15 novembro 2006

Bestiario

Ultimamente os corvos fítanme coma se fose un deles, nin sequera teño que apartarme do seu camiño como adoito facer, soberbios e altivos parecen facer certa a frase epígramática coa que me despide a miña nai ultimamente.

Ando canso e case coma unha pantasma camiño dun lugar a outro da cidade cun nó no esófago que non ten nada que ver cos excesos do finde anterior; caseque coma un medo non verbalizado, coma un coelliño branco ou negro nado para o meu desasosego. Descoñezo se poderei ceibalo cedo, polo dagora sobrevivo coas lembranzas namentres o outono chama á porta co meu sono en brazos coma un invitado incerto.


"...tal vez ni se fijen en ellos, atareados con el otro cuerpo que conviene llevarse pronto, antes de que pasen los primeros colegiales."

2 comentários:

Salmonero disse...

Eso te pasa por vestir de negro... y claro, te confunden y te confundes... eres un desconfundido

Alfredinho disse...

El veredicto está claro... soporta tu cruz ...i eu a miña