07 novembro 2007

The Fountain

Levaba un tempo agardando a súa saída en Blu-ray, mais sería terríbelmente inxusto pola miña parte non darlle as gracias ó irmán-postizo-interatlántico que me insistiu as tres veces de rigor necesarias para que eu vexa unha peli en formato non comercial. Vina por primeira vez na casa diante do meu ordenador haberá xa case un ano.

Hoxe non faltei á cita mensual ca Fnac quizais cun motivo máis concreto que de costume. Xa antes de sair da casa, namentres me achegaba á parada e durante o traxecto do bus que me leva cada mañá á escola de idiotas, coma adoitaba dicir o devandito robot; escoito a partitura de Clint Mansell para a película ao tempo que leo; cando os cohabitantes do sempre versión mini e superpoboado bus 14 mo permiten, unhas páxinas de The Wild Palms, do que xa falarei noutro momento. Quedei cos temas a dar voltas na testa, e a clase de alemán, os Nebensätze e a hora de inglés pasaron nun chiscar de ollos. Cando cheguei a casa coa pelicula sorpendeume meu pai que foi quen de pagarme coa mesma moeda, os billóns de sustos que acostumo a pegarlle agochado trala porta cando chega de traballar. Foi desta vez él quen me sobresaltou. Ó ter un día libre, fomos comer fora, facendo vida familiar e exercitando as recentes debilidades adquiridas.

Para cando voltamos eran case as 3 . Metínme no baixo, non sen antes pechar as fiestras, o frío apreta xa, e por primeira vez nun mes dispúxenme a ver un filme. Cando voltei a casa miña nai preguntoume se estaba resfriado, debeulle de soar rara a miña voz xunto co moqueo e os ollos chorosos. Estarei brandiño coma naquel post, pero chorei unhas cantas veces véndoa.

Do filme, qué dicir!... Que Hugh Jackman -desta segunda vez non foi unha sorpresa- é un Enorme (con É maiusculo) actor, aínda que se os actores foran instrumentos o señor Aronofsky é un mestre luthier ao nivel do lexendario Antonio Stradivari. Folga falar de Rachel Weisz da que levo namorado anos e que xa me tiña gañado dende os títulos de crédito, e de Ellen Burstyn , actriz que Aronofsky rescatou para o gran público en Requiem, e que lembramos coma nai de Regan no Exorcista. A fotografía de Matthew Libatique (outro habitual nas peliculas de Aronofsky) merece quizais unha mención particular polo escaso do presuposto...foi esta, unha pelicula das sufridas e se eu fose Brad Pitt daríame de cabezadas contra un bidé...

Da trama non direi nada coma de costume pero o eixo Amor-Morte e a Trascendencia son fundamentais, se cadra por iso a sinto tan preto...

Tom Verde: All these years, all these memories, there was you. You pull me through time.

Por se queredes escoitala:

2 comentários:

Bender disse...

Mierda joder, ¿por qué sigues recordándome pelis que me molan? ¡Ahora también me tengo que bajar esta!

Urizen disse...

E aínda che debo Trainspotting, putos mamóns de Beep. Hai unha Blu-ray session pendente e revisitacións varias, a ver se nos chega o nadal.