígramática coa que me despide a miña nai ultimamente.

Ando canso e case coma unha pantasma camiño dun lugar a outro da cidade cun nó no esófago que non ten nada que ver cos excesos do finde anterior; caseque coma un medo non verbalizado, coma un coelliño branco ou negro nado para o meu desasosego. Descoñezo se poderei ceibalo cedo, polo dagora sobrevivo coas lembranzas namentres o outono chama á porta co meu sono en brazos coma un invitado incerto.


"...tal vez ni se fijen en ellos, atareados con el otro cuerpo que conviene llevarse pronto, antes de que pasen los primeros colegiales."

02 novembro 2006

El perro del hortelano

Hai cousas que mudan sen que teñamos ningún control sobre elas. É unha lei universal... somos máis de 6000 millons de persoas no mundo e descoñezo a cantidade delas coas que terei oportunidade de compartir algo máis que unha mirada de esguello pero comezo a pensar que os que quedan trala peneira do tempo nunca chegan a superar a ducia...se cadra demasiado pobre a estatística, mais para un radical libre coma mín comeza a resultar demasiado complexo buscar a reacción con átomos humanos de calquer tipo... o peor é que comenzo a pensar que xa non paga a pena...


TEODORO: No sé, Tristán; pierdo el seso
de ver que me está adorando,
y que me aborrece luego.
No quiere que sea suyo
ni de Marcela; y si dejo
de mirarla, luego busca
por hablarme algún enredo.
No dudes: naturalmente
es del hortelano el perro.
Ni come ni comer deja,
ni está fuera ni está dentro.

01 novembro 2006

Extrema pobreza

07 outubro 2006

Entre a dor e a nada escollo a dor

Xa anunciaba a traves dalgunha porta pasada que confiaba na recuperación da voz que compón tres cuartos da banda sonora pouco orixinal da miña vida. E non cumplido nin sequera un ano, volve en boa compaña, e como se de dous alquimistas con sendas metades de pedra filosofal sonora se tratase, liman defectos e amplifican virtudes de xeito recíproco conxugando talentos neste círculo elemental composto de dous CD's.

Para algúns presuntuosidade para mín coraxe, a aposta de bunbury por facer o que realmente lle peta comeza a consolidarse como algo máis que unha apostura, expandendo a sua lenda moito máis aló do que dura un compás de Entre dos tierras.

"...Yo no quiero tener esa lucha conmigo mismo; no quiero ser juvenil ni atractivo con 56 años. A esa edad no tienes que ser juvenil. Entonces tengo otra serie de idolos que creo que han envejecido más segun mis criterios y pienso en Van Morrison, que es gordo, calvo y viejo ." Comezo a velo recluído nun mosterio con maestro Zen, ou nun encerro en Isla Negra e traendo cada catro anos dende o silencio, obra maestra tras obra maestra coma un Prometeo iluminando a escuridade musical que campa nesta sociedade de masas...

...Entre a dor e a nada escollo a Bunbury... e a Vegas

01 outubro 2006

11 de outubro

My goldfish and me


"...My goldfish and me, both of us are just here swimming in one place.

The cutlet looks dug out of a cat box.

To calm this girl down, to get her to listen, I tell her the story about my fish. This is fish number six hundred and forty-one in a lifetime of goldfish. My parents bought me the first one to teach me about loving and caring for another living breathing creature of God. Six hundred and forty fish later, the only thing I know is everything you love will die. The first time you meet that someone special, you can count on them one day being dead and in the ground."

13 setembro 2006

Suntory time