25 novembro 2006

Perfume: The Story of a Murderer



"En el siglo XVIII vivió en Francia uno de los hombres más geniales y abominables en una época en la que no escasearon los hombres geniales y abominables. ..."

Lembro aquela noite de conversa na Cova na que o señor Bender e un servidor nos vimos sumerxidos haberá máis dun ano, comezando polos olores en xeral, seguindo polo singular do meu desenrolado olfacto e rematando na recomendación que me fixeron de ler o libro.

Un best seller, non foi nunca unha opción coa que encher o meu tempo e menos aínda se falamos do libro máis recurrido nas entrevistas por modelos e actrices estúpidas que un atopa en todo tipo de revistas. Pero lembro tamén como me relataron a experiencia que podería supor lelo; sobre todo como recorría o autor a arrecendos e cheiros para describir todo nun cúmulo de sensacións; para alguén que é quen de lembrar olores de hai máis de 10 anos de xeito vívido coma mín.

Así foi, comezar a leer a primeira páxina no tren que saía da Coruña a mediodía e rematalo volvendo de vigo pola noite, 4 horas apaixonantes (Vielen Danke Gael). Penso que non dixen verba ata meterme na cama ese día, síntome profundamente conectado con Grenouille, o meu olfacto dista de ser o seu pero é a única porta da percepción da que endexamais podería prescindir, e sentímos a mesma "curiosidade" pola esencia das cousas e das persoas...

Sobre a película dicir que é un fantástico exercicio de estilo, un manual para calquer aprendiz de guionista (especialmente os hespanhois) emociona sen diálogo. Tom Tykwer do que só coñecía Lola rennt, manexa habilmente o tono e o ritmo do filme cun certo toque visual DelToresco (Toma neoloxísmo gafapastíl) e amósase fiel a esencia do mesmo e do libro, dispón dun Ben Whishaw que axusta o seu personaxe ata un punto case infantíl amosando moito valor co doádo que sería tinguir de moralina á súa interpretación, e permitíndose o luxo de ter a Dustin Hoffman e a Alan Rickman coma secundarios e brindarnos a oportunidade de soñar co prohibido (Bender non se atén ás leis humanas)presentando a Rachel Hurd-Wood que con esos 16 anos fai gala dunha beleza única é perfecta; como diría Panorámix sobre Cleopatra ¡Que belo nariz!.

Por se queredes baixar a banda sonora, composta tamén polo director e interpretada pola filarmónica de Berlín :

Pando Package

Sem comentários: