06 abril 2006

The constant Gardener


"...Justin,I was determined should be a man who almost accidentally married his conscience..."

...Isto dí John Le Carré nos extras da película sobre o seu personaxe central...Mais na película hai varios personaxes centrais: Amor e Morte-Vida.

Para mín unha película fundamental neste ano, Sigo namorado do puro encanto de Rachel Weisz, Ralph Fiennes (Oneguin, The English patient) o actor é un iceberg... Fernando Meirelles ... a cidade de Deus na terra é un documental sobre a vida humana. Realmente arrepíntome de non a ver directamente no cine... "pero poderoso cabaleiro é don dinero"...

E poderoso o é tamén ao longo de todo o film. ¿Canto vale unha vida?...¿Ten prezo realmente?...estas son preguntas que eu levo facéndome dende que son eu e que se reproducen continuamente no meu camiño. Cando alguen "pide" xustificacións ao meu vexetarianismo tan particular, tento de explicar que entendo que o ser humano ten que sobrevivir tomando outas vidas, a natureza fai verdadeiro este axioma día tras día. Pero por outra banda comparo a esencia de ese acto, co espírito primixenio do que provén:

-O guerreiro masai unxindo as súas pernas coa suor da presa e amosando respecto, amor e un certo pesar ante a morte dun animal...Os estabulos do primeiro mundo onde os animais carecen de vida...

...Unha tribu de inuits cazando unha balea, realmente desagradábel para os estómagos febles, para despois agradecer ao espírito do animal que os alimente durante o frío ano que lles agarda; somentes unha cumprelles para moito tempo... Os barcos baleeiros matando a decenas e desprezando a carne para quedárense só coa graxa para cosméticos...

Extraordinaria película... se pestanexas a vida pásache por diante... (sei dun que cando a vexa quedará prendado tamén)

1 comentário:

Alfredinho disse...

Xa está no meu poder... teño que sacar un ratiño para vela, pero prometo que será pronto.